Os vellos roqueiros toman os pichichis


Como nos gusta facer estes repasos mensuais dos pichichis do Fútbol da Costa. Menudos nomes que aparecen no alto das táboas, que tomamos dos datos da Federación, pero tamén da contabilidade de Luís Porto, que consideramos máis fiables, precisamente porque os fai a raíz das crónicas QPC, e semana tras semana así o comprobamos cos adestradores da volta.
Fixadevos que nomes atopamos no máis alto das táboas, hai goleadores que nunca decaen.
Pichichis costeiros da Preferente, Grupo Norte

Quen aparece se non nos primeiros postos da Preferente. Doro, o dianteiro do XSC suma 6 goles, a 5 do pichichi, Adrián Quintela, do Sada. Os primeiros dumbrieses pola zona alta son os “Adriáns”. Adrián Nieto e Adrián Makaay levan 4 tantos cada un.

Pichichis da 1ª Autonómica

Menudos nomes aparecen no alto da táboa dos pichichis costeiros. O baiés MC é o máis destacado xa, cunha xeira tremenda nos últimos partidos, e xa case alcanza ao pichichi da categoría, Aitor, do Agolada, con 10 tantos, só un máis que o baiés. Atentos ao cormelán Alejo, 3º na táboa, a pesar do baixón do Corme nos dous últimos meses.

Goleador | Equipo | Goles |
MC | Baio | 9 |
Alejo | Corme | 7 |
Iván Rojo | Sofán | 6 |
Javito | Soneira | 6 |
Cololo | Malpica | 5 |
Raúl | Sofán | 5 |
Basti | Soneira | 4 |
Róber Pladur | Esteirana | 4 |
Brais | Baio | 3 |
Alex | Esteirana | 3 |
Pablo | Esteirana | 3 |
Bertín | Sofán | 3 |
Pesco | Esteirana | 3 |
Bieiro | Baio | 3 |
Pichichis da Liga da Costa

Piti está a ser o gran protagonista da temporada na Liga da Costa. Ademais dos seus goles, máis de 1 por partido, o muradán xa ten protagonizado escenas de xogo limpo que quedarán para o recordo.
O seu compañeiro Piti tamén leva unha media de 1 gol por partido, ao que case chega Javi Suárez, que xa saca a cabeza pola parte da clasificación, como o cabanés Iván Mato, que no seu primeiro ano como modesto, xa está aí arriba.
Pero ollen todos os nomes, que non hai perda:
Goleador | Equipo | Goles |
Piti | Volantes | 15 |
Espi | Volantes | 11 |
Javi Suárez | Baíñas | 10 |
Iván Mato | Cabana | 9 |
Molinos | Mazaricos | 8 |
Charro | Buño | 8 |
David Agra | Castriz | 8 |
Juni | San Lorenzo | 8 |
Chinda | Castriz | 7 |
David Blanco | Zas | 7 |
Matías | Buño | 7 |
Leo | Cee | 7 |
Luís | Castriz | 6 |
Parafita | San Lorenzo | 6 |
Álex Figueiras | San Lorenzo | 6 |
Javi Pensado | San Lorenzo | 6 |
Yuyo | Camariñas | 6 |
Roco | Fisterra | 5 |
Luís | Baíñas | 5 |
Josiño | Cabana | 5 |
Chenel | Mazaricos | 5 |
David | Outes | 5 |
Pejo | Porteño | 5 |
Eloy Cabeza | Baíñas | 5 |
Cristian Canosa | Porteño | 5 |
Pichichis da 3ª

Outro vello rockeiro, o nantonés Luís, xa manda na táboa de goleadores da 3ª da Costa. Pero sño cun gol de vantaxe con outro mítico dianteiro costeiro, o corcubionés Mario, este ano ás ordes do seu Manolín neste arrolador Ameixenda.

Goleador | Equipo | Goles |
Luís | Nantón | 11 |
Mario | Ameixenda | 10 |
Darío | Cerqueda | 8 |
Dani Pose | Laxe | 7 |
Juan Lagoa | Coristanco | 6 |
Cristian | Ameixenda | 6 |
Sebas | Corcubión | 5 |
Yanki | Lira | 5 |
Martín | Cerqueda | 5 |
Oli | Lira | 5 |
Gonzalo | Coristanco | 5 |
Lema | Corcubión | 5 |
Alex | Ameixenda | 4 |
Samu | Laxe | 4 |
Sergio | Muxía | 4 |
Roi | Castrelo | 4 |
Javi Floreal | Corcubión | 4 |
Pichichis dos Xuvenís


Case 2 goles por partido suma Javi Antelo no seu Camariñas, aos que habería que sumar os anotados na Liga e na Copa da Costa cos maiores, como esta semana que anotou na ponte 4 tantos. Non para este rapaz, que saca 4 goles ao outro protagonista da táboa, o dumbriés Juan de Dora, que con 21 xa leva unha boa liña.
Polo sur hai que ter ollo con esa dupla diabólica esteirá, os Pablo e Juan que xa suman 26 goles entre ambos. Mentres polo Norte o pontecesán Eloy Álvarez é o que máis está desputando nas últimas xornadas.
E mágoa para algún, pois Marcote, xa habitual na Preferente, non pode seguir anotando na súa categoría, ou Veleiro, punta do Outes que leva dous meses lesionado.
Goleador | Equipo | Goles |
Javi Antelo | Camariñas | 25 |
Juan de Dora | Dumbría | 21 |
Eloy Álvarez | Ponteceso | 15 |
Pablo Pailos | Esteirana | 13 |
Juan | Esteirana | 13 |
Adri Lema | Laxe | 12 |
Veleiro | Outes | 8 |
Marcote | Dumbría | 8 |
Sergio Barbeira | XSC | 8 |
Maikel | Porteño | 7 |
Andrés | Zas | 7 |
Santi | Outes | 7 |
Sergi | Camariñas | 7 |
Adrián | Porteño | 7 |
Novas relacionadas
- 20-11-14: Un repaso a todos os pichichis do Fútbol Base da Costa.
- 05-11-14: Un repaso a todos os pichichis da Costa.
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Xuvenís: Unha loita aberta cando faltan 4 partidos.
- Ligas Galegas: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- Copa da Costa: Ameixenda e Camariñas superan a Previa.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda non ten parada.
- 2ª Autonómica: O San Lorenzo amosa o seu poderío e o Ponteceso saca a cabeza a costa do Montelouro.
- 1ª Autonómica: Uns gañan e outros perden.
- Preferente: O XSC caza ao Dumbría.
- Resultados e análise desta xornada da ponte de decembro.
- Pablo Varela: Una tarde al lado de Frank Lampard.
- Xa temos Cadro da Copa da Costa 2015.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).