Liga FS Carballo: Esta semana decídense 2 títulos


O Cervecería Troula ten o título da Liga Concello de Carballo nas súas mans logo de superar ao Carnicería Eusebio por 2 a 5 e depende de sí mesmo para proclamarse campión na última xornada ante o Peluquería Este-Oeste.
Os oleiros do Tasca A Cunca-Supermercado C&M son os únicos que poden arrebatarlle o título aos carballeses sempre e cando o Troula perda e os de Buño sexan quen de vencerlle ao Carnicería Eusebio e mellorar a diferenza de goles do equipo carballés.
Na penúltima xornada, Tasca A Cunca-Supermercado C&M superou ao Asesoría Suárez por 4 a 2 mentres que o que pode ser xuíz da liga, o Peluquería Este-Oeste goleou ao Construcións Maracaná por 7 a 1.
Na liga AD Xiria, xa co título no poder do Cervecería O Pazo, que tivo xornada de descanso, e o segundo posto para o Cervecería Ágora que goleou ao Dolce&Café (1-8), respectivamente, aínda está en xogo o terceiro posto. E, serán o Construcións Brandón, que venciu ao Bodegón Trincado por 7 a 3, e o Asesoría Cervantes, que sufriu para vencer ao Alicatados Señarís (4-5), os que se disputarán o terceiro posto.
Mentres que na competición que leva o nome da Cervecería Beos, o Talleres Sousa-Rte. Seiruga, que goleou ao Mar de Menta por 7 a 0, e o Brasería Caracola, que superou ao Deportes San Remo por 6 a 4, disputaranse o título de liga na última xornada. O Dluxe Carballo, venciu ao Mesón do Pulpo por un abultado 7 a 1, e intentará arrebatarlle a terceira praza da clasificación ao Deportes San Remo. Mentres que o SAT Xulián saíu da zona baixa tras vencer ao Cafetería Habanos 79 por un axustado 4-3.
As táboas
Novas relacionadas
- Liga FS Carballo: Un campión e dous por decidir.
- Liga FS Carballo: O Cervecería O Pazo dá un paso adiante.
- Ligas FS Carballo: 6 equipos para 3 títulos.
- Ligas FS Carballo: Tensión nas 3 Ligas.
- O Cervecería Troula amosa as súas credenciais.
- Baíñas FS e Ganados Maroño pelexan polo título da Liga FS Cee.
- Liga Futsal Carballo: O Tasca A Cunca-Supermercado C&M proclamouse campión con moito sufrimento.
- Liga Futsal Carballo: O Carnicería Eusebio xa é campión.
Fonte
- Redacción de David Castro para QPC Deportes (davidcastro@quepasanacosta.gal).