mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os arqueiros Irmandiños destacan no Campionato Galego

Os arqueiros Irmandiños destacan no Campionato Galego

Gran fin de semana para os arqueiros/as da comarca de Soneira, demostrando que o sangue irmandiño aínda percorre as súas veas. Os clubs Dousxsetenta de Vimianzo e Su A Agra de Baio participaban no Campionato Galego de tiro con arco en Sala disputado en As Somozas. Os primeiros remataban con con catro podios: un campión galego, dous subcampións e un terceiro posto. Ademais, completou a alegría un baiés, que se proclamou flamante campión galego, por 3ª vez.

4 podios vimiaceses

O equipo Dousxsetenta no Campionato Galego de Tiro con Arco O equipo Dousxsetenta no Campionato Galego de Tiro con Arco

O Club Dousporsetenta participou en varias categorías. En categoría esquío masculino Sergio Platas foi segundo, mentres que Dylan Ramírez quedou na terceira posición. Así mesmo en benxamín feminino Paula Vázquez acadou a primeira posición, por diante de María Lema que quedou segunda clasificada. Aínda que os nosos pequenos arqueiros/as competiron moi ben, estas dúas categorías quedaron desertas xa que non se acadou o número mínimo de participantes para declaralas oficiais.

Maria Lema e Paula Perez do Club Dousporsetenta María Lema e Paula Pérez do Club Dousporsetenta

Mención especial merece a categoría benxamín masculino, na que os nosos arqueiros coparon as tres primeiras prazas cunha gran actuación de Yago García que se proclamou Campión Galego por segundo ano consecutivo. Acompañárono no podio Pablo Rodríguez, subcampión galego, e Manuel Gómez, terceiro clasificado. Nesta categoría tamén participaron Iker Sambade (quinto) e Anxo Trillo (sexto).

Na categoría alevín Rafa Martínez acabou en sexta posición e Paula Pérez foi quinta.

Nesta edición o club Dousxsetenta participou por primeira vez na súa historia con catro arqueiros en categoría infantil. Nesta categoría a competición é un pouco distinta que as anteriores, xa que se disputan dúas fases: a primeira fase é a clasificatoria, e a segunda son as eliminatorias. En categoría masculina participaron Xabier Lemus, Marcos Esperante e Jose Vázquez. Marcos e Jose acabaron cuarto e sétimo respectivamente, clasificándose os dous para cuartos de final. Desgraciadamente ningún foi quen de superar esta eliminatoria, aínda que os dous fixeron un excelente torneo.
En categoría feminina Isabel Santos non tivo opcións para meterse nas eliminatorias, mentres que Laura Ramos foi de menos a máis na fase de clasificación, acabando nunha segunda posición que lle permitía acceder ás eliminatorias. Na semifinal superou á súa rival cun cómodo 6-0. Xa na final, enfrontouse a Eva Álvarez nunha disputada eliminatoria que non se decidiu ata a última frecha cun resultado de 6-4 para Eva. Así pois Laura proclamouse subcampiona galega, repetindo o acadado no ano anterior en categoría alevín.

Xa o domingo desprazouse ata As Somozas Esther Insua, única representante do club en categoría sénior. Sen moitos adestramentos, o seu obxectivo era acumular experiencia e disfrutar do torneo, cousa que fixo. Polo tanto obxectivo cumprido.

Un baiés, Campión Galego

Santi Soneira campion Galego de Tiro con arco con Su A Agra copia Santi Soneira campión Galego de Tiro con arco con Su A Agra

Non para Santi Soneira. O 5º mellor arqueiro en Arco Espido de toda España quedou Campión Galego. O baiés, tras clasificarse para as eliminatorias foi gañando todos os enfrontamentos ata chegar a final na que se xogaba o 1º posto contra Jesús Angel Budiño de Arco Teucro, resultando finalmente Campion Galego de Arco Espido en Sala 2016. Revalidando o titulo conseguido tamén o ano pasado e sendo a 3ª vez que se proclama Campion de Sala da modalidade.

Ademais, participaron 3 arqueiros do clube Su A Agra: Mario en categoria infantil recurvo, Brais e Andrés en categoria cadete, a súa participación foi para acumular experiencia en campionatos xa que ningún deles logrou pasar o corte para acceder as eliminatorias.

Ao campionato de España

Non quedan aí as participacións. Este sábado 17 de xaneiro de 2016 terá lugar en Langreo o Campionato de España de Arco Tradicional de Espido. Aí estará Santi Soneira, ao que podedes seguir en directo dende o canle de Youtube da Federación Española de Tiro Con Arco.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios