O Outes proclámase Campión da Liga da Costa nunha espectacular última xornada de carrusel


Fútbol da Costa en estado puro. Os teléfonos botaron fume nos campos da Costa nesta fin de semana onde o noso carrusel tecnolóxico a través da APP e de www.futboldacosta.com botou fume. Con moitas cousas en xogo, que imos repasando, a atención estaba na última xornada da Liga da Costa, con tres 3 equipos pelexando polo título e pola praza de promoción de ascenso.
E a xornada non defraudou. Goles dende o primeiro minuto, alternancias no marcador e na clasificación, para rematar co Outes como novo campión de Liga e novo equipo da 1ª Autonómica. O cadro de Manu Roque completa así unha magnífica temporada, tan boa como a do Zas de Iván Cancela e o San Lorenzo de Pedro Gómez. Pero se o Zas, tras non poder pasar do empate en Mazaricos, se mete na Promoción e aínda ten opcións de ascenso (o Montelouro o agradecería ca permanencia), o San Lorenzo, que tampouco pasaba do empate en Ara Solis, queda sen premio e só ca Copa como aliciente.
Cómpre destacar as actuacións de Mazaricos, Porteño e Fisterra, que demostraron que o Fútbol da Costa está moi san, pelexando como se fose o descenso nos seus partidos.
Mala xornada en Santa Comba
Foi mala a xornada en Santa Comba. O cadro xalleiro volvía de Sarria cun empate que deixa as cousas aínda moi complicadas, cunha situación semellante á do Deportivo. A Sarriana, rival directo na pelexa polo ascenso, queda agora cun punto de vantaxe, empatado cun Residencia que si perdía. Polo que o cadro xalleiro terá que superar nas dúas xornadas que quedan a un dos dous equipos e evitar que O Val, un punto por debaixo, o supere. Está moi cara a salvación na Preferente pois serán dous os arrastres que veñen da 3ª.
En Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, o equipo de Corredoira non podía vencer ao Calasanz na última xornada e sofre o doble arrastre para caer de novo á liga comarcal. O Vilalbés foi o equipo que salvou a categoría no último suspiro.
Os equipos de 1ª, pensando na Copa
Rematou tamén a 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, e os nosos, xa con todo o peixe vendido, parece que tomaron a xornada de vacacións. Malpica e Soneira empataban no derbi sabatino, quedando nun grupo de 7 equipos en 2 puntos, o que fai que o Malpica sexa finalmente 7º, empatado co Corme, e o Soneira 13º con só 2 puntos menos. O Baio empataba na despedida na casa e quedou finalmente nunha espectacular 4ª praza, mentres o Sofánnon podía cun Lesende necesitado e remata esta Liga na que tantas xornadas estivo de líder na 5ª praza.
A 3ª, tremenda
Está a 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira ben fermosa. Quedan 2 xornadas para o remate e arriba Ameixenda e Coristanco seguen o seu man a man pola segunda praza de ascenso directo. Por detrás, o Nantón vencía ao Lira e intercambian as súas prazas, deixando ao cadro liracho hoxe fóra da Promoción. O Corcubión vencía ao Castrelo e dá un paso adiante, mentres o Muxía caía pero se mantén aí. Os 4 equipos pelexan por 3 prazas e están en apenas 3 puntos, co Corcubión e Nantón cun partido máis.
O Dumbría, doblete en Xuvenís e a polo ascenso

Sufríu o Dumbría ante unha grandísima Esteirana na finalísima da Copa da Costa Xuvenil. O renovado campo de Agra da Filgueira acollía a gran final ante unha gran espectación. E o choque non defraudou. O Dumbría, gran favorito, tomou a iniciativa pero a Esteirana non se amilanou e conseguía levar o partido á prorroga cun fermoso e intenso 3-3. Pero o cadro dumbriés aguantou mellor os minutos e solventou na prórroga marcando ata 4 goles e levando xa o doblete (ou triplete) tras levar xa o campionato da liga regular e o da liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega.
E precisamente ese é o obxectivo dende comezo de temporada dos de Leis e Lobelos, polo que aínda queda moito traballo para rematar esta, ata agora, impecable temporada.
Cee e XSC, campións das Copas da Costa Cadete e Infantil

Fantástica mañá de Fútbol base costeiro en Zas. O campo de San Andrés acollía unha doble final da Copa. Arrincaban os Infantís, e o XSC vencía con contundencia ao Outes sumando así o segundo título da temporada despois de facerse co título de Liga. Toca agora vengar o descenso dos seus cadetes.
De contado arrincaron os Cadetes, unha final igualadísima entre Corme, campión de Liga, e Cee, que tras varias alternancias no marcador, rematou cun 2-3 a favor do cadro ceense, que levantou o título copeiro.
De F8
Remataron as Ligas Sur de F8 tras unha xornada na que xa estaban os títulos decididos, pero agora xa sabemos os 4 que participarán na fase final da Copa da Costa de F8 no Conchido.
Polo Norte quedan 4 xornadas, Cabana e Corme seguen na loita en Alevíns mentres Muxía, Cabana e o Corme fan o propio en Benxamíns.
Os Veteranos, a Oitavos da Copa
E xa temos Oitavos da Copa da Costa de Veteranos. Quedaron atrás algúns equipos fortes, como o Dumbría, que non puido remontar ao Coristanco.
Preferente - Senra Sport, xornada 36
Sarriana | 1-1 | Xallas StComba |
Dumbría | 2-2 | Escairón |
1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 34
Malpica | 1-1 | Soneira |
Baio | 2-2 | Piloño |
Corme | 1-2 | Unión |
Sigüeiro | 5-0 | Esteirana |
Sofán | 0-2 | Lesende |
2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 34
Fisterra | 1-1 | San Lorenzo |
Volantes | 7-0 | Camelle |
Outes | 4-3 | Porteño |
Baíñas | 7-0 | Seaia |
Ponteceso | 1-2 | Cabana |
Mazaricos | 2-2 | Zas |
Camariñas | 4-0 | Cee |
Carnota | 2-0 | Montelouro |
Buño | 3-0 | Castriz |
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 34
Ameixenda | 6-1 | Muxía |
Castrelo | 0-4 | Corcubión |
Cerqueda | 1-2 | Coristanco |
Nantón | 4-3 | Lira |
- Descansa Laxe.
Copa da Costa Xuvenil, Final
- Esteirana - Dumbría (3-7)*
* Na prórroga.
Copa da Costa Cadete, Final
- Corme -
Cee (2-3).
Copa da Costa Infantil, Final
- XSC - Outes (6-1)
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 34
Dumbría | 1-3 | Galicia Caranza |
- O Dumbría mantén a categoría autonómica.
Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 34
Calasanz | 3-1 | Xallas StComba |
- O cadro xalleiro perde a categoría autonómica.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 11
Orillamar | 4-3 | Dumbría |
- O Dumbría xa está descendido pero quedan 3 xornadas para o final.
F8 Alevín Costa Norte, xornada 10
Muxía | 1-7 | Vimianzo |
Cabana | 11-0 | Baio |
Zas | 1-2 | Coristanco |
- Descansa Corme.
F8 Alevín Costa Sur, xornada 26
Sofán | 0-2 | Cee A |
Esteirana A | 11-1 | Lira |
Os Miúdos A | 2-5 | Dumbría |
Os Miúdos B | 0-21 | Fisterra |
XSC A | 4-2 | Cee B |
Esteirana B | 2-3 | Dumbría B |
As Baleas | 0-3 | Outes A |
F8 Benxamín Costa Norte, xornada 10
Muxía | 6-2 | Vimianzo |
Cabana | 4-0 | Baio |
Zas | 4-0 | Coristanco |
- Descansa Corme.
F8 Benxamín Costa Sur, xornada 26
Os Miúdos A | 1-2 | Dumbría |
Os Miúdos B | 1-10 | Fisterra |
XSC A | 3-4 | Cee B |
Esteirana | 10-0 | Lira |
Sofán | 11-2 | Cee |
As Baleas | 1-3 | Outes |
- Descansa XSC B.
Copa da Costa de Veteranos, volta da Previa

Crónicas da semana
- Xa temos finalísimas das Copas de Xuvenís, Cadetes e Infantís.
- Ligas Galegas: O XSC necesita a vitoria na última xornada para salvarse.
- 3ª Autonómica: O Coristanco alcanza ao Ameixenda prevendo unha fermosa loita polo ascendo directo.
- 1ª Autonómica: Con pouco en xogo.
- Preferente: O XSC métese en líos.
- Copa da Costa: Os equipos da Preferente non teñen a Copa gañada.
- Resultados e análise dunha xornada de títulos, descensos e moita emoción no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Alberto Pose: O premio á eterna humildade.
- O libro dos 50 anos do Fútbol da Costa ten novas citas nas comarcas de Bergantiños e Fisterra.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).