Os e as maiores do ACB avanzan a ritmo de vitoria
Boa semana para a familia do ACB Costa da Morte con 8 equiops en liza. E a atención posta nos Senior, que seguen aferrados á categoría e volveron gañar na fase por evitar o descenso dando un gran salto.
Ademais, as maiores do ES Bazarra sumaban unha nova vitoria a pesar de non facer un gran partido.
3ª División Sénior Masculina, Liga Descenso, Gr. Centro, Xornada 2º
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - FONTIÑAS (61-58).
- Parciais: 5-18; 16-5; 23-18; 17-17 (Acumulado: 5-18; 21-23; 44-41; 61-58)
- ACB COSTA DA MORTE: Iván, 9 ptos; Deril, 10 ptos; Fabián, 13 ptos; Manuel, 5 ptos; Tinín, 10 ptos – quinteto inicial - ; José, 0 ptos, Sergio, 14 ptos (4 triplas).
- Eliminados con 5 faltas: José e Tinín.
Partido no que no primeiro cuarto o fallo no tiro permitiulle o equipo visitante irse no marcador cunha vantaxe de 13 puntos, e xa parecía que estaba roto o encontro. Pero no 2º cuarto, cun maior acerto no tiros, e un bo traballo defensivo permitiron o equipo de Cee recortar as diferencias no marcador para acabar con tan só dous puntos abaixo o chegar o descanso.
Tralo descanso, chegou o remate ó bo traballo do 2º cuarto conseguindo o equipo local poñerse por primeira vez por diante no marcador, algo que conseguiu manter ata o final do partido, tendo nalgún momento vantaxes de 8-10 puntos para que a falta de 2 minutos a diferenza quedara recortada a tan só tres puntos. Segundos finais con emoción que nesta ocasión permitiron o equipo da costa da morte sumar a sua segunda vitoria neste grupo.
2ª División Sénior Feminina - 21ª xornada
- Resultado: LARACHA – E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE (26-42).
- Parciais: 5-14; 5-6; 11-7; 5-15 (Acumulado: 5-14; 10-20; 21-27; 26-42)
- ACB COSTA DA MORTE: Yaiza, 10 ptos; Esther, 8 ptos; Fani, 2 ptos; Melisa, 6 ptos; Sandra, 8 ptos – quinteto inicial- Lidia, 6 ptos; Andrea, 2 ptos; Goretti, 0 ptos.
Partido no que o mellor de todo foi o resultado. Moi espesas no xogo as de Cee, notándose quizais o parón de 3 semanas sin xogar partido de liga. No 1º cuarto as diferenzas rondaban os dez puntos a favor das rapazas do Acb Costa da Morte, e mantíñanse no 2º, pero no 3º cuarto as de Laracha foron reducindo, a diferenza para chegar no último cuarto a poñerse, a falta de 4 minutos, a tan só 5 ptos. Nestes últimos minutos, con unha defensa mais agresiva, as rapazas de Cee romperon o partido, escapándose no marcador para o final chegar a 16 puntos de diferencia o final do partido.
2ª División Cadete Feminino, 2ª Fase, A2- 5ª Xornada
- Resultado: SANTA MARIA DEL MAR – ABACO ACB COSTA DA MORTE: (37-48).
Partido no que as rapazas de Cee acudiron con tan só 5 xogadoras, e aínda así sacaron un título.
2ª División Cadete Masculino, 2ª Fase, A3- 9ª Xornada
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – BASQUET CORUÑA 98 B: (95-46).
- Parciais: 32-5; 20-12; 28-16; 15-13 (Acumulado: 32-5; 52-17; 80-32; 95-46)
- ACB COSTA DA MORTE: Santi, 19 ptos; Cristian Marcote, 8 ptos; Pedro, 30 ptos; Nando, 6 ptos; Felipe, 26 ptos – quinteto inicial - Luciano, 2 ptos; Adrián, 4 ptos.
2ª División Cadete Masculino, 2ª Fase, A3- 6ª Xornada
- Resultado: COMPAÑÍA DE MARIA - ACB COSTA DA MORTE (60-45)
Derrota dos rapaces de Cee no último partido da fase xogado o domingo 14. Mal partido ante un equipo que no inicio do encontro tivo un alto porcentaxe de acerto no tiro.
2ª División Infantil Masculino -AB3 - 2ª Fase, 3ª xornada
- Resultado: FERROL BALONCESTO MESON O ESCUDO - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (52-37).
- Parciais: 13-10; 13-9; 13-9; 13-9 (Acumulado: 13-10; 26-19; 39-28; 52-37)
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Anxo, 0 ptos; Luciano, 3 ptos; Tomás, 10 ptos; Adrián, 14 ptos; Christian Vázquez, 10 ptos – quinteto inicial-.
Partido no que tan só foron cinco infantis, e no que deron a cara en todo momento, pero o cansancio pesou na segunda mitade onde no inicio do 3º cuarto a falta de acerto facilitou o despegue no marcador do equipo de Ferrol e os de Cee xa non foron capaces de recortar as diferenzas.
2ª División Infantil Feminino - 16ª xornada
- Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - CALASANCIAS (13-29).
- Parciais: 2-7; 5-8; 2-12; 4-2 (Acumulado: 2-7; 7-15; 9-27; 13-29)
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Carmen María, 4 ptos; María, 2 ptos; Fátima, 4 ptos; Andrea, 0 ptos; Lucía, 3 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Cintia, 0 ptos; Ainoa, 0 ptos; Sambad.
A pesar do resultado, un moi bo partido o xogado polas infantis do club, no que a falta de acerto no tiro das de casa marcou o resultado final.
Categoría Minibasket Masculino, Fase A2 - 9ª/10ª Final
- Resultado: E.M. ABEGONDO – FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (41-50)
Vitoria dos “peques” do club no seu último partido.