Iago Canosa queda a poucos segundos da Selección Española de Piragüismo
Non puido ser, e finalmente Iago Canosa non estará entre os tres deportistas que representarán a España nos Campionatos do Mundo de Slalom Sub18 que se celebrarán o mes de abril en Brasil. O de Dumbría tivo opcións ata a última manga dos selectivos que se celebraron este fin de semán no Estadio de Augas Bravas de Pau, en Francia, un dos percursos máis complicados do mundo.
Os selectivos se celebraron en dúas fines de semana. A pasada, na canle do Parque Olímpico de La Seu de Urgell, Iago metía un pé na selección, pero non saía coa súa plaza todo o encamiñada como el mesmo esperaba. Isto lle levou a xogarse a plaza en Pau, un percurso que non era moi do agrado do palista dumbriés, feito que o mellor influíu no seu desempeño do sábado, onde rendiu por debaixo das súas posibilidades, e se quedara cunhas opcións bastante remotas de clasificación.
Pero todo isto cambiou na baixada da xornada do domingo, onde estaban programadas outras dúas mangas. Na primeira o palista do CDM Piragüismo Dumbría firmou un excelente 2º posto, que sumado á debacle entre os palistas que ocupaban as primeiras plazas o volveu non só a meter na loita polas prazas de internacionais, se non a prácticamente depender de novo de si mesmo.
Gañando a manga tiña un 90% de posibilidades de viaxar a Brasil. Pero ese billete voou na porta 6, onde entrou moi corto e se viu na obriga de repetir a manobra de entrada na porta, ademais dunha penalización de dous segundos. Uns segundos que o final foron decisivos, posto que a pesar de gañarlle aos seus rivais directos pola plaza, o deixou a un só punto do billete ós mundiais.
”Non se acaba aquí o mundo, nin as posibilidades de que Iago debute este ano no equipo nacional”, saben por Dumbría, posto que hai uns campionatos de Europa este verán en Polonia. Iago madurou moito nestes selectivos coma deportista, e a bó seguro que vai dar moita guerra no que queda de tempada.
Novas relacionadas
- Iago Canosa, cun pé na Selección Española de Piragüismo.
- Dumbría estrou en Portugal a temporada de piragüismo:
- Iago Canosa, novo campión galego absoluto de piragüismo con só 16 anos.
- Os dumbrieses, entre as mellores promesas de España.
- Un campionato e dous subcampionatos galegos para o Piragüismo Dumbría.
- Tres medallas para o piragüismo de Dumbría.
- O Piragüismo Dumbría, terceiro no Trofeo Internacional Tui-Valença.
- Pouca sorte para os piragüistas dumbrieses en Orthez.
- O Piragüismo Dumbría segue medrando e acada a segunda praza por clubes en Gondomar.
- O CDM Piragüismo Dumbría colleita un fabuloso sexto na Copa de España de Slalom.
- 4 ouros e 1 bronce para preparar o asalto á Copa de España de Piragüismo.
- Iago Canosa e Marco Oreiro sobreviven a unha competición fallída en Irún.
- O piragüista Iago Canosa achégase ao mundial de Slalom de Australia.
- 5 palistas do Piragüismo Dumbría loitarán polas plazas para o Mundial de Slalom.
- Sorte dispar para os palistas dumbrieses na primeira proba da tempada.
- Arrinca en Portugal a tempada 2014 para un CDM Piraguismo Dumbría con caras novas.
- Un Piragüista dumbriés ao mellor centro de tecnificación de España.
- O Piragüismo Dumbría xa é Campión Galego.
- O Piragüismo Dumbría xa sobe a podios estatais.
- Dumbría acolleu outra gran proba de piragüismo.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Piragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.