Fin de festa para a gran temporada da Liga Futsal Carballo
Rematou a tempada do futsal en Carballo, e fíxoo o xoves cunha gran final de copa, entre o Carnicería Eusebio e o Asesoría Suárez, e o venres coa espectacular VI cea de amigos do Fútbol Sala de Carballo, que se celebrou no Hotel Restaurante Punta del Este.
Nesta gala, ao remate da cea, entregáronse todos os trofeos correspondente á tempada 2013-2014 nos cales houbo algunha que outra sorpresa e grandes detalles, como o que tivo a organización con David Castro. A relación de galardonados é a seguinte:
Os patrocinadores
Antes de comezar cos trofeos aos conxuntos, a organización quixo agasallar a todos os seus patrocinadores, aos cales nomeamos a continuación, cun agasallo de barro:
- Alfredo Núñez, patrocinador do trofeo Paco de Riego.
- Kathy Pena, patrocinadora da Copa Hotel Restaurante Punta del Este.
- Diego Iglesias, patrocinador da Supercopa DonClic.
- José Lorenzo, patrocinador dos trofeos distinción Clínica dental JF Lorenzo.
- Isabel García, patrocinador dos trofeos Fair Play Imaxen Peluquerías.
- Iván e Adriana, patrocinadores dos Pichichis Mar de Menta Viaxes.
- Jorge Cambón, patrocinador da Liga Regular Alonso Moda.
- Richard Pallas, de Deportes San Remo.
- AD Xiria.
- Padroado Deportivo Carballo
- Concello de Carballo
- Cervecería Beos
- Javi Teijeiro, patrocinador dos Zamora Clínica de fisioterapia Javi Teijeiro.
Os trofeos
Supercopa DonClic:
- Campión: Tasca A Cunca-Supermercado C&M.
- Subcampión: Asesoría Cervantes-Infocoste.
Copa Hotel Restaurante Punta del Este:
- Campión: Carnicería Eusebio.
- Subcampión: Asesoría Suárez.
Liga regular Alonso Moda grupo azul:
- 1º clasificado: Carnicería Eusebio.
- 2º clasificado: Asesoría Suárez.
- 3º clasificado: S2 Informática.
Liga regular Alonso Moda grupo vermello:
- 1º clasificado: Tasca A Cunca-Supermercado C&M.
- 2º clasificado: Cervecería Troula.
- 3º clasificado: Peluquería Este Oeste.
Liga Cervecería Beos:
Liga AD Xiria:
Liga Concello de Carballo:
Fair Play Imaxen Peluquerías:
- Fair Play liga regular Alonso Moda grupo azul: Mesón do Pulpo, 63 faltas en 11 xornadas.
- Fair Play liga regular Alonso Moda grupo vermello: Bodegón Trincado, 58 faltas en 11 xornadas.
- Fair Play liga Cervecería Beos: Talleres Sousa-Restaurante Seiruga, 27 faltas en 8 xornadas.
- Fair Play liga AD Xiria: Bodegón Trincado, 15 faltas en 7 xornadas.
- Fair Play liga Concello de Carballo: Cervecería Troula, 29 faltas en 7 xornadas.
Zamora Clínica de fisioterapia Javi Teijeiro:
- Zamora liga regular Alonso Moda grupo azul: David de Engracia, de Cervecería O Pazo, 18 goles en 11 xornadas.
- Zamora liga regular Alonso Moda grupo vermello: Brais Álvarez, de Tasca A Cunca-Supermercado C&M, 18 goles en 11 xornadas.
- Zamora liga Cervecería Beos: Gabriel Suárez, de Interfutsal Deportes San Remo, 19 goles en 8 xornadas.
- Zamora liga AD Xiria: David de Engracia, de Cervecería O Pazo, 12 goles en 7 xornadas.
- Zamora liga Concello de Carballo: Sergio Collazo, de Cervecería Troula, 10 goles en 7 xornadas.
Pichichi Viaxes Mar de Menta:
- Pichichi liga regular Alonso Moda grupo azul: Martín Pradini, de Carnicería Eusebio, 20 goles en 11 xornadas.
- Pichichi liga regular Alonso Moda grupo vermello: Daniel Cambre, de Dluxe Carballo-Kasa Klandestino, 24 goles en 11 xornadas.
- Pichichi liga Cervecería Beos: Iván Rojo, de Brasería Caracola, 20 goles en 8 xornadas.
- Pichichi liga AD Xiria: Daniel Fuentefría, de Construccións Brandón, 15 goles en 7 xornadas.
- Pichichi liga Concello de Carballo: Daniel Varela, de Peluquería Este Oeste, 12 goles en 7 xornadas.
Trofeo distinción Clínica dental JF Lorenzo:
- Trofeo Grupo de amigos: Dluxe Carballo-Kasa Klandestino.
- Trofeo Promesa: Sergio Souto, de Alicatados Señarís.
- Trofeo Veterano: Domingo Antonio Noya Noya, de Mesón do Pulpo.
- Trofeo aos xogadores con maior número de ligas disputadas: José Antonio Lorenzo, de Cafetería Habanos 79, e José Antonio Señarís, de Alicatados Señarís.
Trofeos Paco de Riego, ao xogador máis valioso do torneo:
- Trofeo Paco de Riego liga Concello de Carballo: Jorge Calvete, de Tasca A Cunca-Supermercado C&M, con 40 puntos.
- Trofeo Paco de Riego liga AD Xiria: Manuel Díaz, de Bodegón Trincado, con 36 puntos.
- Trofeo Paco de Riego liga Cervecería Beos: Juanma Mourón, de Talleres Sousa-Restaurante Seiruga, con 36 puntos.
Crónica da final da Copa Hotel Restaurante Punta del Este
- Resultado: Carnicería Eusebio - Asesoría Suárez (1-0)
- Carnicería Eusebio: Ramón, Rubén, Uru, Charro e Matías. Tamén xogou Camilo.
- Asesoría Suárez: Lito, Pablo, Alberto, Junior e Luis. Tamén xogaron: Miguel, Adrián e Héctor.
- Goles: 1-0, min.20: Matías.
- Árbitros: Pablo e Arnejo (pista), e Juan (mesa), estiveron moi ben nun partido no que apenas tiveron traballo.
O Carnicería Eusebio proclamouse campión da Copa Hotel Restaurante Punta del Este tras superar pola mínima ao Asesoría Suárez.
O Carnicería Eusebio e o Asesoría Suárez deleitáronos cun dos mellores partidos de fútbol sala da tempada, por non decir o mellor. Foi un encontro con poucos goles, debido ao gran acerto de Ramón e Lito, que estiveron inconmensurables.
O partido estivo igualadísimo durante os corenta minutos e decidiuse nunha xogada desgraciada para o Asesoría Suárez.
Comezaría forte o equipo visitante, contando con ata tres ocasións claras de gol en catro minutos, na primeira logo dun contragolpe Ramón salva no man a man con Junior, pouco despois o propio Junior cun lanzamento lonxano está a piques de abrir o marcador pero o seu lanzamento lonxano vaise a rentes do pau e na terceira, Pablo finaliza unha transición rápida e de novo Ramón, cunha gran intervención in extremis, salva ao seu equipo. Pero a partir desto, o Carnicería Eusebio sin ter un dominio claro de balón comezou a crear ocasións de gol, pero un gran Lito privou a Uru, Charro e Camilo do gol, ademáis de dúas moi claras oportunidades de Matías, pero este non foi quen de atinar entre os tres paus. E a falta de 14 segundos para o final o xogador camellán do Carnicería Eusebio, faría o único gol da final cun lanzamento que entra na portería do Asesoría Suárez casi chorando, coa inestimable colaboración de Lito, que estivo a un gran nivel durante toda a noite.
Á volta do tempo de lecer, o equipo local sería de novo, o que crearía o perigo con dúas ocasións nos dous primeiros minutos, pero primeiro Lito e logo o pau evitarían o tanto de Camilo. Respostaría Pablo cun lanzamento que saca Ramón con dificultades. A partir desto, o encontro entraría nun período de transición no que ningún dos equipos sería quen de facerse co dominio e moito menos de crear perigo sobre a porta rival. O tempo viñaselle encima ao Asesoría Suárez e a falta de once minutos , Alberto tivo unha gran oportunidade, tras tocar sutilmente un balón largo de Lito que Ramón envía a córner. Máis tarde o propio Alberto fai que o porteiro do Eusebio se teña empregar a fondo para rexeitar un potente disparo do xogador visitante e na continuación da xogada, Camilo está a piques de sorprender a Lito cun lanzamento dende campo propio que se vai a rentes do longueiro. No minuto 36, Matías estrelaría no pau o balón logo de lanzar unha falta que toca na barreira. E logo desto, o Asesoría Suárez buscaría o gol á desesperada, con porteiro-xogador, por sin dar co ansiado premio.
As táboas
Novas relacionadas
- Liga FS Carballo: Cervecería Troula e Talleres Sousa-Rte.Seiruga celebraron os seus títulos.
- Liga FS Carballo: Esta semana decídense 2 títulos.
- Liga FS Carballo: Un campión e dous por decidir.
- Liga FS Carballo: O Cervecería O Pazo dá un paso adiante.
- Ligas FS Carballo: 6 equipos para 3 títulos.
- Ligas FS Carballo: Tensión nas 3 Ligas.
- O Cervecería Troula amosa as súas credenciais.
- Baíñas FS e Ganados Maroño pelexan polo título da Liga FS Cee.
- Liga Futsal Carballo: O Tasca A Cunca-Supermercado C&M proclamouse campión con moito sufrimento.
- Liga Futsal Carballo: O Carnicería Eusebio xa é campión.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes ([email protected]).