Os infantís do Manuela Rial xa son Campións da Liga Galega de Volei
Segue o deporte dumbriés dándonos alegría tras alegría. O equipo infantil do colexio Manuela Rial Mouzo, pertencente ao club Voleibol Dumbría, conseguiu esta fin de semana finalizar en primeira posición da fase regular da Liga Galega de voleibol. Coa súa vitoria ante o Xuvenil Teis de Vigo por 3-2 con parciais de 25-17, 22-25, 22-25, 25-8 e 15-10, o equipo dumbriés consegue por segundo ano consecutivo proclamarse campión da máxima competición a nivel autonómico.
Coa vitoria deste fin de semana, o equipo sumou un total de 13 vitorias e tan só 1 derrota, cedendo tan só 11 sets en toda a competición. Os adestradores Luís Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga están moi contentos co rendemento deste novo equipo, xa que a maioría deles participaban por primeira vez en devandita competición.
Aí toca darlles protagonismo aos xogadores, e o plantel está formado por Javier Rei e Kevin Paz como colocadores, Juan Bautista Marcote como opuesto, Alberto Sampedro, Marco Lado e Manuel Costa como centrais e Unai Larrañaga, Samuel Sambade, Mathieu Campetella e Juan Pedro García como receptores.
A polo Campionato Galego e o de España
Agora afrontarán o reto de repetir vitoria no Campionato Galego que terá lugar en sé aínda por determinar, a fin de semana do 20 ou 21 de abril. Neste campionato o rival en semifinais será de novo o Xuvenil Teis de Vigo, mentres que a outra semifinal xogarana o Emevé de Lugo contra o Santa María do Mar da coruña.
Deste Campionato no que participan os 4 primeiros clasificados da Liga Galega, sairán os dous equipos que representarán a Galicia no Campionato de España que terá lugar en Cuenca do 22 ao 26 de maio, no que esperan repetir participación trala meritoria 9ª praza conseguida o ano pasado no Campionato de España celebrado en Guadalajara.
Novas relacionadas
- O Volei Dumbría xógase este domingo dous campionatos galegos na casa.
- Os xuvenís do Volei Dumbría continúan crecendo.
- O infantís do Manuela Rial achéganse ao título da Liga Galega.
- As cadetes do Volei Dumbría seguen mellorando.
- Os equipos infantís dan alegrías ao volei costeiro.
- Tamén gañan os xuvenís do Volei Dumbría.
- O infantil do Manuela Rial afianza o liderato na galega.
- A canteira do volei do Manuela Rial segue funcionando.
- Só os cadetes do Volei Dumbría superan ao potente Emeve de Lugo.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido coas xogadoras do Volei Xiria.
- O Volei costeiro remata a primeira volta arriba no podio.
- Xornada de derrotas para o volei dumbriés.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- Boa semana do voleibol costeiro que mantén 2 lideratos.
- Mala semana para as mozas do volei costeiro nas Ligas Galegas.
- Importante vitoria das cadetes do Voleibol Dumbría.
- Xornada completa para os equipos de volei da zona.
- Os infantís do Manuela Rial de volei seguen imparables.
- Unha xornada de volei con sabor a reflexión.
- Meritorias vitorias dos cadetes e infantís do Volei costeiro.
- O Volei Dumbría nota o cambio de categoría na súa estrea.
- Dumbría é Deporte.
- O Volei costeiro entre os 9 mellores de España.
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.