Domingo. 03.03.2024
El tiempo

O Volei Dumbría mantén a xeira e celebra a convocatoria de 13 xogadores á Selección Galega

O Volei Dumbría mantén a xeira e celebra a convocatoria de 13 xogadores á Selección Galega
Os Cadetes do Voleibol Dumbria arrasan e van 9 xogadores a seleccion galega

Continúan os bos resultados no voleibol da comarca con outro "tres de catro" obtido esta fin de semana ante o Emeve de Lugo, e repetindo a marca da semana pasada.

Ademais, a semana vén marcada pola convocatoria de varios xogadores coas Seleccións Galegas.

Infantil femenino

  • Resultado: Manuela Rial - Emeve (3-1).
  • Parciais: (25-19, 15-25, 25-13, 28-26).

A primeira das victorias foi no partido das infantís do Manuela Rial nun partido moi disputado no que venceron con comodidade no 1º e 3º set e perderon claramente no 2º. 0 4º, á postre decisivo, comezou coas lucense por diante e seguiu cunha gran remontada por parte do equipo local. Nos últimos puntos, moi axustados, o partido decantouse cara as nosas xogadoras. Con este resultado as infantis sitúanse 5º na clasificación.

Cadete masculino

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Emeve (3-0).
  • Parciais: (25-10, 25-18, 25-11).

Vitoria clara dos líderes da categoría ante o segundo equipo máis forte da liga. O equipo cadete non fallou e amosou variedade de ataques que non puideron superar os lugueses.

Infantil masculino

  • Resultado: Manuela Rial - Emeve (3-0).
  • Parciais: (25-11, 25-17, 25-17).

Vitoria clara tamen dos infantís que amosaron un equipo máis acoplado e ben disposto cos de Lugo.

Xuvenil masculino

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Emeve (0-3).
  • Parciais: (22-25, 12-25, 20-25).

A derrota da xornada chegou das mans dos xuvenís que so competiron no 1º set, pero o bloqueo local non foi capaz de parar o ataque visitante e marcharon no marcador con claridade.

Vindeira xornada

Esta fin de semana largo só hai un partido, o que disputaran as infantís do Manuela Rial en Pontevedra o sábado 7 as 16:30 h.

Xornadas de adestramento das Seleccións Galegas

Esta ponte aproveitase para ter a primeira toma de contacto cos rapaces para preparar os equipos galegos en vista do Campionato de España por seleccións Autonómicas que se disputara en Semana Santa.

Nesta convocatoria adestraran en Noia as infantís Natalia Lado e Marta Cespón e os cadetes Manuel Marcote, David Redonda, Marco Lado, Gabriel Trillo, Juan Bautista Marcote, Alberto Sampedro, Samuel Sambade, Javier Rey e Xabier Pérez.
En Lugo adestraran os infantís do Manuela Rial Unai Larrañaga e Manuel Costa.

Unha convocatoria que demostra o potencial costeiro na materias.

Máis novas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios