Luns. 07.10.2024
El tiempo

Muxía xa ten un subcampión Galego de xadrez

Muxía xa ten un subcampión Galego de xadrez
Adrián, Anxo, Kevin e Sheila do Xadrez Cabo Touriñán no Campionato Provincial

Vaia xeito de estrearse no Torneo Galego. Nada menos que cun subcampionato, o que acadaba Kevin Carballo Sandoval na categoría sub-8, competindo contra clubes de moita máis experiencia. I é que Club Xadrez Cabo Touriñán, nos apenas dous anos de experiencia xa é coñecido en todo o circuito galego, e veñen de estrear tamén o palmarés.
O Club Xadrez Cabo Touriñán convírtese, segundo nos contan, no primeiro clube da historia da Costa da Morte en ter un sub-campion galego e en participar no campionato de España.
Un Touriñán que levaba tamén outros tres competidores, Adrián, Anxo e Sheila, que xa participaran no Campionato Provincial.

Ten agora Kevin xa que pensar no Campionato de España, no que defenderá á Selección Galega en Granada, no mes de xuño.

E así demostra o seu sentir o propio Santi Domínguez: "O Clube Cabo Touriñán está formado e dirixido por persoas totalmente amaters que levan unicamente 2 anos no mundo do xadrez e síntense moi orgullosos de veren recompensados os seus esforzos, anto nos premios acadados polos seus alumnos coma nos eloxios que reciben dos pais que os felicitas polos torneos que realizan".

Máis información

Novas relacionadas

1ª Circuito de Xadrez Costa da Morte

Fonte

  • Círculo de Xadrez Muxía.

Comentarios