O Anorthosis mira de lonxe o ascenso
Pouco que contar deste fin de semana no tocante ao tenis de mesa costeiro. I é que os nosos tiveron boas e malas novas. As boas, protagonizadas polo Concello de Zas Angepon, que non tivo dificultades para superar ao Breogan Oleiros C, nun encontro no que estiveron a gran altura Angel e Gonchi gañando todos os seus partidos. Ademais, o filial do Anorthosis fixo debutar a Brais Blanco, un rapaz da canteira, mostrando as boas formas e que hai madeira e futuro.
Pola contra, os de Anorthosis abriron os ollos pero non espertaron para xogar. Así para os do Liceo foilles facil gañar o encontro e practicamente asegurarse o ascenso. Roi desperezouse e gañoulle a Lino evitando un rosco.
Resultados 2ª Galega. Grupo Centro. 14ª xornada
- Liceo Senior - Anorthosis Vimianzo (6-1).
- Breogan Oleiros C - Concello de Zas Angepon (2-5).
Resultados 3ª galega. Grupo Noroeste. Xornada 12
- Breogan Oleiros G - Concello de Zas P. Tivoli (0-7).
- Andeiro Promesas - Concello de Zas O Pinar (4-3).
En 3ª resultados normais, pois a superioridade do Concello de Zas P tivoli foi manifesta e o Concello de Zas O Pinar segue a gañar partidos cada vez máis. Para a vindeira temporada chegarán as vitorias.
Vindeira cita
- 2ª Galega grupo centro:
- Sábado 31 de marzo ás 11:00h en Oleiros: Breogan Oleiros B / Concello de Zas Angepon (encontro cambiado de orde, eles xa xogaron en ZAs na primeira volta).
- Domingo 1 de abril ás 11:00h no ximnasio do Cpi de Zas: Anorthosis Vimianzo / IES Virxe do Mar de Noia.
- Concello de Zas P. Tivoli / IES Virxe do Mar B;
- Concello de Zas O Pinar / Breogan Oleiros G.
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas de tenis de mesa
- O Anorthosis deixa escapar ao Dubratambre.
- Dúas de cal e dúas de area na xornada de tenis de mesa.
- O Anorthosis cae pero mira ao ascenso.
- Anorthonis e Angepón miden as súas forzas para abrir a segunda volta.
- Boa xornada para pechar o ano para os equipos soneiráns de tenis de mesa.
- 2 vitorias e 2 derrotas para os equipos costeiros de tenis de mesa.
- O Anorthosis segue sumando e os filiais seguen formándose.
- A deportividade e as vitorias protagonizan a fin de semana do tenis de mesa costeiro.
- Anorthosis e Concello de Zas P. Tívoli suman novas vitorias.
- Case pleno de vitorias na fin de semana de tenis de mesa.
- Sorte dispar nos resultados de tenis de mesa para os equipos da comarca.
- Os equipos de tenis de mesa do Anorthosis mediron as súas forzas.
- O pinpon espállase pola comarca de Soneira.
- O pinpon volveu xuntarse en Zas no Torneo Ponciano Nieto.
- O Angepón consegue o ascenso á 2ª Galega.
- O tenis de mesa afiánzase como unha referencia na comarca de Soneira.
Outras novas
- Os arqueiros de Vimianzo quedan ás portas da Liga Galega.
- Martín Varela tamén gaña en Canadá e EEUU e segue camiño Londres 2012.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
- Doble sesión de tenis de mesa costeiro en Corme e Oroso.
Fonte
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.