Luns. 29.04.2024
El tiempo

Preferente: O XSC caza ao Dumbría

Preferente: O XSC caza ao Dumbría

Deixa esta 15ª xornada da Preferente - Senra Sport aos dous conxuntos costeiros practicamente empatados na táboa. 6 puntos recurtoulle o XSC ao Dumbría nas dúas últimas xornadas. Despois da vitoria bicolor da semana pasada no Conco, esta semana, o cadro xalleiro vencía con autoridade a un Chantada que chegaba na zona alta, mentres o Dumbría non podía co Val, un equipo da zona baixa.

Quedan agora os dous equipos acomododados na zona morna, con 22 e 21 puntos, aínda a tiro da promoción.

O Val - Dumbría (2-0)

  • DUMBRÍA: David; Tantán, Pablo Conde, Iago, Kevin (Darío, min.60), Bryan (Marcote, min.53); Aarón López, Cote (Isma, min.66), Jesús (Alcaina, min.50).; Adrián Nieto e Adrián Makaay.
  • Goles: 1-0, min.51; 2-0, min.54.

Non mereceu esta derrota o cadro dumbriés en terras ferrolás. Os de Canosa e Lobelos levaron o control do partido, e un par de accións consecutivas no comezo da segunda metade sentenciaron o choque.

O partido comezaba cun O Val con presas, e nada máis saír enviaban un balón ao traveseiro nunha falta. Pero tamén no pau se estrelaban dous tiros de Adrián Makaay e Jesús pouco despois, demostrando que os visitantes tiñan moito que dicir.

Parecía que tiña o Dumbría o partido controlado, pero a saída fulgurante na segunda metade dos locais colleu por sorpresa aos costeiros, e en 3 minutos case que deixaban sentenciaban o partido con dúas xogadas moi rápidas.

Xallas StComba - Chantada (2-0)

  • XSC: Julián, Cristian, Steven, Aarón, Jota, César, Marcos, Joshi, Kevin, Jesús, Pablo Muíño. Tamén xogaron: Tefi, Doro e Barbeira.
  • Goles: 1-0, min.55: Doro; 2-0, min.83: Pablo Muíño.

Partido igualado sen demasiadas ocasións no que o cadro de Coméndez conseguía manter 3 importantes puntos que os afianzan na zona morna da clasificación. A primeira metade foi de demasiado respecto, e apenas ningún dos dous equipos chegaron á área contraria.

Parece que saída na segunda metade de Doro, que voltaba tras varias semanas no dique seco, foi un rebulsivo. Nada máis saír remataba un balón ao fondo das mallas rompendo a igualada. Intentouno o Chantada pero o cadro local estaba moi seguro e só cedeu en dúas ocasións nas que o Chantada rondou o empate.

Pero foi o XSC o que máis se achegou á meta rival, e a 7 para o remate, Pablo Muíño ampliaba a renda e mataba o partido.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios