Ligas Galegas: Merecemos máis
4 xornadas e un 0 nos taboleiros de vitorias dos 3 equipos costeiros nas Ligas Autonómicas. Pero a sensación é que imos a máis, pois os 3 equipos mereceron un mellor resultado na fin de semana.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 4
- Resultado; Pontevedra - Dumbría (1-0)
- DUMBRÍA: Jorge, Josiño (Esteban, min.70), Gabi (Luís, min.46), Pablo, Raúl, Eloy (Mario, min.50), Fabio, Jose, Ayoze, Marcos e Brandón (Gonzalo, min.41).
- Gol: 1-0, min.48.
Mereceu alomenos un empate o equipo de Juan Purrúa e Joaquín Quintáns en Pontevedra. A primeira parte foi moi igualada, sen case ocasións, máis que un par de faltas ao borde da área mal executadas por bando dumbriés.
Na segunda, uns 15 primeiros malos minutos botou por terra máis dunha hora de gran traballo. Conseguiu marcar pronto o cadro local tras unha internada por banda e unha mala defensa. A partir de aí volcouse o equipo dumbriés sobre a meta pontevedresa, con varias ocasións a balón parado, pero o balón non quixo entrar. Mesmo no último segundo, un córner que remata un xogador dumbriés e se paseou por diante da meta local, sen que ninguén puidese remachalo.
Liga Galega Cadete, xornada 4
- Resultado: Xuventude Oroso - Xallas StComba (2-0)
- XSC: Ángel, Guillín, Raúl, Pablo, Alberto, Carlos Baio, Juan Lois, Óscar (Brais, min.67), Carlos Rieiro, Juanjo (Manuel, min.23) e Grille (Raúl, min.70).
- Goles: 1-0, min.34; 2-0, min.36: de penalti.
Un erro defensivo e un penalti, ambas accións no espacio de 2 minutos no primeiro tempo, condenaron ao XSC no campo do líder, Xuventude Oroso, onde, nun segundo tempo excelente, mereceu moito máis do que recibiu.
Tras un primeiro tempo onde o Xallas de Santa Comba vía como todo o seu traballo de contención e saída á contra víñase abaixo en dúas accións desafortunadas na faceta defensiva, na segunda metade os verdenaranjas estiveron a piques de dar a sorpresa, e únicamente dúas decisións do árbitro, anulando dous goles aos xalleiros, obra de Alberto e Grille, tras sendos disparos e rexeites do meta local, impediron que lograsen o seu obxectivo.
A segunda metade foi de absoluto dominio dun Xallas que sacou todo o seu potencial para contrarrestar a un Oroso que sufriu moito para seguir sendo o líder da competición.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 4
- Resultado: Órdenes - Dumbría (2-1)
- DUMBRÍA: Juan; Xan, Sergio, Toni, Samuel; Berto (Xabi, min 55), Ezequiel (Xulián, min 67), Brais Fdez, Adrián; Hugo (Brais Mtnez., min.55) e Álex (Evaristo, min. 70)
- Goles: 1-0, min.50; 2-0, min.55; 2-1, min.83: Adrián a pase de Toni.
Derrota dolorosa dos Infantís do dumbria, polo resultado axustado, e pola sensación de terse deixado puntos factibles no Campo de Vista Alegre ordense. Se os partidos se mediran por merecementos, os costeiros fixeronse acreedores a algún punto. Pero no fútbol o que valen son os goles, e os locais fixeron un máis.
Saíu mandando o Dumbría, con máis balón, pero sin excediva profundidade. O Ordes aguantaba atrás, para tirar contras... e fixoo. As 2 primeiras ocasións claras foron do equipo local, roubando balóns e buscando rápidas salidas en velocidade. Nas 2 ocasións, o porteiro do Dumbría Juan Berdullas respondiu de maneira extraordinaria.
Mediada a primeira parte, o Dumbría inclinou definitivamente o dominio, pero as finalizacións de Alex, Adrián, Ezequiel ou Brais Fernández non tiveron a suficiente contundencia, e sobre todo, acerto. Aínda así, a sensación de gol estaba próxima para os visitantes.
Sen embargo, todo deu a volta o principio do segundo acto. O Ordes saíu, apretando máis arriba e provocando corners e accións de incertidume cerca da portería dumbrinesa. E asi chegaron 2 goles en apenas 5 minutos. O primeiro, logo dun barullo, tras un corner, e provocado polo despiste e a pouca contundencia defensiva nesa parte do partido. Co marcador encontra, viñeron os nervios, e o segundo gol local, froito dunha cadea de erros defensivos.
Co marcador 2-0, Conde e Huelvis arriscaron, deixaron 3 defensas, adiantaron a posición do fisterrán Toni, e achegaron ó capitán Adrián á área. Chegou o acoso e derribo do portal ordense. Varias ocasións claras, de Brais Martínez, Álex, Adrián e Xan, deixaban ver q se podía igualar o encontro. O gol chegou a falta de 7 minutos, cun bo pase de Toni que definiu Adrián. O final do partido foi de vértigo. O Dumbria volcadísimo, e o Ordes tirando máis contra. Tivo o Dumbria o empate a falta de 4 minutos noutra combinación entre Toni e Adrián. O da Ponte do Porto elevou con clase diante do porteiro, o balón ía cara a portería, e incluso Evaristo se dispuña a empurralo á rede, pero apareceu na liña de gol un defensor ordense, e evitou un gol cantado.
E no tempo de desconto, coas emocións a flor de pel, a polémica chegou. E en contra do Dumbría. Un remate de volea a altura do punto de penalti de Adrián era interceptado de maneira clara coa man por un defensor local, co brazo separado do corpo, ainda que o tiro era moi cercano e estaba xirando o corpo, o balón iba a porteria. O árbitro, todo hai que dicilo tamén con correción, recoñeceu que vira a man pero a súa interpretaciónla voluntariedade e do feito da clara intercepción, difire bastante da dos visitantes, e incluso dos seus compañeiros de 1ª división, que nesta mesma temporada pitaron varios penaltis en accións similares a esta. O penalti ainda habería que convertilo, pero a sensación de tristeza fixo mella nos xogadores e corpo técnico do Dumbría.
Sen puntos e con tristeza regresaron os costeiros logo do madrugón inxustificado do sábado. Partido as 10:00 da mañán, con saída da casa as 7:00 para moitos dos nenos. Horarios incomprensibles que se dan nestas competicións autonómicas. Este punto, e sen que sone a excusa, nin moito menos, para o resultado. Pero si a falta de cortesía dos responsables do horario.
Crónicas das Ligas Aurtonómicas – Aluminios Dumbría
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Lira non cede e tira de fortuna.
- 2ª Autonómica: Só Castriz e Zas dan un paso.
- 1ª Autonómica: Trío de cabeza con susto.
- Preferente: Para esquecer.
- Resultados e crónica da primeira fin de semana de outubro no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- Última e urxente chamada para o Curso de Adestradores de Carballo.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).