Luns. 07.10.2024
El tiempo

Fases Xuvenís: Todo para o final

Fases Xuvenís: Todo para o final

Enfrontábanse os 4 de arriba cos 4 de abaixo na Liguilla de Ascenso. E os resultados foron os previstos. Os Malpica, Baio, Ce e Dumbría B colleitaron sendas vitorias que deixan todo para as últimas dúas xornadas. Será clave o Baio-Malpica desta vindeira semana, cun Malpica xa cun pé e medio metido na Fase de Ascenso á Liga Galega, e con baieses e ceenses empatados a puntos. O Dumbría B, a 3 de ambos, terá que gañar ao Corcubión, e esperar que o Malpica supere ao Baio e e que o Cee perda co Soneira para ter opcións na última xornada.

Na Copa, xa temos semifinais que podedes ver nos Cadros da Copa da Costa. Só unha das 4 eliminatorias de Cuartos tiñan interese pois Ponteceso e Zas por un lado do cadro, e Mazaricos polo outro xa sentenciaran o seu pase. Así, a atención centrouse nun Cabana-Dumbría A que mantivo en vilo aos espectadores ata o último segundo.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 12

Cee - Santa Comba (2-0)

  • CEE: Iván, José Ramón, Aitor, Tonecho, Iago, Sergiño, Rubén, Lamela, Chiru, Uri, Pablo. Tamén: Carlos, Rapper, Martín, Cibrán, Tebo.
  • SANTA COMBA: Álvaro, Josito, Alberto, Dani Martínez, Cristian, Diego, Jordi (Roberto, min.65), Styven, Miguel (Marcos Álvarez, min.80), Marquiños (Alex Redondo, min.75), Iván (Charles, min.85).
  • Gol: 1-0, min.50: Rubén; 2-0, min.65: Carlos.

Partido moi igualado entre ceenses e xalleiros nos que os máis necesitados deron conta do partido. O Cee dominou pero un par de contras puxeron en apretos aos de José Carlos. De feito, co 0-0 no marcador Iván solvetou un man a man de Miguel e xa na segunda Marquiños probou a Iván, que tamén respondeu.
Conforme foi avanzando o partido foi metendo atrás o Cee ao Santa Coma, que xa non tiña opción de contra e xa co primeiro o Santa Comba non soubo responder e a necesidade fixo o resto. E o Cee acabou dominando con comodidade.

Baio - Soneira (5-0)

  • BAIO: Guillermo, Maikel, Iago, Pablo (Pardo, min.50), José Manuel, Lucas (Vereda, min.60), Fachal, David (Eloy, min.70), Iván, Bieito, Cristian (Valentín, min.65).
  • SONEIRA: Juan, Rubén, Pichón, Héctor, Curra (César), Figueroa (Kevin), Aarón (Efrein), Cachirulo, Picachu, Canosa, Capote.
  • Goles: 1-0, min.20: Iván tras un centro de Cristian; 2-0, min.30: Cristian; 3-0, min.55: Lucas a pase de Cristian; 4-0, min.70: José Manuel de cabeza; 5-0, min.80: Vereda.

Comezou o Soneira apretando ao cadro baiés e ao principio Capote marrou dous goles clarísimos diante de Guillermo que se foron altos. A partir de aí, e co primeiro gol local desapareceu o cadro soneirán do campo, que ademais se lle fixo moi grande, e malia demostrar un bo toque de balón tiveron unha defensa feble.

O cadete Cristian fixo moito dano na defensa visitante, participando nos 3 primeiros goles, ante un Soneira que foi cansando pouco a pouco.

Corcubión - Malpica (2-5)

  • CORCUBIÓN: Abelleira; Chema, (Javi, 46), Adrián, Antonio, David, (Mario, min.87), Iván, Sergio, Gabriel, (Martín, min.73), Manu, Lema, Adri.
  • MALPICA: Jesús; Víctor Novo, Jorge, Pereira, Pepis, Joro, Juny, (Pitís, min.66), Eme, Martín Maradona, (Luísma, min.78), Martín Uruguaio, (Diego, min.87), Camilo.
  • Goles: 1-0, min.1: Iván tras un rexeite de Jesús a tiro de Lema; 1-1, min.2: Juny nunha contra; 2-1, min.5: Adri; 2-2, min.6: Camilo a pase de Jorge; 2-3, min.8: Camilo; 2-4, min.83: Pitis a pase de M. Uruguai; 2-5, min.88: Eme.
  • Lesión: Juny con golpe na perna.

Comezaba o partido tolo cun tanto dos locais respondido de contado polos visitantes. Pero Adri volvía meter, aínda no min.5, ao Corcubión por diante, pero de novo só un minuto despois o Malpica lograba empatar. E non tardaba apenas dous minutos máis o Malpica en poñerse por diante co segundo de Camilo.

Serenouse aí o xogo, os dous equipos baixaron unha velocidade e foi un toma e daca constante. Prantou cara o Corcubión ata os últimos instantes, e mesmo puideron recurtar por medio de Manu, Adri ou o propio Lema. O Malpica tamén puido sentenciar pero non o fixo ata os últimos instantes candoapareceron M. Uruguaio para meter un pase que certificou Pitis; e mais Eme, que dentro da área caracoleu e marcou con calidade o definitivo 2-5.

Camariñas - Dumbría B (5-9)

Partido sen intensidade, convertido nun correcalles sen moito sentido. Goles e ocasións para uns e para outros nun partido no que os ataques superaron claramente ás defensas.

Santa Comba - Camariñas (3-1) (x.13)

  • SANTA COMBA: Álvaro, Josito (Alex Redondo, min.50), Roberto, Alberto (Alberto Recarey, min.38), Cristian, Diego Maneiro, Dani Martínez, Miguel (Jordi, min.60), Javito (Marcos Álvares, min.85), Styven (Landeira, min.75), Iván.
  • CAMARIÑAS: Álvaro, Juan, Ismael, Manuel, Santi, Martín, Isma, Carlos, Gonzalez, Carlos, Javi. Tamén: Manuel, Martín Pose, David.
  • Goles: 1-0, min.20: Cristian tras unha falta lateral; 1-1, min.25: Javi nunha contra; 2-1, min.50: Iván cun golazo dende fóra da área; 3-1, min.70: Cristian nunha contra levado polo cadete Landeira.
  • Lesión: Alberto rompeu un oso do dedo do pé.

Partido adiantado da penúltima xornada, de guante branco, ao que os dous equipos acodiron con bastante cadetes (o camariñas só con 4 xuvenís e o resto cadetes). E foi un choque de total dominio xalleiro, e os camariñáns só puideron aguantar o ritmo no primeiro tempo. Cómpre destacar a actuación dos cadetes xalleiros, que xa co 2º posto na liga asegurado, fogueáronse en categoría xuvenil.

Copa da Costa Xuvenil, Volta dos Cuartos

Cabana - Dumbría A (2-2)

  • CABANA: Sergio, Alex García, Francés, Alex Mato, Dani Mato, Laik, Alessandro, Pablo, Eliseo, Moreno, Iván Mato. Tamén xogaron: Cristian, Stefan, Ismael, Miki.
  • DUMBRÍA A: Chupi, Rober, Samuel, Adrián Ozón (Rafa, min.82), Dito (Adrián Alcaina, min.74), Jose, Alex Siaba (Javi, min.70), Cote, Josiño, Israel e Martín.
  • Goles: 1-0, min.20: Iván Mato; 1-1, min.40: Martín tras unha indecisión entre os centrais cabaneses; 1-2, min.65: Martín tras un mal despexe de Sergio Aranzubía; 2-2, min.85: Moreno de penalti tras unha falta lateral.

Partidazo en Cabana nunha eliminatoria que non se decidiu ata o último segundo tralo apretado 1-2 da ida. Bo ambiente entre as afeccións e os xogadores, que non impedíu que cada quen protestasen as polémicas, como unha pena máxima en área cabanesa por unhas mans protestada polos visitantes, ou o penalti decisivo do final

A primeira parte foi moi igualada, e o gol de Iván Mato foi anulado polo de Martín ao fío do descanso. Na segunda, a raíz do segundo gol de Martín, apretaron os dumbrieses buscando a Cote, e aí puideron romper a eliminatoria. E cando todo parecía que ía cara a prórroga un penalti tras unha falta lateral puña en bandexa a eliminatoria para os de Carracedo.
De aí ao final foi un continuo acoso dos visitantes por arriba, pero a altura do central cabanés Mato foi clave despexando o perigo nos balóns aéreos.

Fisterra - Mazaricos (2-2)

Comentarios