Martín Varela tamén arrasa no Campionato Galego
Mal acostumados nos ten Martín Varela cos Camiponatos de España e do Mundo, pero quedar Campión Galego non é nada fácil. E é que varios dos mellores xogadores de España son galegos.
Pero este cormelán non ten barreiras e esta pasada fin de semana acadaba o título do Campionato Galego de tenis en cadeira de rodas 2012. O integrante da Asociación Deportiva Vidú, competiu este fin de semana no 2ª Campionato Galego de tenis en cadeira de rodas. A cita celebrouse nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo en Nigrán. Martín Varela (1978) actualmente ocupa o 2º posto do ranking nacional e o posto 53 do ranking internacional ITF.
Dura competición
Na competición individual comezou xogando contra Manuel Cantelar ao que superou en dous sets. Xa en semifinais xogou ante o mozo xogador local Martín da Ponte, ao que logrou vencer por 6/1 e 6/0.
Desta forma chegaban á final os dous claros favoritos, o aresano Álvaro Illobre, compañeiro na Selección española, e o cormelán Martín Varela. Houbo igualdade no partido pero os fallos no saquei de Illobre e o bo xogo do cormelán fixo que o tenteo quedase en 6/3 e 6/2 para Varela. Así Varela proclamábase Campión Galego tras haberse proclamado fai quince días Campión de España da especialidade.
En dobres
Na competición de dobres Varela fixo parella con Manuel Cantelar. Alcanzaron a final ante a parella formada por Illobre e Da Ponte. Foi unha final igualada como reflectiu o marcador final, 6/1 no primeiro set para Varela - Cantelas, 7/5 no segundo para Illobre - Da Ponte e no take break do terceiro venceu a parella Illobre - Da Ponte por 10-8.
Vindeira cita
Tras competir no Campionato de España e en Campionato Galego, Varela descansará unha semana, xa que a finais de mes volverá competir en Caspe.
Máis información
Novas relacionadas
- Martín Varela arrasa no Campionato de España vencendo en individuais e dobles.
- Martín Varela e a Selección Española petan con Asia.
- Martín Varela queda ás portas das Paraolimpiadas.
- Martín Varela escada postos na clasificación internacional tralo seu viaxe ás Américas.
- Martín Varela fai as Américas.
- Martín Varela comeza a tempada cara as Paraolimpiadas con necesidade de patrocinadores.
- Martín Varela convirte á Selección Galega na Campiona de España de tenis en cadeira de rodas.
- Martín Varela escacha ca risa.
- Martin Varela xa está entre os 60 mellores tenistas do mundo.
- Martín Varela segue colleitando triunfos e patrocinios para chegar a Londres 2012.
- Martín Varela, subcampión de España.
- Martín Varela leva á Selección Española á súa mellor posición nunha Copa do Mundo.
Fonte
- Nota de prensa de Esteban Varela.