sábado. 15.03.2025
El tiempo

Os peque-arqueiros de Vimianzo gozaron dunha completa viaxe a Pamplona

Os peque-arqueiros de Vimianzo gozaron dunha completa viaxe a Pamplona
Dousxsetenta en Pamplona Expedición do Dousxsetenta en Pamplona

Menuda experiencia!! Son cousas que serven para agradecer toda a constancia, a ilusión, o empeño e o tempo que un pon nunha determinada cousa. Son premios que ofrece o deporte e que hai que disfrutar ao máximo. Así o concebiron os rapaces do Club Dousxsetenta que acodiron a Pamplona a participar no Campionato de España de Tiro con Arco en Sala 2017 para cadetes e menores de 14 anos. E a gozar dunha viaxe en familia, claro.

Jose, Marcos e Laura non fixeron o mellor campionato, chegaron a Dezaseisavos de final, e mesmo os dous primeiros bateron as súas mellores marcas. E estiveron a punto de dar un paso máis, pero o importante é que souberon competir ata a última frecha e foron eliminados por arqueiros tremendamente experimentados.

Dousxsetenta en Pamplona 2

Vindeira proba

Xa pensan os vimianceses no campionato Galego de aire libre e tamén o de España que será en Valdoviño.

O que tamén espera afiando o arco é Santi Soneira, despois de gañar o campionato galego, para acodir á Ávila os días 4 e 5 de marzo ao Campionato de España de Arco Tradicional e Espido en Sala.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Dous x Setenta.

Comentarios