Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O San Lorenzo amosa o seu poderío e o Ponteceso saca a cabeza a costa do Montelouro

2ª Autonómica: O San Lorenzo amosa o seu poderío e o Ponteceso saca a cabeza a costa do Montelouro
Brais no Volantes Cabana Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Completa esta 14ª xornada da 2ª Autonómica - ES Bazarra. Unha xornada que deixa máis líder ao San Lorenzo, que demostraba o seu poderío ante o Porteño e ampliaba a súa renda cos seus perseguidores. Queda agora o Zas a 6 do liderato, tras un empate ante un gran Outes no partidazo da xornada entre dous dos equipos que mellor fútbol practican da categoría. Tampouco gañaba o Castriz no derbi da montaña, quedando a 9 do liderato, con 2 puntos de vantaxe ante o Outes, 3 sobre o Buño e 4 sobre o Volantes, todos na zona alta.

Por abaixo, clave foi a vitoria do Ponteceso ante o Montelouro, deixando aos loureáns afundidos no fondo da táboa e escapando do Camelle, que segue sumando pasiño a pasiño.

Buño - Camelle (1-1)

  • BUÑO: José Antonio, Ángel, Fran Borrazás, Matías, Diego (Víctor, min.70); David Dourado, Miguel Dourado, Jorge Calvete, Juan Antelo (Martín Uru, min.46), Emilio (Jorge Pombo, min.57) e Dani.
  • CAMELLE: Muxián, Sikario del Amor (Lado, min.70), Gemelo (Iván, min.75), Valiña, Peseta (Tonsón, min.85), Dido, Macho, Tedín (Brais, min.46), Tajes (Felisiano, min.46), Felipe e Mario.
  • Goles: 0-1, min.47: Mario; 1-1, min.66: Diego.
  • Expulsión: o visitante Gemelo.

Partido igualado ao que chegaba o Buño con moitas baixas mentres Varu recuperaba efectivos como Peseta e Lado despois de sendas lesións. O Buño facía de conxunto local e ao Camelle faltoulle convencerse de que poden gañar a calquera. O cadro local dominaba, pero sen as ideas claras, mentres o Camelle cada vez que a collía buscaba a meta rival. Facía dano a balón parado o Buño, sobre todo en dúas accións de Juan, unha en man a man e noutra nun cabezazo qie sacou o porteiro na liña de gol, pero o marcador non se movería ata a segunda metade, cando Mario abría o marcador aproveitando un despiste da defensa local.

Subíu liñas o Buño que empatou pronto por medio de Diego Rojo, pero non puido remontar, pois tampouco puido contar con bos cambios ante as lesións. E así remataría o partido, coa sensación por Camelle que puideron ter traído un premio maior.


Fisterra - Seaia (3-0)

  • FISTERRA: Norberto, Piti, Robertín, Julito (Breixo, min.46), Munitis, Santi, Roco, Roa, Yeray (Mané, min.80), Adrián (Aitor, min.80) e Pablo Lestón (Noé, min.85).
  • SEAIA: Jesús, Adrián, Vistas, Avelino, Parga, Eme (Manu, min.55), Dimaga, Felipe, Nando, Camilo e Richard (Magovi, min.55).
  • Goles: 1-0, min.12: Yeray; 2-0, min.22: Roa; 3-0, min.85: Roa.

Clara vitoria fisterrá ante un Seaia que chegaba con moitas baixas, que non foron excusa para facer tan mal partido. O Fisterra soubo aproveitar os erros visitantes e a base de fútbol de toque aproveitaron os despistes para facer o partido de cor verde. Yeray e Roa ao principio, e o propio Roa xa contra o final, sentenciaron o choque.


San Lorenzo - Porteño (5-1)

  • SAN LORENZO: Diego (Puyol, min.70), Rudy, Rubén (Javi Puñal, min.60), Adrián Varela, Pablo Novo, Álex Figueiras (Cañi, min.65), Schuster (Carlitos, min.46), Fuentefría, Javi Pensado (Adrián Fraga, min.46), Parafita e Juni.
  • PORTEÑO: Bonano (Brais, min.75), Pejo, Curra (Óscar, min.46), Roi (Xoel, min.75), Doyle, Manuel, Iago (Borja, min.46), Cristian, Marcos, Gabi e Josiño (Oli, min.60).
  • Goles: 1-0, min.7: Fuentefría resolve unha boa xorgada combinada; 2-0, min.15: Rudy tras unha falta lateral; 3-0, min.44: Parafita; 4-0, min.60: Juni; 4-1, min.72: Cristian; 5-1, min.90: Carlitos.

Clara vitoria deste líder sobrado ante o Porteño nada puido facer. Ademais, se aos 7 minutos xa se pon por diante, é moi complicado facerlle dano. Xa ao descanso o partido quedaba encarrilado con boas xogadas de gol como a que rematou co primeiro gol, e con xogadas de estratexia como o segundo tanto.

Na segunda continuaba o dominio local, que mesmo fallou varias ocasións, e non parou ata o final do partido de atacar.


Volantes - Cabana (3-2)

Volantes-Cabana-Foto-Xose Sendon
  • VOLANTES: Rubén, Juan, Mayu, MIguel, Brea, Picho, Óscar, Brais, Espu, Edu e Piti.
  • CABANA: Añón, Dani Mato (Eloy García), Iván de Treos, Ismael, Raúl, Moreno, Josiño, Miky Pose (Manu Guillamet), Manolo do Cruceiro (Berti), Fernando (Adán) e Iván Mato (Eloy Pereira).
  • Goles: 1-0, min.1: Piti; 2-0, min.4: Picho; 2-1, min.60: Iván Mato; 3-1, min.15: Piti; 3-2, min.78: Eloy Pereira.

Vitoria muradá nun partido que se lle puña de cara moi cedo, con dous tantos nos primeiros 15 minutos e cun 3-1 aos 20. Os laranxas aproveitaron os regalos da defensa cabanesa para encarrilar o choque, ante un Cabana que pelexou pero semrpe a remolque e nunca puido meterse de cheo no partido.

Quédase o míster cabanés Raúl Periscal co debut de Moreno, xogador novo e da casa que volve á disciplina cabanesa, e o regreso aos terreos de xogo de Eloy Pereira e Adán.

Ollo, 15 goles leva Piti esta campaña, ademais de protagonizar escenas de fair play como o da semana pasada.

Felipe Piti e Brais tres figuras do Volantes

Ponteceso - Montelouro (3-2)

11 do Ponteceso ante o Montelouro-Foto-SD
  • PONTECESO: Brais, Javi Peón, Diego Collazo, Moscoso, Dani Valle (Youssef, min.75), Mendieta (Dani Cotelo, min.15) (Eloy, min.40), Alberto Recarey, Martín Puente, Juanma, Dieguito e Christian Martinez (Lorenzo, min.85).
Montelouro no Pinguel-Foto_SD Ponteceso
  • MONTELOURO: Isma, Teo, Abel, Pablo, Dani, Geioco, Gelo, Riki, Pesi, Edu e David.
  • Goles: 0-1, min.20: Teo tras un rexeite; 1-1, min.27: Christian Martinez de cabeza a unha falta de Recarey; 1-2, min.40: David aproveita un rexeite do longueiro tras unha parada de Brais a un bo tiro; 2-2, min.44: Eloy; 3-2, min.80: Eloy.
POnteceso e Montelouro no Pinguel-Foto-SD

Vitoria importantísima para o Ponteceso ante o Montelouro, que podía ter metido ao cadro pontecesán en descenso. Pero Barca acadaba a primeira vitoria no banco tras remontar un partido no que o cadro loureán se metía ata en dúas ocasións por diante.

Teo adiantaba aos de Jurjo aos 20 minutos, pero o gol non amedrentou ao equipo pontecesán que empataba pronto tras unha falta lateral. O choque seguía moi igualado e cando quedaban 5 para o final o Montelouro volvía meterse por diante, pero de seguido, e sobre a bocina, o Ponteceso anulaba de novo a renda.

A segunda metade foi de cor branca, cun Ponteceso que combinou moito e ben, con máis chegadas locais pero tamén algunha á contra.
O pichichi xuvenil e talismán para os maiores facía o gol da vitoria a só para o final. Aínda tivo tempo para empatar o Montelouro que se volcou nos últimos minutos pero sen sorte. Unha pequena tangana empañou o ambiente contra o final.

Ponteceso-Montelouro-Foto-Ponteceso

Mazaricos - Castriz (1-1)

  • MAZARICOS: Pejo, Miguel, Esteban (Molinos, min.65), Matías, Ramón, Ricardo, Ferreiro (Coxo, min.80), David, Estéfano, Chenel e Pereiro.
  • CASTRIZ: Diego, David Velo (Topo), Alberto (Adrián Prol), Álex, Dani Martínez, Bruno, Uru, Agra, Bolón, Luís e Martín Gemelo.
  • Goles: 0-1, min.50: Estéfano; 1-1, min.80: Adrián Prol.

Malo pero intenso o partido neste derbi da montaña entre dous equipos que non atoparon o seu xogo en ningún momento. Iso si, ambos estiveron ben prantados, con sendas serias defensas. A primeira metade foi igualada e sen apenas ocasións, excepto unha do Castriz, que tivo un man a man ante Pejo pero o balón saía alto.

Saíu o Mazaricos algo descentrado na segunda metade, pero tivo 3 ocasións moi claras, culminando co gol que rompía a igualada tras varios rebotes. Gol que lle serviu ao Castriz para espertar, se ben aí o Mazaricos tivo algunha para sentenciar, como un man a man de Pereiro, unha contra de Molinos ou un gol anulado por un xusto fóra de xogo a Chenel. Comezaba o Castriz a achegarse á meta amarela. Álex, de cabeza, tivo unha das mellores ocasións, ata que Adrián Prol, que debutaba coa camisola rossonera, peleaba un balón, roubaba, regateaba ata o porteiro e marcaba a pracer. Un gol que os amarelos consideraron claro fóra de xogo.

Xa contra o final, Agra lanzaba unha falta pero Pejo sacaba unha manopla espectacular salvando un tiro que se colabora por toda a escuadra e salvando un punto xusto tras un mal partido por ambos conxuntos.


Outes - Zas (1-1)

  • OUTES: Gato, Chúa, Rafa, Róber Amoedo, Saúl (Oki), David, Martín, Fabio (Chía), Mario (Borja), Elías (Jura) e Babu (Manu).
  • ZAS: Anxo, Martín, Pereiro, Oli (Fabián, min.80), Vecino, Canedo, Peque, Dani (Abel, min.50), David Blanco (Pablo, min.50), Rubio e Álex Flores (Samuel, min.68).
  • Goles: 1-0, min.30: Roberto Amoedo de trallazo; 1-1, min.70: Martín.

Partidazo no Cunchido entre dous dos equipos que mellor xogo están practicando da categoría. Comezaba o Outes mandando, a pesar das baixas de Yago, Poke, Barral, Piki e Martín. Puido sentenciar despois do gol de Amoedo o cadro da Serra, pero Babu, David e Fabio non estaban acertados. Mesmo protestou o banco local nun balón que sacaba a defensa baixo paus, que para os da Serra parecía dentro.

Pero na segunda o Zas apretou, foise arriba e tamén Chúa tivo que sacar un balón na liña de gol. Tivo que ser Martín quen, a 20 para o final, acadase o empate, para poñer o fin a este gran partido.


Camariñas - Carnota (2-2)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Denís, Martín, Miguel, Nico, Moro, David (Piti, min.75), Isma (Saviola, min.55), Dani (Javi, min.30), Sule e Yuyo.
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Tono da Caixa, Manolo Chouza, Pedro Pichín; Boni (Raúl), Niko, Beiro (Pablo), Nakata (Joselu), Míchel e Manuel Luís (Bernardo).
  • Goles: 1-0, min.40: Yuyo; 1-1, min.50: Ferreiro de penalti; 1-2, min.51: Manuel Luís pola escuadra; 2-2, min.70: Javi de falta.

Empate entre dous equipos da zona baixa que nin lle vale nin lle deixa de valer a ambos. Choque igualado, con lixeiro dominio carnotán, que avisaba na primeira metade con dous remates de cabeza que marcharon alto.

Adiantouse o Camariñas ao final da primeira metade pero en 1 minuto á volta dos vestiarios os de Cambeiro daban a volta ao marcador. Puido sentenciar o Carnota, sobre todo nunha de Beiro que se estrellou na cruceta, pero non o fixo e o Camariñas conseguía a igualada.

Quedan os dous empatados con 13 puntos, a 6 do descenso. E os camariñáns xogan hoxe a previa da Copa.

Baíñas - Cee (5-1)

Bainas-Cee-Foto-Santi Soneira
  • BAÍÑAS: Sergio, Samuel (Esteban, min.46), Rodri, Luís, Martín (Héctor, min.65), Vilas, Mario, Eloy (Jaime, min.55), Cristian (Marcos, min.57) e Javi Suárez.
  • CEE: Maikel, Jorge, Dani Freire, Jacobo, Aitor, Tebo, Isma Leis, Josiño, Hidalgo, Bruno e Leo. Tamén: Iván, Lamela, Yago, Borja e Rubén.
  • Goles: 1-0, min.15: Eloy a saída dun córner; 1-1, min.25: Leo; 2-1, min.37: Javi Suárez aproveita un rexeite nunha falta; 3-1, min.42: Cristian nunha contra; 4-1, min.50: Javi Suárez a centro de Braulio; 5-1, min.55: Cristian a centro de Braulio.
Baíñas-Cee-Foto-Santi Soneira

Está arrincando de verdade este bo Baíñas, ante un Cee que amosou unha cara preocupante, dada a falta de experiencia e de adestramento. Partido especial sempre este Baíñas-Cee pois son varios os ceenses na disciplina do Baíñas, como o míster Mario de José.

Clave foi a diferencia do estado físico de ambos conxuntos, pois os vimianceses foron netamente superiores na segunda metade ante un Cee que baixara os brazos tralo terceiro tanto ao fío do descanso. Ademais, o choque foi outra demostración de Javi Suárez de que estas categorías lle quedan pequenas. Xa leva 10 tantos o baiés e iso que non tira faltas nin penaltis.

Aquí van os goles da man de Santi Soneira.

Baíñas-Cee-Foto-Santi Soneira

Crónicas da Liga da Costa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios