O Volei Dumbría non puido facerse co título galego pero disputará o Campionato de España


Novo subcampionato galego da familia do Voleibol Dumbría tralo acadado polos infantís do Manuela Rial Mouzo. O Voleibol Dumbria non puido acadar o titulo de campion galego cadete o perder na final ante o Burgas de Ourense, nunha Gran Fase Final celebrada o pasado sábado en Corcubión.
Un subcampionato que lle vale ao equipo dumbriés para disputar o campionato de España, que se celebrará en Badajoz do 19 o 23 de xuño.
Fase Final
A xornada matinal do torneo autonómico cumpriu cos prognósticos, e os dous grandes favoritos fixéronse cos billetes á final. O campión da Fase Regular e anfitrión da competición, o Voleibol Dumbría e o subcampión (empatado a puntos) da liga, o Burgas Volei desfixéronse sen problemas dos seus adversarios en semifinais, IES Ames e Emevé respectivamente, aos que venceron co mesmo resultado final de 3 a 1.
Tras o choque polo bronce que gañou o Emevé tras un longo e igualado partido que se resolveu no tie break, chegou o momento da pulso polo cetro autonómico entre os dous grandes dominadores da competición na tempada 2012-2013.
A grandísima final

A vantaxe dos dumbrieses no primeiro set, que rematou 25 a 18, parecía decantar o partido do lado local, sen embargo a reacción dos ourensáns no segundo parcial (21-25) mudou por completo o rumbo do choque que chegaría a súa máxima igualdade na terceira manga, a que definiría o desenlace da final. Despois dun traballadísimo set por parte de ambos conxuntos a chave do partido quedaría en mans dos ourensáns co 25 a 27 final.
Non se renderon os da Costa da Morte, e o cuarto segueu a mesma tónica de igualdade que levara todo o partido. Pero o Burgas Volei foi máis definitivo que o Voleibol Dumbría nas últimas accións do set e sentenciou a final 22 a 25, erixíndose como o novo Campión Galego Cadete.
Novas relacionadas
- O Manuela Rial Mouzo, subcampión galego infantil de voleibol.
- O Manuel Rial de Volei triple campión interzonal.
- 13 xogadores do Volei Dumbría nas Seleccións Galegas.
- Os Cadetes do Volei Dumbría tamén son Campións da Liga Galega.
- Os infantís do Manuela Rial xa son Campións da Liga Galega de Volei.
Máis novas
- Dumbría prepara un verán deportivo de vertixe.
- Dumbría é Deporte.
- 2012: O Volei costeiro entre os 9 mellores de España.
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.