Luns. 29.04.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses

Ligas Galegas: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses
Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Descansaba o Dumbría Infantil, pero os cadetes do Dumbría e do XSC tiñan sesión doble. Dous partidos na fin de semana con sorte dispar para os nosos. Na División de Honra, o Dumbría colleitaba unha vitoria con fortuna, no último suspiro no choque disputado en Lugo, e un soso empate na casa, quedando na metade da táboa pero abrindo unha boa fenda co grupo de abaixo.

Pola contra, a mala sorte puido co XSC, que caía os dous partidos pola mínima, quedando na 13ª praza da Liga galega, só con 4 puntos sobre os postos de descenso.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 13

Lugo - Dumbría (0-1)

  • Gol: 0-1, min.89: Adrián tras ou roubo de balón en tres cuartos de campo.

Grande e sufrida vitoria do Dumbría ante o CD Lugo en terras lucense ante unn Lugo que aínda que se atopa en postos baixos na clasificación dispone de grandes xogadores nas súas filas e practica un bo xogo. Un Lugo que só ten 10 puntos pero hai que recordar que dos últimos cinco partidos gañou tres.

A primera meta de foi igualada, co Lugo tendo a posesión do balón e o Dumbría só conseguía trenzar un par de xogadas combinando a pelota pero sen perigo. Tampouco o Lugo tería ocasións claras de gol.
Na segunda metade o Lugo faríase totalmente con control de xogo e do balón pero o Dumbría defendíase ben cun gran Raúl e Pablo e a seguridade de Jorge baixo paus. Co Lugo volcado tentando marcar, chegaría o gol dos visitantes no último minuto de partido logo dun corte de balón de Gabi, na saída de pelota do Lugo, chegaría o balón a Adrián que logo dun forcexeo con central lugués conseguía meterse no área e tocar suavemente a pelota para envíala ó fondo das mallas. Xa non habería tempo para máis e os tres importantísimos puntos serían para o equipo de Juan e Joaquín.

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 14

Dumbría - Porriño (0-0)

  • DUMBRÍA: Jorge; Josiño, Pablo, Raul, Fabio; Eloy, Jose; Borja (Xabi, min.77); Gabi (Mario, min.65), Adrián (Luís, min.56) e Ayoze ( Cristian, min.73).

Empate sen goles, nun partido insulso, onde o Dumbría dominou, apenas recibiu accións de perigo, e acabou cedendo puntos por carecer do punch suficiente diante do marco contrario A liña de seguridade defensiva costeira é a mellor noticia para o equipo de Juan e Joaquín; pero nesta ocasión non houbo ese gol q rubricase o traballo e a vitoria.

Saiu o Dumbría sen a electricidade de Brandón na punta de ataque, por lesión, ao igual que as molestias de Marcos que tampouco foi da partida. Pero Eloy e Jose bastáronse na medular para manter a liña a un Porriño con boas maneiras, pero moi inocente. As primeiras internadas de Ayoze pola dereita crearon as primeiras situacións de perigo, aínda sin concretar.

Adrián mostrouse voluntarioso, pero quizais demasiado acelerado, para definir dentro da área. Nas súas botas e nas de Borja estiveron as mellores situacións blancas, pero faltou determinación. Se o equipo dumbriés comezou tocando con certo criterio, pouco a pouco foi caendo presa do ritmo anodino dun rival q veu na búsqueda dun punto.

No segundo tempo, a entrada de Mario dou certa calidade a liña ofensiva, pero a falta de acerto no remate de Luís nun par de accións, e de Jose, tras un bo pase do propio Luis, deixaron o Dumbría sin marcar. E sen completar un poker de vitorias, que o situaria definitivamente na zona noble da Division de Honor cadete.


Liga Galega Cadete, xornada 13

Xallas StComba - Bertamiráns (1-2)

  • XSC: Rubén (Álex), Guillín (Óscar), Raúl, Pablo, R; Juanjo, Thiago, Manuel (Mosteiro), Carlos Rieiro, Juan Lois (Rubén) e Grille.
  • Goles: 1-0, min.6: Manuel; 1-1, min.20; 1-2, min.30.

Unha vez máis a fortuna non acompañou ao XSC no seu confrontación ante o terceiro clasificado, pois os xalleiros dominaron aos seus rivais, pero non acertaron ante a meta contraria, mentres que os santiagueses, en dúas accións de contra, lograron dar a volta ao marcador e logo defendéronse con orde ante os ataques dun Xallas que puido alcanzar cando menos o empate.

Pese á derrota, o once local competiu a bo nivel de principio a fin, tuteando a un Bertamiráns que terminou pedindo a hora e encerrado na súa área, pero as súas accións ofensivas non atoparon o premio máis que merecido.


Liga Galega Cadete, xornada 14

Ural - XSC (2-1)

  • XSC: Rubén, Óscar, Raúl, Pablo (Mosteiro), R; Juanjo (Grille), Thiago; Manuel (Guillín), Carlos Rieiro, Juan Lois e Rubén.
  • Goles: 1-0, min.50; 2-0, min.52; 2-1, min.59: Carlos Rieiro.

Dous goles, en dous minutos, sentenciaron ao XSC no seu compromiso na Coruña ante un Ural que en ningún momento foi superior aos xalleiros e que se atopou con dous goles moi seguidos que lle deron ás para sumar os tres puntos en xogo. Na primeira metade, o dominio e as ocasións foron para o Xallas, que tivo claras oportunidades para adiantarse no marcador, a pés de Carlos Rieiro, Manuel e Juan Lois, pero unha vez máis non acertaron coa meta rival.

Na segunda metade, un gol de contraataque e unha acción de estratexia, colocaron o 2-0 no marcador, e o gol de Carlos Rieiro puxo a incerteza no campo, pero, pese ao seu dominio final, os xalleiros non conseguiron o obxectivo de sumar puntos no campo de Leyma.

Logo, as desafortunadas decisións do colegiado, expulsando a dous xogadores locais e a Guillín, por parte xalleira, pecharon un partido igualado e onde o XSC mereceu puntuar de longo.

Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios