mércores. 26.03.2025
El tiempo

O Fisober segue firme na Liga Autonómica

O Fisober segue firme na Liga Autonómica

Segue a excelente segunda volta do Fisober con catro vitorias e un empate, sin coñecer a derrota a espera de recibir o líder Cios Vigo na vindeira semana no seu fogar de Vimianzo para comprobar si a xeira de resultados sigue ou verase frenada.

Pola contra, parece que a sorte que acompaña as maiores nos momentos clave dos encontros lle deu a espalda o filial do FIsober e despois dun disputado encontro ante o Meigas B na Liga Provincial non foi quen de sacar nada positivo na súa visita a Bertamiráns e caeu por 4-2.
O Viaxes Amarelle B conseguía unha boa vitoria por 2-5 ante un rival directo, o Comarcal A Fervenza "B", que asegura a terceira praza ás de Suso Yanes. Ademais, p Concello de Ponteceso continúa na penúltima posición tras caer derrotado ante o CD Mabegondo por 0-5 no pavillón pontecesán. E A Salina Xuventude empato por 1-1 ante o ARC Femiordes.

Liga Autonómica

  • Resultado: MARCÓN, 1 – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO, 3.
  • FISOBER C. VIMIANZO: Eva, Patri, Ana, Elsa e Andrea; tamén xogaron: Barca, Alba e Noelia.
  • Goles: 1-0 Alicia, 1-1 Patri, 1-2 Ana, 1-3 Patri.

Dominaba dende o principio Marcón pero as mellores ocasións eran para Fisober e así Patri nunha xogada individual prantabase ante a porteira Helena quen paraba. Si eso ocorría no minuto dous , pouco despois de novo Patri e de novo Helena rexeitaba o seu disparo. Marcón apretaba e gozaba dunha ocasión pero a pesares de todo non concretaban o seu dominio sobre a pista en ocasións. A primeira metade transcorría por esa tesitura. Un roubo de balón no minuto trece daba unha dobre ocasión a Noelia e Patri pero o gol non chegaba. No minuto quince de novo Patri dispuña dunha ocasión. E foi a dous para o final da primeira metade no único despiste defensivo das de Fisober cando Alicia adiantaba ás de Marcón. O partido puñaselle complicado ás visitantes pero a corenta segundo do final da primeira metade de novo Patri se topaba con Helena e non era quen de poñer o empate.

Comenzaba a segunda metade cunha ocasión de Barca, un puro espellismo porque a visitante Marta remataba de cabeza o pau, e Marcón pechaba no seu campo a un Fisober que pareceu saír adormilado. Tentaban as locais sorprender dende hoxe a Eva pero non a inquietaban moito. Seguían achuchando as de Marcón e Fisober non se desperezaba. Pero no minuto oito un roubo de Alba deixaballe o balón a Ana quen vía un oco para Patri que empataba o partido. A nove do final dispuña Alba dunha ocasión nunha contra. O partido parecía abocado o empate pero un novo roubo de Ana a tres e medio para o final finalizabao ela mesma no 1-2 . E a dous para o final Patri poñía o tranquilizador 1-3 nunha nova contra. De ahí ata o final tranquilidade e dominio de balón visitante ante unhas locais que tentaron facer dano ca porteira xogadora pero precipitaronse.

Liga Provincial

  • Resultado: MEIGAS “B“, 4 – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO “ B “, 2.
  • FISOBER C. VIMIANZO “B“ : Eva, Noe, María, Myrella e Noelia; tamén xogaron : Ylenia e Lara.
  • Goles: 0-1 Noelia, 1-1 Noelia, 2-1 Amanda, 3-1 Raiane, 3-2 Lara, 4-2 Raquel.

Parece que a sorte que acompaña as maiores nos momentos clave dos encontros lle deu a espalda o filial e despois dun disputado encontro non foi quen de sacar nada positivo na súa visita a Bertamiráns na maña do domingo.

Comenzaba o encontro e as de Fisober deixabanse dominar polas locais e así Raiane e Noelia dispuñan de duas boas ocasións. Pero no minuto sete unha contra de Noelia deixaballe o balón a visitante María e o seu disparo era sacado por unha rival ca man cando entraba, indicando a colexiada o conseguinte penalti, que era transformado por Noelia no 0-1. Pouco lle durou a ledicia as de Fisober xa que solo un minuto despois Noelia igualaba de falta. Case o pouco do saque de centro a Noelia de Fisober dispuña dunha boa opción de volver a desfacer a igualada. Os últimos dous minutos da primeira metade foron de ocasións para as locais por parte de Amanda e un tiro o pau de Raiane.

Co empate comenzaba a segunda metade e de novo cunha ocasión da visitante Noelia. Aos sete minutos Meigas gozaba dunha ocasión para batir a Eva, o cal contestaba Ylenia despois de un roubo. Os nove minutos unha falta que en principio non sinalara a colexiada serviu para que Amanda desfixera a igualada. As visitantes tiveron uns minutos de desconcerto e eso aproveitouno Raiane para poñer o 3-1 no minuto quince, e case acto seguido tiveron a ocasión do para poñer tres goles de vantaxe, pero non aproveitaron e na contra Noelia de novo, nunha maña na que non foi quen de atopar o gol en xogo, via como Aroa lle paraba o man a man, pero no saque de esquina Lara marcaba o 3-2. Arriscaba máis Fisober e os ocos atopabaos Meigas que facía o 4-2 por medio de Raquel.

Liga Provincial

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF, 0 - Mabegondo, 5.
  • Goles: 0-1 (min. 4) Ángeles. 0-2 (min. 12) Mónica (p.p). 0-3 (min. 41) Bibiana. 0-4 (min. 45) Patricia (p). 0-5 (min. 49) Isabel.

Partido emocionante o visto no Municipal de Ponteceso pese o abultado resultado final. Comenzou forte o Ponteceso con dúas chegadas perigosas, pero no min.4 chegaría o primeiro gol visitante nun fallo garrafal da porteira local Salomé. Despois do mazazo inicial o equipo de vila de Pondal quísoxe repoñer e voltou a ter un par de ocasións nos pés de Carmen que parou acertadamente a porteira visitante Ainara que estivo moi acertada durante todo o partido.

Cando parecía que estaba preto o empate das Pontecesáns, o Mabegondo marcaría o segundo, foi nun saque de esquina das visitantes que despois de pegar en Mónica, que estaba mal colocada, entraría dentro da portería local. Este foi un xarro de auga fría das locais que tíñan postas moitas esperanzas neste partido. Pero en vez de virse abaixo, motiváronse o suficiente para comenzar a facer una forte presión a todo a pista que lles faría ter varias ocasións ata o descanso, todas elas desbaratadas polas boas accións da porteira visitante.

Xa na segunda metade o Ponteceso seguíu coa forte presión que facía que as Mabegondesas non chegaran a meta local e disfrutando as Pontecesáns de varias ocasións que acababan una e outra vez nas máns da porteira visitante. Entre tanto o árbitro encargouse de quentar o ambiente no pavillón e os ánimos do equipo lacal coas súas máis que polémicas decisión. As cales non tiñan o mesmo castigo para l bando local que para o visitante.

E cando restaban 9 minutos para o final, Bibiana marcaría o terceiro nun fallo defensivo, e 4 minutos máis tarde, Patricia marcaría o cuarto de penalti moi protestado, penalti de Salomé (que non tivo o seu día) que soamente víu o árbitro. Xa no último minuto, Isabel marcaría o quinto e último gol da tarde para o Mabegondo, que levou un resultado demasiado abultado despois do pisto no Municipal de Ponteceso.

Liga Provincial

  • Resultado: Comarcal A Fervenza "B", 2 - Viaxes Amarelle "B", 5
  • Viaxes Amarelle B: Cris, Alba, Laura Paz, María, Cruz (cinco inicial), Anita, Laura, Yeye, Regi.
  • Goles: 0-1 María (min. 8); 1-1 Alejandra (min. 17); 1-2 Cruz (min. 22); 1-3 María (min. 29); 1-4 María (min. 33); 1-5 Alba (min. 41); 2-5 Belén (min. 45).

O conxunto dirixido por Suso Yanes anda con paso forte na liga provincial feminina e tras imporse a pasada semana ao líder da categoría, Sada FSF, este fin de semana o Viaxes Amarelle B tiña un difícil duelo ante un rival directo, terceiro clasificado o Comarcal A Fervenza B FSF que ocupaba a cuarta praza e agora distánciase do conxunto xalleiro en nove puntos, máis o gol average tras gañar as de Suso Yanes os dous enfrontamentos. Cada vez quedan menos xornadas e o Viaxes Amarelle B vaise facendo forte na terceira posición marcando distancia co cuarto clasificado e mantendo a distancia con segundo e primeiro clasificado que o próximo fin de semana enfrontaranse en duelo directo.

No resto de encontros desta décimo oitava xornada,O Sobrado Xuventude Panadería Vázquez mantén a segunda posición tras imporse por 1-11 ante o pechacancelas, Espartanas FS. O Sada FSF tras a derrota da semana pasada ante o Viaxes Amarelle, recupera a senda da vitoria ao derrotar ao CFSF O Pino por 5-1. O Boqueixón FS sumo un punto tras empatar 2-2 co Manureva Talleres Mundo. O Concello de Ponteceso continúa na penúltima posición tras caer derrotado ante o CD Mabegondo por 0-5. O FC Meigas B impúxose ao Fisober B por 4-2 e gáñalle a posición ao seu rival subindo á sétima posición.

Vindeira semana

Liga Autonómica

  • A vindeira semana visitara Vimianzo o lider da competición o Cios Vigo que tan so colleitou unha derrota no que vai de Liga, o partido será ás 18:30 no Municipal de Vimianzo.

Liga Provincial

  • O sábado 26 de febreiro disputarase o derbi entre o Concello de Ponteceso e o Fisober B, o partido será no Municipal de Vimianzo ás 17:00h
  • O Viaxes Amarelle B xogará ante o Boqueixón FS. O encontro terá lugar o vindeiro sábado 26 de febreiro de 2011 a partir das 20:00 horas no Complexo Deportivo Municipal de San Diego (A Coruña).

Máis información

Xornadas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober e do Concello Ponteceso FS, e de José Núñez Torrado, Responsable de Prensa do Viaxes Amarelle FSF.
Comentarios