O Outes proclámase Campión da Liga da Costa nunha espectacular última xornada de carrusel

Fútbol da Costa en estado puro. Os teléfonos botaron fume nos campos da Costa nesta fin de semana onde o noso carrusel tecnolóxico a través da APP e de www.futboldacosta.com botou fume. Con moitas cousas en xogo, que imos repasando, a atención estaba na última xornada da Liga da Costa, con tres 3 equipos pelexando polo título e pola praza de promoción de ascenso.

E a xornada non defraudou. Goles dende o primeiro minuto, alternancias no marcador e na clasificación, para rematar co Outes como novo campión de Liga e novo equipo da 1ª Autonómica. O cadro de Manu Roque completa así unha magnífica temporada, tan boa como a do Zas de Iván Cancela e o San Lorenzo de Pedro Gómez. Pero se o Zas, tras non poder pasar do empate en Mazaricos, se mete na Promoción e aínda ten opcións de ascenso (o Montelouro o agradecería ca permanencia), o San Lorenzo, que tampouco pasaba do empate en Ara Solis, queda sen premio e só ca Copa como aliciente.
Cómpre destacar as actuacións de Mazaricos, Porteño e Fisterra, que demostraron que o Fútbol da Costa está moi san, pelexando como se fose o descenso nos seus partidos.

Mala xornada en Santa Comba

Foi mala a xornada en Santa Comba. O cadro xalleiro volvía de Sarria cun empate que deixa as cousas aínda moi complicadas, cunha situación semellante á do Deportivo. A Sarriana, rival directo na pelexa polo ascenso, queda agora cun punto de vantaxe, empatado cun Residencia que si perdía. Polo que o cadro xalleiro terá que superar nas dúas xornadas que quedan a un dos dous equipos e evitar que O Val, un punto por debaixo, o supere. Está moi cara a salvación na Preferente pois serán dous os arrastres que veñen da 3ª.

En Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, o equipo de Corredoira non podía vencer ao Calasanz na última xornada e sofre o doble arrastre para caer de novo á liga comarcal. O Vilalbés foi o equipo que salvou a categoría no último suspiro.

Os equipos de 1ª, pensando na Copa

Rematou tamén a 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, e os nosos, xa con todo o peixe vendido, parece que tomaron a xornada de vacacións. Malpica e Soneira empataban no derbi sabatino, quedando nun grupo de 7 equipos en 2 puntos, o que fai que o Malpica sexa finalmente 7º, empatado co Corme, e o Soneira 13º con só 2 puntos menos. O Baio empataba na despedida na casa e quedou finalmente nunha espectacular 4ª praza, mentres o Sofánnon podía cun Lesende necesitado e remata esta Liga na que tantas xornadas estivo de líder na 5ª praza.

A 3ª, tremenda

Está a 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira ben fermosa. Quedan 2 xornadas para o remate e arriba Ameixenda e Coristanco seguen o seu man a man pola segunda praza de ascenso directo. Por detrás, o Nantón vencía ao Lira e intercambian as súas prazas, deixando ao cadro liracho hoxe fóra da Promoción. O Corcubión vencía ao Castrelo e dá un paso adiante, mentres o Muxía caía pero se mantén aí. Os 4 equipos pelexan por 3 prazas e están en apenas 3 puntos, co Corcubión e Nantón cun partido máis.

O Dumbría, doblete en Xuvenís e a polo ascenso

Sufríu o Dumbría ante unha grandísima Esteirana na finalísima da Copa da Costa Xuvenil. O renovado campo de Agra da Filgueira acollía a gran final ante unha gran espectación. E o choque non defraudou. O Dumbría, gran favorito, tomou a iniciativa pero a Esteirana non se amilanou e conseguía levar o partido á prorroga cun fermoso e intenso 3-3. Pero o cadro dumbriés aguantou mellor os minutos e solventou na prórroga marcando ata 4 goles e levando xa o doblete (ou triplete) tras levar xa o campionato da liga regular e o da liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega.
E precisamente ese é o obxectivo dende comezo de temporada dos de Leis e Lobelos, polo que aínda queda moito traballo para rematar esta, ata agora, impecable temporada.

Cee e XSC, campións das Copas da Costa Cadete e Infantil

Fantástica mañá de Fútbol base costeiro en Zas. O campo de San Andrés acollía unha doble final da Copa. Arrincaban os Infantís, e o XSC vencía con contundencia ao Outes sumando así o segundo título da temporada despois de facerse co título de Liga. Toca agora vengar o descenso dos seus cadetes.

De contado arrincaron os Cadetes, unha final igualadísima entre Corme, campión de Liga, e Cee, que tras varias alternancias no marcador, rematou cun 2-3 a favor do cadro ceense, que levantou o título copeiro.

De F8

Remataron as Ligas Sur de F8 tras unha xornada na que xa estaban os títulos decididos, pero agora xa sabemos os 4 que participarán na fase final da Copa da Costa de F8 no Conchido.
Polo Norte quedan 4 xornadas, Cabana e Corme seguen na loita en Alevíns mentres Muxía, Cabana e o Corme fan o propio en Benxamíns.

Os Veteranos, a Oitavos da Copa

E xa temos Oitavos da Copa da Costa de Veteranos. Quedaron atrás algúns equipos fortes, como o Dumbría, que non puido remontar ao Coristanco.


Preferente - Senra Sport, xornada 36

Sarriana1-1Xallas StComba
Dumbría2-2Escairón

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 34

Malpica1-1Soneira
Baio2-2Piloño
Corme1-2Unión
Sigüeiro5-0Esteirana
Sofán0-2Lesende

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 34

Fisterra1-1San Lorenzo
Volantes7-0Camelle
Outes4-3Porteño
Baíñas7-0Seaia
Ponteceso1-2Cabana
Mazaricos2-2Zas
Camariñas4-0Cee
Carnota2-0Montelouro
Buño3-0Castriz

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 34

Ameixenda6-1Muxía
Castrelo0-4Corcubión
Cerqueda1-2Coristanco
Nantón4-3Lira
  • Descansa Laxe.

Copa da Costa Xuvenil, Final

  • Esteirana - Dumbría (3-7)*
    * Na prórroga.

Copa da Costa Cadete, Final

  • Corme - Cee (2-3).

Copa da Costa Infantil, Final

  • XSC - Outes (6-1)

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 34

Dumbría1-3Galicia Caranza
  • O Dumbría mantén a categoría autonómica.

Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 34

Calasanz3-1Xallas StComba
  • O cadro xalleiro perde a categoría autonómica.

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 11

Orillamar4-3Dumbría
  • O Dumbría xa está descendido pero quedan 3 xornadas para o final.

F8 Alevín Costa Norte, xornada 10

Muxía1-7Vimianzo
Cabana11-0Baio
Zas1-2Coristanco
  • Descansa Corme.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 26

Sofán0-2Cee A
Esteirana A11-1Lira
Os Miúdos A2-5Dumbría
Os Miúdos B0-21Fisterra
XSC A4-2Cee B
Esteirana B2-3Dumbría B
As Baleas0-3Outes A

F8 Benxamín Costa Norte, xornada 10

Muxía6-2Vimianzo
Cabana4-0Baio
Zas4-0Coristanco
  • Descansa Corme.

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 26

Os Miúdos A1-2Dumbría
Os Miúdos B1-10Fisterra
XSC A3-4Cee B
Esteirana10-0Lira
Sofán11-2Cee
As Baleas1-3Outes
  • Descansa XSC B.

Copa da Costa de Veteranos, volta da Previa


Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).