Fases Xuvenís: O Baio métese de novo na loita e comezan os cuartos da Copa
Vólvese meter o Baio na loita tras gañar ao Dumbría B nun encontro máis que disputado. Os de Nacho métense 3º e superan ao Dumbría, pero só hai 5 puntos entre o Malpica, que non falla, e o propio Dumbría B. Parece pois que o Cee e Malpica preséntanse como favoritos, pero todo está por ver. E a semana que vén un Dumbría B-Cee clave.
Ademais comezan os Cuartos da Copa, tras unhas insulsas liguillas que deixan fóra aos Outes, Esteirana e Muros, que xa remataron a temporada.
Xa podedes seguir o Cadro da Costa de Xuvenís 2012.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10
Soneira - Santa Comba (1-1)
- SONEIRA: Víctor, Capote, Aarón, Pichón (Curra, min.60), Fabián, Figueroa, Canosa (Juan, min.70), Robi (PIcachu, min.65), Cachirulo, Richi, Borja (Toja, min.55).
- SANTA COMBA: Alvarito, Josito, Dani Martínez, César (Richi, min.65), Miguel (Charles, min.85), Diego Maneiro (Marcos Álvarez, min.80), Cristian, Jordi (Alberto Recarey, min.55), Styven, Marquiños, Iván.
- Goles: 1-0, min.40: Borja; 1-1, min.50: Marquiños á saída dun córner.
- Expulsión: Dani Martínez (min.65)
Partido equilibrado con dous equipos sen moitas aspiracións, e con moitas baixas. Os dous equipos trataron ben o balón, intentando xogar sen medio. Iso si, o Soneira levou un máis a iniciativa. Tivo Richi a ocasión smáis clara da primeira metade cun man a man para os locais pero o balón saíu fóra. Pero Marquiños e Iván á contra tamén puñan en apretos á defensa soneirá. Foi Borja o que adiantou aos locais antes do descanso
Nada máis comezar a segunda, Marquiños puxo a igualada nunha xogada de estratexia. Pero de contado, o partido foise endurecendo ante a permisividade do colexiado, e quedou con 10 o Santa Comba. Non parou o árbitro as malas formas e ao final houbo unha pequena tangana nos últimos instantes entre o meta soneirán Víctor e o dianteiro Marquiños por unha patada a destempo.
Cómpre destacar o debut do cadete Álvaro na meta no cadro de Huelvis.
Baio - Dumbría B (1-0)
- BAIO: Poyo, Maikel (Pardo, min.46), Iago, David, Jose Manuel (Pablo, min.46), Rafa, Fachal, Lucas (Valentín, min.55), Bieito, Iván, Cristian.
- DUMBRÍA B: Santi, Adrián, José Cabana, Denís, Roberto, Toja, Pereira (Abel, min.60), Josiño (Lucas, min.75), Rodrigo, Yerai, Mario (Picallo, min.55).
- Goles: 1-0, min.70: Iván tras un recorte e un gran pase de Cristian.
- Expulsións: os xogadores dumbrieses Denís e Rodrigo (por doble cartón, unhas por portestar e outras por poñerse diante da barreira).
Partidazo intenso en Baio entre dous equipazos cunha apretada vitoria dos de Nacho. Bo partido tamén dos dumbrieses, moi afiados arriba dando sempre sensación de perigo. Comezaba o choque con dúas ocasións para cada bando (Lucas por bando baiés) e co cadete Cristian (con case 50 goles na súa categoría) fixo moito dano arriba na dianteira baiesa.
Na segunda o Dumbría B estivo máis entonado, e tivo claras ocasións para poñerse por diante como un tiro de Pereira á cruceta, ou un man a man de Rodrigo, que salvou Pardo. Pero dúas expulsións tontas de Denís e Rodrigo deixaron ao equipo con 9 a mercé dos baieses, que se apoderaron do medio campo e controlaron o treito final do partido. Iván marcou e xusto ao final, unha "melé-córner" con varios rexeites puido significar o empate para os visitantes que non tiveron o seu día cara gol.
Cee - Corcubión (3-0)
- CEE: Iván, José Ramón, Iago, Tonecho, Martín Sergiño, Aitor, Carlos, Uri, Lamela, Chiru. Tamén: Pablo, Tebo, Rubén, Abraham, Jesús e Rubén.
- CORCUBIÓN: Abelleira, Iván, Antonio, Pablo, Adrián (Mario, min.70), Sergio (Martín, min.65), Gabriel (Chema, min.55), Lagoa, Lema, Manu de Lira, Adrián.
- Goles: 1-0, min.55: Sergio de penalti; 2-0, min.75: Sergio pola escuadra; 3-0, min.80: Rubén.
Partido demasiado tenso que rematou cunha inxustificada agresión do adestrador corcubionés ao delegado ceense tras unhas supostas provocacións, que provocaron á súa vez unha pequena tangana entre xogadores dun e doutro equipo e con varios esgarros caídos das bancadas sobre os visitantes. Volvemos reiterar a mala imaxe que se lle dá dende os corpos técnicos, e menos con problemas de rivalidades persoais de tempo atrás.
Xa no meramente deportivo o partido comezou cunha primeira metade igualada, cun Cee que buscaba máis o toque e un Corcubión máis directo. Os dous equipos tiveron as súas na primeira (Manu de Lira e Adrián para os corcubioneses) pero o marcador non se movería.
Na segunda, co vento en contra o Corcubión baixou e deixou o partido na dirección dos locais. Unha xogada de Lamela pola banda remataría en penalti que non desaproveitou Sergio. Aí xa o partido só tiña unha cor, e en pouco tempo Sergio e Rubén sentenciaban.
Camariñas - Malpica (0-8)
- CAMARIÑAS: Álvaro; Mariño, Martín Méndez, Santi, Carlos, Gatusso, Martín, (Manuel, 62), Nené, Yuyo, Saviola, Parga.
- MALPICA: Jesús; (Ángel, 85), Martín Uruguaio, (Roque, 78), Jorge, Joro, Pepis, Luísma, Martín Maradona, Quintas, Pitís, (Miguel Ángel, 69), Eme, (Adra, 54), Camilo.
- Goles: Pitis, Camilo (2), Quintáns, M. Maradona (2), Roque, Adra.
- ESTEIRANA: Matías (Adán, min.46), Chus, Abel, Meco, Diego (Canario, min.60), Codesido, Bruno, Jacobo, Angel, David, Adrián.
- ZAS: Miki, Busto (Iago, min.55), Amado, Quintáns, Óliver, Kevin, Ismael, Pablo, Víctor, Ramón, Adrián.
- Goles: 0-1: Pablo; 0-2: Ismael; (descanso); 0-3: Víctor; 1-3: David; 0-4: Victor; 0-5: Óliver.
- FISTERRA: Angel, Roberto, Rubén, Miguel (Juan, min.75), Javi (iski, min.82), Hidalgo, Gabri (Champi, min.80), Josema (Noé, min.70), Gonzalo, Bruno, Manuel.
- CORISTANCO: Nacho, Suárez, Corral (Federico, min.46), Martínez, Pichel, Damián, Daniel Mosquera, min.60), Magovi, Gonzalo, Fondo (Rubén, min.60), Manuel (Cristian, min.46).
- Goles: 1-0, min.48: Manuel; 2-0, min.52: Gabri dende o borde da área; 2-1, min.65: Magovi por arriba tras un balón a espalda; 3-1, min.75: Bruno.
- OUTES: Jona, Rafa, Sergi, Juan (Pedrosa, min.70), Alex, Maduro, Mosto (Paolo, min.46), Abraham (Abeleiro, min.46), Edu, Babu (Alvaro, min.78) e Elías (Samuel, min.64).
- DUMBRÍA A: Aitor, Marco, Samuel (Kevin, min.75), Adrián Ozón, Dito (Cristian min.65), Jose, Martín, Javi, Rafa (Antón, min.70), Israel e Alex Siaba (Ruben, min.75).
- Goles: 1-0, min.16: Edu; 2-0, min.33: Elías; 3-0, min.76: Edu; 4-0, min.88: Paolo; 5-0, min.91: Samuel.
- CABANA: Sergio, Alex García, Duda, Ismael Pazos, Dani Mato (Alex Mato), Samuel (Cristian, min.55), Alessandro, Pablo, Miki (Román), Moreno, Iván Mato (Redondo).
- CORME: Alejiño, Iván, Dani Chans (Alex, min.60), Koeman, Alberto, Fran, Manu Bermúdez, Isma, Brais, Eloy (Pandi II, min.85), Braulio.
- Goles: 1-0: Duda; 2-0: Alessandro (descanso); 3-0: Moreno; 4-0: Iván Mato; 5-0: Cristian; 6-0: Román.
- MUROS: Trozo, Santi de Pura (Sergio, min.30), Diego, Javi Vístete, Iván Malaca (Pertur, min.75), Damián, Moncho, Javi Pacola, Minos, Santi Berberecho, Juan.
- PONTECESO: Xurxo, Dani Valle (Eloy Campo), Guille (Diego), Jorge, Joseph, Dani Cotelo, Iago (Adrián), Fabián, Jonathan (Mendi), Cris, Borja (Eloy Álvarez).
- Goles: 0-1, min.41: Cris; 0-2, min.65: Cris.
- Expulsións: o pontecesán Joshep (min.41) e os muradáns Santi Berberecho (min.41) e Javi de Vístete (min.42).
- 3ª Autonómica: Seguen abertas as dúas loitas tras unha semana de movementos.
- 2ª Autonómica: O Club do Mar xa celebra o ascenso mentres Zas e Nantón loitarán pola permancia.
- 1ª Autonómica: Nova semana para esquecer antes do derbi.
- Preferente: Toca sufrir a pesar dos bos resultados.
- Touripartido en Mazaricos.
- Resultados da xornada no #futboldacosta con novidades importantes.
- Alberto Pose: Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón.
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- A Esteirana Cadete abre o camiño para conquistar o título provincial de FS.
- O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2012.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Pablo Conde, o blog do Malpica de Luís E. Porto.
Aguantou o Camariñas ata faltando 20 minutos cun 2-0 que era bastante xusto. Pero no último treito a artillería malpicá comezou a carburar e foron caendo goles na rede local cada 5 minutos.
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 10
Esteirana - Zas (1-5)
Moi superiores o líder ante un pechacancelas que xa estaba desexando rematar. O Zas foi a polo partido dende o comezo e a Esteirana non estivo acertada e mesmo malograron un penalti contra o final que parou Miki.
Remata así unha temporada para esquecer dos de Diego mentres que o Zas parece un dos candidatos a facerse con esta Copa.
Fisterra - Coristanco (3-1)
Foi superior o Fisterra de Roco ao Coristanco de Julio. Sobre todo no primeiro tempo, cun dominio claro para os locais, que entraban moito polas bandas con facilidade ata que o Coristanco puido maniatar. Así e todo o partido marchou 0-0 ao descanso pois os fisterráns non estiveron acertados cara gol.
E se no primeiro tempo o Coristanco estaba desaparecido, saíron durmidos á volta do descanso e tras dous córnersos locais se puxeron cun 2-0 en 5 minutos. O partido continuou coa mesma tónica pero espabilou algo o Coristanco, e a rapidez de Magovi recurtou e puido conseguir a igualada cunha xogada clavada ao gol pero esta marchou por arriba. Foi Bruno o que sentenciou para os locais e firmou un resultado xusto tralo visto no terreo de xogo.
Outes - Dumbría (5-0)
Tarde a reacción do Outes que esperaba pola derrota do Fisterra que lle permitira pasar aos cuartos da Copa, pero ao final non chegou a derrota, aínda así o xuvenís de Outes deron unha boa imaxe derrotando a un bo Dumbría e con varios cadetes que lle puxeron moitos ganas e os dous últimos goles.
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 10
Cabana - Corme (6-0)
Aguantou o novo Corme (con 8 baixas e 2 infantís na convocatoria) o que puido e de feito ao descanso o marcador case non se movera. Parecía que os cabaneses lle tiñan medo ás camisetas azulonas, polos partidos dos anos anteriores pero nada máis saír do descanso, os Iván Mato, Moreno, Cristian, Miki ou Román pederon o respeto e endosaron goles cada 5 minutos. Iso si, destacar que foi un partido limpo.
Muros - Ponteceso (0-2)
Bo partido do Muros, que fixo sufrir a un Ponteceso superior. Un Ponteceso que chegou bastante relaxado tralo 11-0 da ida e ademais tiña as baixas dos que teñen que xogar cos maiores. O Ponteceso controlou o tempo do partido pero non sentenciou ata a xogada clave. Corría o minuto 40 cando o Muros marraba unha pena máxima por medio de Santi Berberecho. Un minuto despois marcou o Ponteceso, tamén de penalti, nunha xogada na que foron expulsados un xogador de cada bando tras unha tangana por unha agresión do propio Santi Berberecho a Joseph. Na seguinte xogada, Javi de Vístete acabou tamén nos vestiarios deixando ao Muros en cadro.
Na segunda metade, con 9 contra 10 se puxo o Muros o mono e puxo contra as cordas e tivo moitas chegadas para empatar e para darlle a volta, con ocasións para Iván Malaca ou Moncho que sacoulla o porteiro abaixo. O Ponteceso tamén avisaba e sentenciaba no 85 por medio de Cristian.