Futsal Carballo: O Brasería Caracola non cede mentres Cervecería Ágora é o novo líder do azul.
Grupo Vermello
Cafetería Habanos 79 - Brasería Caracola (0-7)
Partido sin historia o que se viviu o luns sobre a pista do Carballo Calero, no cal venciu o Caracola no descanso por un claro 0 a 4. E a volta dos vestiarios, o líder completou a goleada xogando con porteiro-xogador. Os tantos do equipo visitante foron de Damián (2), Dani Varela (2), Iván Rojo (2) e Lagoa.Dluxe Carballo/Kasa Klandestino - A de Pako (3-3)
Partido que estivo marcado pola figura do gardameta do A de Pako, Mario, que foi protagonista con numerosas intervencións que lle serviron ao seu equipo para sacar un punto. Na primeira metade, reinou a igualdade. Comezou adiantándose o equipo visitante cun gol de Marcos e pouco despois empataría Óscar. Antes do descanso, Germán faría o 1 a 2 tras unha xogada combinativa. Á volta do tempo de lecer, o Dluxe foi o claro dominador do encontro e Óscar, de novo, igualaría a contenda. E, a partir desto, os locais atoparíanse unha vez tras outra coa figura de Mario e tan só Cristian, sería capaz de superalo dende o punto de dobre penalti. E a poucos segundos do final, David cun golazo faría o definitivo 3-3.S2 Informática - Cervecería Troula (5-5)
Logo dunha primeira parte dominada de principio a fin polo S2, os locais chegarían ao descanso cunha vantaxe no marcador de 3 a 0. Unha renda que puido ser maior si os xogadores do S2 fosen quen de materializar as cuantiosas ocasións coas que contaron. Á volta do descanso, Adrián Rey facía o cuarto e parecía que sentenciaba a un irrecoñecible Troula ata o momento. Pero ese gol fixo espertar aos visitantes e Martín cun dobrete recurtaría distanzas no instantáneo. E, cando mellor estaba o Troula, Jorge Pichel faría o quinto para os seus. A raíz desto, os visitantes xogarían con porteiro-xogador e finalmente acadarían a igualada con goles de Martín Fuentes, que firmaría o hattrick, Hugo e Cristian.Carpe Diem - Don Ordenador/SAT Xulián (4-5)
Bonito encontro o que puidemos ver entre estes dous conxuntos e no cal calquera puido gañar. Álex Varela adiantou ao Don Ordenador ao pouco do comezo do partido e Rai igualaría a contenda mediada a primeira metade. A igualdade seguiría reinando e as ocasións eran escasas, pero Pitu antes do tempo de lecer faría o 1 a 2. Á volta dos vestiarios, Rai igualaría a contenda de novo pero este gol espeliu aos laranxas e poñerían o 2-5 no marcador con dous goles máis de Pitu, que firmaría o hattrick, e outro de Landeira. Nos minutos finais, Tonecho daríalle emoción ao encontro con dous goles e incluso puido facer o 5-5 pero ás presas ao lanzar unha falta xogáronlle unha mala pasada.Panadería Añón - Dolce&Café (0-7)
Partido sin historia no que o Dolce&Café foi o claro dominador de principio a fin e no que o Panadería Añón en ningún momento dou sensación de perigo sobre a portería de Víctor. Uru foi o claro protagonista do encontro xa que foi o autor dos sete goles.Grupo Azul
Cervecería Ágora - Cervecería O Pazo (5-0)
Dá un golpe na mesa o Cervecería Ágora con esa goleada, que lle serve para colocarse líder en solitario deste grupo azul da liga regular Alonso Moda. Tras un primeira igualada na que calquera puido adiantarse, serían os locais os que chegarían ao descanso con vantaxe no instantáneo cun gol de David. Á volta do tempo de lecer, o Cervecería O Pazo dou un gran baixón e iso aproveitouno o conxunto local. Alvite faría o 2 a 0 cun auténtico golazo e Alvite, de novo, Eduardo e Pablo completarían a goleada.Mesón do Pulpo - Carballo Futsal (6-3)
Dan signos de mellora os “nenos” da liga semana a semana pero non acaban de confirmar esta mellora puntuando, pero a primeira victoria do Carballo Futsal estase cociñando. No que respecta ao partido, o Mesón do Pulpo comezou mellor o encontro ata poñer un 3-1 favorable no marcador, pero os visitantes sacaron o orgullo a relucir ata acadar a igualada. Tras o descanso, o equipo local tirou de veteranía para sacar o encontro adiante e facer tres goles máis para poñer no instantáneo o definitivo 6 a 3.Restaurante Río Sil - Explotacións Porcinas Porto do Souto (2-1)
Tras unha primeira igualada na que o líder ata esta xornada tivo dúas ocasións para adiantarse no encontro, non foi quen de materializalas por mor das grandes intervencións do porteiro local, Miguel. Pero antes do descanso, o xogador do conxunto pontecesán, Pedro, resarciuse dos dous erros anteriores e superaría a Miguel no man a man para poñer o 0 a 1. Á volta dos vestiarios, os visitantes saíron coa intención de rematar o encontro pero o Río Sil soubo defenderse ben e foi igualando a contenda co paso dos minutos, e Adrián cun potente disparo dende tres cuartos de pista sorprendería a Jorge para poñer a igualada no marcador. E a falta de poucos minutos para o pitido final, Manuel daríalle a victoria ao seu equipo ao transformar un libre directo. Demasiado castigo para o Explotacións Porcinas Porto do Souto logo do que se puido ver na pista.Asesoría Cervantes - Interfutsal/Deportes San Remo (4-3)
Partido pouco vistoso para o público, debido a pouca intensidade que puxeron ambos conxuntos durante o transcurso do encontro. Adiantaríase no marcador o conxunto amarelo cun tanto de Diego Ferreiro pero reaccionaría o Deportes San Remo con tres tantos para poñer o 1 a 3. Pero antes do tempo de lecer, o protagonista do encontro, Julio, metería ao seu equipo no partido cun gol importantísimo. E, á volta do descanso, o 7 do Asesoría Cervantes con dous tantos máis faría xustiza para darlle a merecida victoria aos seus.A crónica da semana: Hotel Pazo do Souto - Construccións Maracaná (4-6)
- Hotel Pazo do Souto: Castro, Dimitri, Javi, Jordan e Taibo. Tamén xogaron: Tito, Kevin e Johny.
- Construccións Maracaná: Miguel, Toni, Jony, Fran e Cristian. Tamén xogaron: Ivi e Álex.
- Goles: 0-1, min.5: Toni ; 1-1, min.8: Javi; 1-2, min.13: Ivi; 1-3, min.14: Ivi; 1-4, min.25: Ivi; 2-4, min.27: Johny; 2-5, min.30: Jony; 2-6, min.34: Ivi; 3-6, min.36: Taibo; 4-6, min.37: Taibo.
- Árbitros: Nejo (pista) e Pablo (mesa).
- Pavillón: Carballo Calero (Carballo). Uns 50 espectadores.
O Construccións Maracaná saldría a pista coa intención de levarse os tres puntos desde o comezo. No minuto tres, avisaría Jony das intencións do conxunto verde e no cinco Toni aproveitaría un gran pase de Fran para superar a Castro.
Este tanto fixo espertar aos visitantes que tiveron ata tres ocasións consecutivas, na primeira Jordan envía o esférico ao pau tras unha gran xogada individual; na seguinte Miguel evita o gol tras unha falta lanzada por Dimitri e finalmente na terceira chegaría o empate logo de que Javi aproveitase un rexeite do pau tras un disparo de Jordan. Logo desto, a entrada de Ivi á pista foi clave para os seus e un minuto despois xa avisaría das súas intencións pero Taibo salvaría ao seu equipo sobre a mesma liña de gol. Pero nos minutos 13 e 14, o xogador do Maracaná non perdonaría e poñería o 1 a 3 no instantáneo con dous potentes disparos que ante os que nada puido facer o gardameta do Pazo do Souto.
A falta de tres minutos para o tempo de lecer, cando xa se cantaba o gol de Javi, Miguel evítao cunha gran intervención.
Á volta dos vestiarios, os visitantes seguirían dominando o encontro e Álex a piques está de facer o cuarto cun potente disparo que se vai rozando o longueiro. Pero dous minutos despois, Ivi si sería quen de superar a Castro no man a man tras unha gran xogada individual de Álex. Nos seguintes dous minutos, o gardameta do Pazo do Souto sería protagonista evitando o gol ante Jony e Ivi. A falta de trece para o final, Johny recurtaría distanzas no marcador pero tres minutos despois o seu tocaio non quixo dar pé a sorpresa e faría o 2-5. Logo deste gol, as ocasións de ambos equipos sucederíanse e Ivi aumentarían a renda co seu cuarto gol no encontro. E Taibo, con dous golazos, daríalle emoción ao encontro pero a reacción xa chegaría a tarde. Antes do pitido final, Toni puido facer o sétimo do seu equipo pero o pau rexeitaría o seu lanzamento.