O Pindo leva as cores branquiazuis a Lugo e Soria


Non para a Peña Deportivista A Moa do Pindo, e neste treito final da temporada de regreso á 1ª División estará co Deportivo tanto en Lugo como en Soria. Por iso queren facer un chamamento ás 21 peñas deportivistas da Costa da Morte> para que contacten con eles por se queren ir de viaxe co equipo./p>
A viaxe a Lugo segue en marcha. Este sábado arrincarán 40 veciños da zona (carnotáns, muxiáns, dende Baíñas…) nun bus, dos que 30 acompañarán ao cadro coruñés nesta fermosa viaxe de confraternización cun clube irmán, ademais. Pero a peña costeira segue en marcha e xa prepara a viaxe a Soria para presenciar o partido Numancia-Depor. A saída será o 24 de maio, e a volta o día seguinte.Novas relacionadas
Máis novas
Fonte