Sábado. 20.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Ameixenda non ten parada

3ª Autonómica: O Ameixenda non ten parada
Miro levando o balon no Ameixenda-Laxe A Clínica Fisioterapia A Xunqueira, de Manuel Mira Llopis, patrocina da 3ª da Costa - Coñécenos a través do Facebook

Imparable segue o Ameixenda de Manolín trala 14ª xornada da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, e un tocado Laxe foi o último en sufrilo. Por detrás, todos, agás o propio Laxe, o pechacancelas descolgado, pelexan polas 6 primeiras prazas. E dada a igualdade, os que gañan cada xornada suben enteiros. Queda o Lira, o Cerqueda e o Nantón ocupando as primeiras prazas, deixando ao Corcubión, Coristanco e Muxía abaixo. Son o Muxía e o Castrelo, que descansaba, os que máis difícil o teñen para meterse na pelexa, pero apenas 6 puntos os separan da 6ª praza.

Atentos estamos, en todo caso, ao comezo da Copa da Costa 2015, con dous partidos entre Ameixenda e Nantón, e o Cerqueda-Camariñas, unha vez que o Corcubión-Cabana queda aprazado para o Nadal.


Ameixenda - Laxe (6-1)

Ameixenda e Laxe saltando ao San Paio de Refoxos
  • AMEIXENDA: Mateo, Jorge, Miro, Samuel, Javichu, Antón Lestón, Jesús, Borja (Bichiño, min.65), Demetrio (David, min.70), Cristian e Mario (Víctor, min.46).
  • LAXE: Anxo, Aarón, Jacinto, Carlos, Borja, Miguel, Iván, Bras, Jacobo, Dani e Roberto.
  • Goles: 1-0, min.8: Mario; 2-0, min.18: Cristian; 3-0, min.40: Cristian; 4-0, min.60: Demetrio; 3-1, min.62: Roberto a centro de Dani; 5-1, min.75: Antón Lestón; 6-1, min.82: Bichiño.
Capis do Ameixenda e Laxe co colexiado

Con 11 xustos chegaba Toni a Cee e mesmo o segundo porteiro de xogador, e nada puido facer ante este potente Ameixenda, moi seguro atrás e con pólvora, da boa, arriba. Non puido aguantar a dinamita ceense o Laxe e na primeira Mario e Cristian aproveitaron ben os espazos e xa deixaban o partido encarrilado. Os laxenses protestaron que os dous primeiros goles puideron chegar en fóra de xogo, pero así e todo os locais tiveron ocasións para levar máis renda no marcador.

Saíu mellor o Laxe na segunda e recurtou pero sen demasiada fe, nin forzas, ante un grandísimo equipo de Manolín, que aínda non coñece a derrota.

Ameixenda-Laxe

Cerqueda - Corcubión (1-0)

  • CERQUEDA: Rubén, Pailos (Pablo, min.70), Atu, Dani, Sergio, Lorenzo, Jhonny, Darío (Dani Añón, min.85), Martín (Uru, min.80), Jacobo (Luchi, min.50) e Javi.
  • CORCUBIÓN: Beto, Javi, Balucho, Lema, Checho, Toja, Alberto, Trillo, Gorka, David Lourido e Javi (Alán, min.70)
  • Gol: 1-0, min.77: Luchi de fermosa vaselina dende fóra da área.

Partido moi intenso, tremendamente igualado que se decidíu por un detalle de calidade do herculino Luchi, un veterano do fútbol coruñés que demostrou a súa calidade cunha fermosa vaselina cando o partido esmorecía co que sería un xusto empate.

O Cerqueda saía enchufado trala derrota en laxe, e non podía deixar escapar máis puntos. O Corcubión xogou con esa baza, e esperaba atrás sacando perifosas contras. Martín, Darío e Javi tiveron ocasións para os locais facendo grandes paradas o porteiro visitante. A ínica ocasion dos visitantes foi nun saque de esquina que a portería baleira o dianteiro corcubionés mandaba fóra.

Tirou de paciencia o Cerqueda para intentar superar á defensa corcubionesa, pero non o conseguía. Foi Luchi con esa vaselina o que marcaba o gol da vitoria, que puido anular o cadro corcubionés cunha gran chilena de Iago Lema que saíu a rentes do pau xa co tempo cumplido.

Luchi marcou para o Cerqueda

Lira - Coristanco (3-1)

  • LIRA: Peipo, Adrián Porto, Josiño, Eloy, Pelos, Cibrán, Manu, Demetrio, Oli, Yanky e Pata. Tamén: Miki, Trozo, Adán, Aitor, e Javi Carnota.
  • CORISTANCO: Nacho, Facal (Joni, min.60), Sergio, (Pazos, min.46), Jose, Marcos, Mato, Toni, Míchel, Gonzalo (Brandón, min.60), Juan e Cholo.
  • Goles: 1-0, min.3: Cibrán; 2-0, min.16: Cibrán cun golazo de fermosa volea; 3-0, min.75: Pelos de vaselina; 3-1, min.85: Toni pola escuadra.

Gran vitoria do Lira que conseguíu encarrilar 4 partidos sen perder. E o fixo con contundencia e superioridade ante un Coristanco algo estacando nas últimas xornadas. E iso que saía ben o cadro de Da Silva, cunha acción de Cholo e Gonzalo no primeiro minuto. Pero na seguinte xogada, Cibrán adiantaba aos seus e pouco despois ampliaba a renda noutra contra, o segundo un golazo.

Metíase o Coristanco no partido e nos últimos minutos da primeira metade tivo ata 5 saques de esquina consecutivos, pero non conta coma no patio do colexio e non conseguía recurtar.

Comezaba a segunda metade e o Lira seguía combinando moi ben e o Coristanco correndo detrás do balón. Varias ocasións chegaban e Pelos anotaba unha fermosa vaselina ante a que Nacho nada podía facer. Xa con máis corazón que cabeza, nun rexeite a tiro de Juan marcaría Toni pola escadra, pero nada podía facer ante un Lira superior.


Nantón - Muxía (3-2)

  • NANTÓN: Guille, Dani Costa, Eloy, Félix, Diego, Patelele, Lareu, Raúl, Luís, David e Iván.
  • MUXÍA: José Antonio, Pataca, Ruso, Man, Martín, Juan, Esteban, Víctor, Conguito, Peski e Iván.
  • Goles: 1-0, min.25: Luís de cabeza; 2-0, min.43: en propia; 3-0, min.55: Luís; 3-1, min.60: Pataca; 3-2, min.83: Esteban.

Partido moi igualado cun lixeiro dominio muxián pero sen acerto pcara gol e con erros na saída do balón que lle custou caro. Comezaba o cadro muxián avisando enviando un balón á cruceta. Pero o Nantón foise metendo ono partido e era Luís, como non, o que abría o marcador. Antes do descanso e noutra internada por banda, desta de Lareu, un defensa muxián marca en propia, deixando o partido encarrilado para os cabaneses.

Ampliaba a renda ao pouco de comezar a segunda metade o equipo local, de novo por medio do de sempre. Pero o Muxía, de cheo no partido e con mala sorte durante todo o encontro, metíase arriba e anotaba dous goles e metía medo ao Nantón, sen tempo para conseguir a igualada.


Crónicas da 3ª Autonómica

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios