O derbi do fútbol sala feminino da Costa quedou en Vimianzo
O derbi entre Fisober B e Concello de Ponteceso na Liga Provincial foi o centro das miradas esta semana no fútbol sala feminino. E a cousa vai dar que falar en tanto que parece que o equipo pontecesán vai denunciar ao Fisober por aliñar unha xogadora de 12 anos.
Con todo, e á espera de novedades, o filial vimiancés venceu con claridade por 5-0 no encontro disputado en Vimianzo.
Tamén na Liga Provincial, o Viaxes Amarelle B sumou tres importantes puntos ante un fuerte Boqueixón (5-1), tras unha espectacular segunda parte. Ademais, A Salina Xuventude de Esteiro vencía 0-6 en MAbegondo. Con estes resultados o Viaxes Amarelle B queda 3º con 47 puntos, a 2 puntos do líder, o Sobrado. Pola súa parte o filial do Fisober mantense na 7ª praza con 25 puntos, 6 máis que A Salina que ocupa a 11ª praza, mentres que o Concello de Ponteceso segue penúltimo con 9 puntos.
No que a Liga Autonómica atinxe, o Fisober caía ante o líder da categoría, o CIOS Vigo por 4-5, nun disputadísimo encontro no que as vimiancesas a piques estiveron de remontar un 1-5. A derrota non ensombrece a excelente segunda volta que están a realizar con trece puntos en seis partidos, cando en toda a primeira volta fixeron dezasete puntos.
Liga Provincial
- Resultado: FISOBER “B “ CONCELLO DE VIMIANZO, 5 - CONCELLO DE PONTECESO FSF, 0
- FISOBER “B” C. VIMIANZO: Eva, Ylenia, María, Noelia e Myrella; tamén xogaron: Andrea e Noe.
- CONCELLO PONTECESO: Salomé, Sonia, Martina, Silvia e Tamara; tamén xogaron: Mónica e Iría.
- Goles: 1-0 Ylenia, 2-0 María, 3-0 Sonia en p.p., 4-0 Mónica en p.p., 5-0 Andrea.
O derbi de próximidade quedouse na casa nun partido no que as locais voltaron a xeira da victoria. Comenzaba o partido co dominio local e os cinco minutos era Ylenia cun tiro lonxano a que desfacía a igualada e batía a Salomé. No minuto sete era Noelía a que tiña unha opción de aumentar a vantaxe. No minuto dez foi Ponteceso quen tivo a súa ocasión máis clara do partido despois dun saque lateral. Mediada a primeira metade Andrea e Ylenia en dous grandes disparos que enviaba Salomé a saque de esquina non foron capaces de marcar o segundo. Transcurría o partido cun dominio local pero con pouca intensidade. No minuto vinte eran Andrea e María as que gozaban dunha dobre ocasión pero o segundo gol non chegaba. Un minuto despois era Andrea a que mandaba un balón o longueiro. Parecía que o segundo gol non ía chegar pero nos dous últimos minutos primeiro María despois dun rexeite facía o segundo e pouco despois a ex de Fisober Sonia a que facía o terceiro en propia porta.
A segunda metade camiñou polos mesmos derroteiros co dominio local e cas visitantes sin apenas chegadas. Así no minuto sete desta segunda metade era Noelía a que dispuña de dúas boas ocasións e Andrea de outras duas boas ocasións. A xogadora do Fisober pero pontecesana de nacemento Myrella no oito tampouco era quen de batir a Salomé. Mediada a segunda metade Ylenia mandaba un balón o pau e case acto seguido a mesma Ylenia facía outro bó tiro. No minuto 18 un tiro de Ylenia era Mónica a que poñía o 4-0 en propia porta. Un minuto despois Noe lanzaba o longueiro e despois a omnipresente Ylenia de novo asustaba a Salomé. Parecía que o partido chegaría así o final cando Noelía erraba unha nova ocasión pero era Andrea a que facía o quinto e defenitivo antes do final.
Liga Provincial
- Resultado: Viaxes Amarelle “B” FSF, 5 - Boqueixón FS, 1.
- Viaxes Amarelle “B” FSF: Leti, María, Alba, Laura Paz, Cruz (cinco inicial), Xulia, Regi, Cris, Laura.
- Goles: 1-0 Cruz (min. 5); 2-0 Cruz (min. 30); 3-0 Alba (min. 35); 4-0 Laura (min. 41); 5-0 María (min. 45); 5-1 Lidia (min. 47).
O Viaxes Amarelle B de Suso Yanes sumo unha nova vitoria na súa andaina pola provincial feminina logo de vencer tras unha boa segunda parte ao Boqueixón FS por un amplo 5-1 que lle dá tres puntos para continuar na parte alta da clasificación e aproveitando a vitoria do segundo clasificado, Sobrado Xuventude, ante o líder Sada FSF, o conxunto xalleiro consegue achegarse aínda máis ao líder da Liga Provincial Feminina da Coruña. o Sada FSF, que xa suma a segunda derrota da tempada.
Liga Autonómica
- Resultado: FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO – CIOS VIGO. 4-5.
- FISOBER C. VIMIANZO: Eva, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron: Eva, Alba, Olalla e Noelia.
- Goles: 0-1 María, 0-2 María, 0-3 Margarita, 0-4 Sabela, 1-4 Eva, 1-5 Eva, 2-5 Noelia, 3-5 Barca, 4-5 Barca.
- O Fisober segue firme na Liga Autonómica.
- Terceira vitoria do Ponteceso FSF.
- Un repaso completo á actualidade do fútbol sala feminino da Costa.
- Boa semana para a familia Fisober.
- O Fisober B pecha a primeira volta das Ligas de Fútbol Sala Feminino.
- O Buxeiro de Fisterra álzase co I Campionato FS “Costa da Morte” pola selección galega Xa!.
- A Salina supera ao Fisober B e o Ponteceso FSF acada a súa segunda vitoria na Liga Provincial.
- Primeira e histórica vitoria do Ponteceso FSF.
- O Fisober de Autonómica suma e segue pero os árbitros non deixan avanzar ao Ponteceso FSF.
- Tan só o Fisober de Autonómica saca algo positivo da xornada de fútbol sala feminino.
- Xornada fatídica para o fútbol sala feminino costeiro.
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS, e de José Núñez Torrado, Responsable de Prensa do Viaxes Amarelle FSF.
Chegaba a Vimianzo o líder que solo cedeu esta tempada unha derrota e dous empates e amosou as razóns polas que se mostra tan firme, desfacendo así a boa xeira de resultados de Fisober nesta segunda volta e engrosandolle a primeira derrota despois de seis partidos.
Comenzou cunha presión asfixiante o Cios e nos primeiros dez minutos apenas deixou saír do seu campo as locais, que chegaban sen perigo o ataque. Así nos dous primeiros minutos as visitantes Eva e Paula xa probaron a porteira local Eva. Trancurría esta fase de partido e as locais vianse superadas constantemente pola presión visitante. De novo Paula e Eva disparaban con perigo. Sería no minuto dez a visitante María a que nun escorzo incrible tocaba o balón e mandabao o longueiro. Pero parece que esta acción desperezou as locais e dende esa en tres minutos tres contras de Barca, Eva e Alba asutaron un pouco as visitantes. E vaia se se puxeron as pilas porque entre o minuto trece e quince lograron tres goles. Un chutazo de María desfacía a igualada e sólo un minuto despois voltaba a marcar a mesma María. Respostaba cunha ocasión de Barca o equipo de Fisober, pero Margarita poñía o 0-3 e desmoralizaba as locais. A dous para o final María I. disparaba o pau. No último minuto Barca de novo tiña opción de poñer o 1-3 pero non era capaz.
Voltaba Fisober tralo descanso cunha pesada lousa de tres goles que os dous minutos se facía de catro despois dun gol de Sabela. Nese momento pareceu que o encontro rematara para as visitantes que derón o encontro por ganado. Fisober en cambio non se rendeu e o cuarto gol respondeu cunha dobre ocasión de Eva e Barca. No minuto cinco desta segunda metade Eva culminou unha combinación de todo o equipo no 1 a 4. No minuto oito de novo Eva tiña unha gran opción de reducir a vantaxe. Pero sólo un minuto despois Eva facía o desmoralizador quinto gol. A dez para o final Ana dispuña dunha boa ocasión a que respostaba a visitante Luz. Parecía o partido abocado a un final prácido para as visitantes. Pero Noelía facía o segundo gol local a catro do final e a dous e medio era Barca a que marcaba o terceiro. Cios Vigo que se relaxara en exceso atopabase cun novo escenario para os dous últimos minutos e Ana a piques estaba a dous para o final de acercar máis as suas. Quen si o facía era Barca a corenta segundos do final cun maravilloso taconazo o que encendía o público para os últimos segundos. Aínda tiveron as locais unha última opción a cinco segundos do final nunha xogada ensaiada de saque de banda que a lanzamento de Barca se foi a rentes do pau.
A derrota non ensombrece a excelente segunda volta que están a realizar con trece puntos en seis partidos, cando en toda a primeira volta fixeron dezasete puntos. Un equipo que non se rendeu nin cun resultado tan adverso.