Luns. 29.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Ameixenda e Camariñas superan a Previa

Copa da Costa: Ameixenda e Camariñas superan a Previa
O Ameixenda superou a Previa da Copa da Costa ante o Nanton

Xa está en marcha a Copa da Costa 2015. Este luns 8 de decembro disputábanse dúas das tres eliminatorias previas, polo que xa case que temos os dezaseisavos listos. Teremos que esperar ao 28 de decembro, cando Corcubión e Cabana diriman as súas forzas para ver quen sen enfronta ao Ameixenda, que superaba con apuros a un bo Nantón.

No outro lado do cadro, o Camariñas sufría para vencer ao Cerqueda, e será o Malpica o seu rival na seguinte rolda, que non empezará, e xa a doble partido, ata marzo.

Ameixenda - Nantón (1-0)

11 do Ameixenda
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge, Miro, Samuel, Javichu, Antón Lestón (David, min.70), Jesús, Bichiño (Mateo, min.63), Demetrio (Borja, min.63), Cristian e Víctor.
11 do Nanton en Cee
  • NANTÓN: Guille, Dani Costa, Eloy, Martín, Diego, Patelele, Lareu, Raúl, Dani B., David e Iván.
  • Gol: 1-0, min.71: Cristian.

Segue intratable este Ameixenda de Manolín tamén na Copa. O Nantón voltaba saír moi xusto de efectivos, con baixas tan importantes como a de Luís, e malia prantexar un partido moi serio non puido facer dano á seria defensa cense, que leva encaixados só 8 goles no que levamos de temporada.

Dominaba o cadro local ante un Nantón replegado atrás. Tiveron varias claras na primeira metade os Cristian e Víctor, pero sen acerto.

Ao comezo da segunda, o Nantón colleu despistada á defensa ceense e tivo ata 3 ocasións para poder adiantarse. Foi recuperando o control do xogo o Ameixenda, ata que nunha xogada onde pilla á zaga cabanesa descolocada Cristian facía o gol da vitoria. Tería o Ameixenda a ocasión de facer o segundo de penalti, pero acertou Guille a paralo. O marcador xa non se movería aínda que o Nantón intentouno ata o último minuto.

Completou así Cristian un hattrick na ponte, despois dos cous tantos endosados en liga ao Laxe.

Cristian protagonista na fin de semana do Ameixenda

Cerqueda - Camariñas (1-2)

Cerqueda-Camarinas da Copa
  • CERQUEDA: Ángel, Pedro (Sergio, min.38), Dani, Pablo (Atu, min.46), Javi Pazos, Uru (Javi, min.75), Jhonny, Dani Añón (Xabi, min.46), Darío, Luchi e Martín.
  • CAMARIÑAS: Pablo, Denís, Martín, Pose (Saviola, min.46), Nico, Piti, David, Ismael, Sule (Brais, min.80), Javi (Martín, min.60) e Yuyo.
  • Goles: 1-0, min.23: Martín; 1-1, min.25: Javi; 1-2, min.35: Isma.
  • Expulsións: os camariñáns Yuyo e Piti na segunda metade.

Partido bastante igualado, e bronco, con moito cansanzo nos dous equipos polos dous partidos na mesma fin de semana. Foi un choque lixeiramente dominado polo cadro local, no que non se notou a diferencia de categoría, pero non tivo moitas ocasións, con moitas faltas.

Comezaba o Cerqueda máis entonado, e Martín adiantaba aos seus con este tanto:

Pero de contado, en apenas un minuto, o Camariñas marcou dous goles, o primeiro de vaselina de Javi, nunha falsa saída do porteiro, e o segundo de remate de cabeza nunha falta por medio de Isma.

O Camariñas recuou na segunda, pero o Cerqueda non era quen de facer moito dano. Javi, Luchi e Martín si que puideron conseguir a igualada pero o marcador non se moviu, a pesar de que os camariñáns remataron con 9. Uns camariñáns que protestaron insultos racistas dende a cantina cara o xogador Martín, un detalle que non ven a conto nunca, e menos, estes días.

Cerqueda-Camarinas na CopadaCosta -Foto-UD

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios