Hoxe, martes, no Depor Sport

12:35 13/09/11
Hoxe, martes 13 de setembro, e sen que sirva de precedente, traemos a actualidade do Depor Sport á portada de Deportes de QPC.
Pero comezamos dando conta das notas tristes da fin de semana. I é que houbo dous pasamentos durante estes días. Por Buño e Malpica, a familia futbolera está de loito polo pasamento repentino a pasada tarde-noite do luns, da nai dun grande goleador da Liga da Costa e, moitos anos ao servizo da SCD Malpica, tanto coma futbolista coma de adestrador, actualmente adestrando a SD Buño: Esmorís. O enterro será este martes ás 18:00h en Malpica.
Tamén falabamos que no Pindo, un histórico do clube, tío dun directivo e dun xogador do equipo, faleceu o pasado venres, polo que solicitaron o cambio de data do encontro co Corme, que non puxo ningún impedimento, cousa moi agradecida na familia carnotá. Por certo, o choque quedará, case con seguridade, para o 12 de outubro.
Se o ano pasado falabamos dos equipos costeiros dende a 1ª, este ano xa somos protagonistas da Preferente. O diario abre hoxe o repaso á categoría con Iván Amor, xogador do Xallas e ex do Bergantiños, que marcou os seus dous primeiros tantos coa camisola verde. Ademais, o diario fala de Noli, que chegado do Castriz xa marca co Santa Comba; e do soneirán Vía Rápida, pichichi da liga.
Na Liga da Costa o diario fala da Esteirana e do Dumbría B como únicos que aguantan o ritmo do Club do Mar.
E tamén queda en Muros para falar do Montelouro, que como dicimos, está imparable na 3ª.
O diario fai referencia tamén á Volta Ciclista a Galicia que fará un percorrido este vindeiro sábado entre Camariñas e Carballo.
Actualidade deportiva


Máis información
Novas relacionadas
- 3ª Autonómica: Destácase o Montelouro.
- 2ª Autonómica: Unha Liga de tolos.
- 1ª Autonómica: Sumando xa de 3 en 3.
- Preferente: Os equipos xalleiros meten a directa.
- Resultados dunha nova e sorprendente fin de semana no fútbol costeiro.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Depor Sport.