O Anorthosis non vai de “cenicienta”
A punto estivo o Anorthosis de dar a sorpresa da xornada ante todo un Oroso, un dos que compiten na zona alta da táboa da 3ª Nacional. Serviulle o choque ao equipo zaense para demostrarse que poden loitar contra todos este curso.
Ademais, en 1ª Galega si tocou sorpresa, pero negativa, ca derrota inesperada do Concello de Zas Aquacenit ante o Ribadumia
3ª División Nacional
- Resultado: Oroso TM - Anorthosis Vimianzo 4-3 (16-12)
Quizais a baixa forma de Gonzalo Martínez (con moitas dores de ventre por mor dun virus intestinal) que non lle permitiu rendir a tope ou algúns dos puntos clave no partido de dobres fosen os que impedisen alzarse coa vitoria aos soneiráns, nun encontro moi igualado e moi ben xogado tanto por Roi coma por Marce, e dende logo por Gonchi, que despois de quentar ben e olvidarse das molestias gañou o seu partido, pero xa cando o encontro estaba decidido.
Con todo o Oroso non é da Liga que dentro do grupo ten que xogar o Anorthosis para manter a categoría, pero con este encontro xa avisou que non vai a ser a cenicienta do grupo. Ademais de animar moito ao equipo polo rendimento acadado.
1ª División Galega
- Resultado: Cafetería Lareka Autosisán - Concello de Zas Aquacenit 5-2 (15-11)
- Resultado: Giovanny Anthoni - Concello de Zas Aquacenit 0-7 (5-21)
- Resultado: CTM Lalín "B" - Concello de Zas O Gaiteiro 7-0 (21-4)
En 1ª galega a sorpresa negativa douna o Concello de Zas Aquacenit ao perder en Ribadumia conta un equipo, Cafetería Lareka Autosisán, en principio inferior pero que gañou xustamente, pois ningún dos xogadores de Zas, Miguel, Stevo e Chris Roy, deron o nivel que deles se esperaba. No outro encontro apenas houbo historia pois ao Giusseppe Anthonny faltoulles o seu xogador base.
No outro encontro nada poideron facer os de O Gaiteiro en Lalín nunha categoría que de momento lles está a facer un pouco grande, so a base de paciencia e entrenamento se pode chegar a gañar partidos e encontros.
2ª División Galega
- Resultado: Arteal TM - Construcciones Cernadas 7-0 (21-0)
En 2ª División Galega resultado normal nunha categoría onde se esperaba que estivese case que integrada por xogadores das categorías base pero que moitos equipos aproveitan para dar entrada a xogadores veteranos. Será para que logo veñan os seus fillos.
Novas relacionadas
- Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas.
- O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional.
- O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria.
- O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza.
- A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa.
- Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- A campiona galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.