O Coristanco acadou o título de Copa na gran festa dos Veteranos
O Coristanco, logo dunha prórroga, conquistou a Copa da Costa de fútbol Veterano 2015 ante o Ponteceso. Todo no marco dunha gran festa solidaria, precedido dun partido entre un combinado da 1ª contra un da 2ª División, e rematando cunha boa churrascada no campo de Verdillo. Así, a recaudación do partido -cchegouse a uns 650€ entre cantina e rifas, non se cobrou a entrada- foron para a causa de José Mato.
Copa da Costa de Veteranos 2015, Final
- CORISTANCO: Chapas; Toniño, Valenza, Coqui, Adrián; Lorenzo, Charly, David, Luki; Carliños e Ton. Tamén xogaron Ramón, Moncho, Javier, Díaz, Suso, Maikele Alberto.
- PONTECESO: Siro; Miguel Pérez, Juan Campelo, Carlos, Toni; Cros, Mato, Alfonso, Javi; Pepe e Luís. Tamén xogaron Vidal, Rama, Fuso, Aldao, Víctor, Pedro, Chema, Platero, Ramón e Charly.
- Goles: 1-0, min 34: Coqui; 1-1, min 73: Javi, de falta; 2-1, min 78: Javier; 2-2, min 87: Toni; 3-2, min 93: David; 4-2, min 117: Carliños.
- Árbitro: Isidro. correcto.
Antes de comezar o partido o Ponteceso quixo homenaxear ao seu compañeiro de equipo David, dorsal número 17, que hai pouco nos deixou nun fatal accidente. Pero non lle puideron brindar o título, a pesar da súagran loita, pero se atoparon cun muro, o porteiro do Coristanco, Chapas, que, coas súas formidables intervencións durante todo o partido fixo que o cadro verde levase o título. Destacables foron unha aos dez minutos do inicio do partido ante Carliños ,dianteiro do Ponteceso, e un tiro dentro do área e cando se cantaba gol, á que sacaba unha man incrible evitando o que podía ser o 0-1. Non só foi esta ocasión que pouco despois noutro tiro forte golpeando ao seu defensa e desvíalle o balón que se coaba pegado á cepa do poste, apareceu a man de Chapas, desviando ese tiro a corner.
Pero a emoción se viviu a falta dun minuto para a finalización do partido, xa que o Coristanco foi por diante do marcador en case todo o partido pero no minuto 87 marca o Ponteceso o que era nese momento o gol do empate. E tres minutos despois, no 90, penalti que pita o árbitro a favor do Ponteceso por zancadilla dentro do área ao dianteiro de Ponteceso Cros. Lanzaba Alfonso, que si marcaba podía dicirse que partido finalizado, pero de novo Chapas fai a parada do partido, primeiro desvía o balón do tiro de Alfonso ao poste e no rexeite volve tirar Alfonso e de novo Chapas para o balón. Aí estivo a parada, aí estivo a Copa.
A prórroga coa calor e o cansazo máis mental que físico, o Ponteceso viuse sorprendido de novo cun gol aos 3 minutos do inicio, David marca para o Coristanco o 3-2, o Ponteceso aínda tivo unha ocasión por mediación de Ramón de facer o empate, pero o balón foise fose e cando estaba para finalizar o partido Carliños marca o 4-2 definitivo e fai campión ao Coristanco.
Destacar deste partido de novo a gran deportividade entre os dous equipos, o Coristanco que foi premiado co trofeo da Deportividade durante toda a liga, fixo valer ese merito nesta final, pero recoñecer a deportividad exquisita por parte do Ponteceso, equipo perdedor desta final, pero que deu unha lección do bo facer co balón durante todo o partido, pero tamén os dous equipos deron a imaxe que os moitos pícaros presentes nesta partido deben de ver, a deportividad, o abrazo entre os dous equipos ao final do partido. A camiseta que o Ponteceso saíu ao campo era en homenaxe ao seu compañeiro David, onde este, a copa de subcampeón foi para el.
A todos os compoñentes do equipo de Coristanco as felicitacións por esta Copa conseguida e ao seu porteiro Chapas, que nos siga deleitando con partidos como leste.
Partido entre os combinados
Bo partido que se viu nas Pedreiras de Verdillo entre estes dous equipos seleccionados, nunha mañá que todos estes xogadores colaboraron coa causa “Todos con Jose e Mary”. A familia Mato, co pai emocionado á fronte, agradeceu a todos as mostras de cariño recibido e o detalle de estar co facendo este partido.
A Selección de 1ª venceu á de 2ª División por 6-2, cos tantos de Montero (San Román), Mouzo (Laxe), Miguel (At. Milagrosa) e Pichín (Zas) que fixo 2 tantos. Por bando dos de 2ª División marcaron Fernando (Cerqueda) e Sandre (Erbecedo).
Novas dos Veteranos
- Volta das Semis: Veteranos: O Ponteceso elimina ao Soneira e enfrontarase ao Coristanco na final de Copa.
- Ida das Semis: Copa da Costa de Veteranos: O Coristanco mete un pé na final.
- Liga 2015: Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- 2014: O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- 2014: O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- 2013 – 2014: O Coristanco leva o título de Veteranos.
- 2013: O Coristanco alzouse coa Copa da Costa de Veteranos.
- 2012 – 2013: O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa.
- Copa 2012: O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información e fotos de Modesto Parga, presidente do Comité de Fútbol Veteranos da Costa.