Os amantes ao ciclismo teñen unha BTT en Dumbría e unha cita biomédica en Cee
Varias novas interesantes estes días arredor do ciclismo costeiro. Ruta BTT en Dumbría, apertura de prazo para o Desafío do Atlántico e charla biomédica en Cee
Ruta BTT en Dumbría
Este domingo 16 de marzo terá lugar a IV Ruta BTT de Dumbría, xa unha referencia en todo o país. Un total de 407 ciclistas percorreran un boa parte dos montes das distintas parroquias dumbriesas. Gran cantidade de clubs de toda a Comunidade estarán presentes nesta edición, na que coma non cada ano medra en número de participantes, na primeira edicion comezamos con 200, catro anos despois , esta cifra duplicase.
Facendo unha cronoloxia horaria da marcha, comeza co habitual reparto de dorsais, dende as 8,15 nas instalacións deportivas do Conco, ás 9,45h saída, peloton controlado polas vías principais de Dumbría, cemiterio de cores, pedra do Brazal, muiños e fontes peculiares, vistas de Fisterra, monte Pindo, lugares coma Paradela, Hospital, San Cremenzo donde se realizara o avituallamento, alto de Miñons etc. En total 40km, para todolos gustos, con trazados tecnicos, baixadas trialeras, pistas de eolicos e coma non algunha que outra subida importante. O tempo de duraciín para completar o percorrido calculamos entre 3h e 4h, dependendo da preparacion de cada deportista. Unha vez que chegan as instalacions deportivas, os corredores desfrutaran dunha comida popular.
Para que todo se desenvolva con normalidade, a organización conta cos seguites medios: 1 moto, 11 quads, 2 pick up, 1 ambulancia, proteccion civil, furgoneta avituallamento, así coma un total de 40 traballadores entre persoal do Concello, voluntarios membros do club ciclista Dumbría e Protección Civil. A cota de inscricion e de 10€, e inclúe: sinalización, avituallamento, lavado de bicicletas, ducha, agasallo conmemorativo e comida.
A marcha esta organizada polo Concello de Dumbria en colaboracion co club ciclista Dumbria.
Apertura de inscricións do Desafío do Atlántico
A menos de tres meses da celebración da segunda edición do Desafío do Atlántico, chega o momento das inscripciones. Haberá un primeiro prazo con cota reducida e a continuación, un segundo prazo con cota normal. Ademais, para todos aqueles que acrediten estar parados, haberá unha rebaixa na mencionada cota.
O primeiro prazo abrirase este venres 14 de marzo e estenderase ata o domingo 13 de abril, ambos días incluídos. O custo neses trinta días será de 15 euros. A continuación, o luns 14 de abril abrirase un segundo prazo de inscripción que se alargará ata o mércores 4 de xuño, a só uns días da marcha cicloturista. En este segundo periodo, a cota será de 20 euros.
Charla Biomédica en Cee
"Biomecánica e prevención de lesións aplicada ao ciclismo". Ese é o título da charla que terá lugar este sábado 15 a partir das 16:00 horas no salón de actos do Concello de Cee (2º andar).
Adolfo Vigo, biomecánico que dende fai varias semanas está a facernos estudios biomecánicos a moitos dos socios do Club Ciclista Cee, impartirá unha conferencia sobre Biomecánica e prevención de lesións aplicada ó ciclismo.
Novas relacionadas
- Carnota pensa na II Carreira Viquinga e a III Ruta BTT para a Semana Santa.
- A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría.
- Un 2014 sen Vuelta pero cun gran Desafío del Atlántico.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).