Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Novo doblete de Martín Varela en Zaragoza

Novo doblete de Martín Varela en Zaragoza
Martin Varela Doble Campion Zaragoza 2013

O cormelán Martín Varela, integrante da Asociación Deportiva Vidú, competiu este fin de semana nunha nova edición do Open O Olivar de Zaragoza. O cormelán levouse o título de campión do Open de Zaragoza ao conseguir o triunfo tanto en categoría individual como en dobres. A vitoria chegou trala retirada de Juanjo Rodríguez con 4/1 no primeiro set, mentres que en dobres gañou o torneo acompañado por Francesc Prat.
A próxima parada de Varela será nun par de días na localidade catalá de Olot onde disputará o V Open Internacional Memorial Santi Silvas.

Tras participar na Copa do Mundo coa selección española e non poder acudir ao Open de Oviedo celebrado a semana pasada polo recorte en participacións de torneos que debe asumir o tenista cormelán por falta de orzamento económico, Varela acudiu ao Open de Zaragoza coa intención de alcanzar as finais e poder así prepararse para o Open Internacional que se celebra esta semana en Olot.

En canto á participación no torneo, Varela pasou a primeira rolda por bye por ser primeiro cabeza de serie. Xa en cuartos venceu a Jordi Tornei por 6/3 e 6/2. En semis xogou contra o aragonés Carlos Pina ao que logrou vencer por un dobre 6/2. A final disputouna ante o riojano Juanjo Rodríguez e xa van 3 finais nas que se enfrontan ambos xogadores esta tempada no circuíto nacional. Pero por desgraza esta final tivo que suspenderse por lesión do riojano no primeiro set. Desta forma Martín Varela proclamábase campión.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios