O Fisober non pode co novo líder da 2ª Estatal mentres C. Ponteceso e Esteirana seguen sumando
Non puido o Fisober da 2ª División Estatal co novo líder, o Valdetires de Ferrol, o que supuña a primeira derrota a domicilio case catro meses despois. Un partido que se rachou mediada a primeira metade cando chegaron os goles locais.
En Liga Provincial o Fisober B caía ante o Viaxes Amarelle por 2-1, mentres que Esteirana e Concello de Ponteceso sumaban sendas vitorias. As esteiráns superaban ao Mabegondo por 2-0 na casa, mentres que as pontecesás facían o propio coas Espartanas cun apretado 2-1 en casa.
2ª División Estatal, Gr.2
- Resultado: VALDETIRES - FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (6-0).
- FISOBER: Eva, Patri, Ana, Barca e Myrella; tamén xogaron Noelia, Elsa, Inés e Ylenia.
E arranque do partido non presaxiaba o final do mesmo, xa que os primeiros minutos foron de tanteo sen un dominador claro do encontro.
Co paso dos minutos o Valdetires consciente da importancia do partido foise facendo co peso do partido pero sen poñer en excesivos apuros a meta visitante Eva. Tampouco chegaba con claridade o Fisober a portería que defendía Iria. O Fisober parecía ter controlado en defensa o partido.
Pero todo mudou cando un lanzamento cruzado de Uxía se colaba os nove minutos na portería visitante. Incapaces de asimilar o golpe as do Fisober tardaron solo dous minutos en recibir un novo gol, desta vez a cargo de Sheila.
Con puntualidade Suiza dous minutos despois caeu un novo gol das locais desta vez foi Carol a finalizadora. As visitantes que tan bos minutos fixeran ata ese momento caían no desánimo e fóronse do partido.
E claro seguindo a serie de novo dous minutos despois outro gol de novo de Uxía. Así quedaba a serie de goles nos minutos 9,11,13 e 15 moi matemáticos. Os últimos minutos foron un suplicio para as visitantes, que conseguiron chegar con ese resultado o tempo de lecer, gracias o bo facer da porteira Eva.
O Fisober conxurouse para tentar mostrar a imaxe dos primeiros dez minutos. E conseguiuno xa que voltou a sentirse cómodo en defensa, sen pasar excesivos agobios e tentando saír a contra para reducir distanzas, pero tanto a local Iria moi atenta nas poucas chegadas do Fisober como a visitante Eva con máis traballo lograban que o electrónico non se movera.
Así foi ata que unha falta na frontal foi transformada por Erika a catro para o fin e nese mesmo minuto foi Jessi as que fixeron os últimos goles para o seis a cero definitivo. Rematando así un extrano partido nunha mala tarde para o Fisober.
Máis información
- Clasificación Gr.1 2ª Disivión Feminina Estatal.
- Resultados Gr.1 2ª División Feminina Estatal.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados Liga Provincial Feminina.