Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival
Xa sabedes que cada mércores actualizamos os horarios da fin de semana en www.futboldacosta.com. Pois por aí enteraranse moitos clubs dos seus partidos, sobre todo nas categorías inferiores, despois da última reunión. Hoxe xa recibíamos algunha queixa dalgún club que descubríu o seu novo horario por aquí, ou pola web da Federación, pero é que agora é así o procedemento.
aQueixas, se cadra, non comprensibles, unha vez que se prantexou na reunión e ningún club alzou a voz para protestar.
Se ben nos maiores aínda hai que pedir permiso para cambiar o horario dos partidos aos sábados (un club pode poñer un partido o domingo pola mañá sen avisar ao rival), en categorías base cambia a cousa.
En Xuvenís, o club de casa pode cambiar o horario sen consultar, nin sequera avisar, ao rival, sempre que sexa na franxa entre o sábado pola tarde e o domingo pola mañá.
En Cadetes e infantís, os equipos teñen de marxe sábado pola mañá, sábado pola tarde e domingo pola mañá, eso si, nin antes das 10:00h nin despois das 19:00h, para poñer o horario que mellor lle conveña.
O equipo rival ten a obriga de mirar a intranet de www.futgal.es para enteirarse.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- Sieso firma polo Muxía e o XSC queda sen Capelo e Arnejo.
- Xuvenís: Os Miúdos frean ao Dumbría mentres Coristanco e Cabana seguen firmes.
- 3ª Autonómica: O Lira ponse ao mando.
- 2ª Autonómica: 7 en cabeza.
- 1ª Autonómica: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente.
- Preferente: Sumando.
- Resultados e análise da primeira xornada de outono.
Novas relacionadas
- Últimos días para inscribirse no Curso de Adestradores Nivel 1 de Carballo.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).