Previa futboleira da fin de semana


Segunda fin de semana de setembro e seguimos aumentando o número de partidos. Este sábado 14 e domingo 15 ca comezan as Ligas de Veteranos, a División de Honra Cadete, a Liga Galega Infantil, ademais da I Copa da Costa Cadete, que por certo, conta coas baixas de Corcubión e Carnota.
E, xa cos horarios actualizados dende a noite do mércores en www.futboldacosta.com, achegamos as sancións e máis todos os partidos.
E comezamos o repaso á previa pola Preferente, onde os 4 equipos costeiros afrontan a 4ª xornada. O Bergantiños buscará manter a imbatibilidade recibindo a un Residencia que arrincou ben. O Soneira recibe ao Val, que só suma 1 punto, mentres que o Dumbría visita a cancha do Lemos e o XSC a do Narón, ambos na zona baixa.
Na 1ª Autonómica, a Esteirana biscará manter o bo comezo en Arzúa, mentres Camariñas, Malpica e Ponteceso buscarán a súa primeira vitoria aproveitando a estrea na casa. Mentres, o Baio terá unha complicada saída a Padrón ante o Flavia.
E segunda xornada tamén na 2ª Autonómica, aínda quentando motores. A xornada comeza o venres, a un horario algo estrano ás 21:45h entre o Porteño e o Corme.
Nos Xuvenís xa imos pola 3ª xornada. No Sur o Dumbría busca continuar a súa marcha en Vimianzo ante o Soneira, e por detrás o Esteirana-Fisterra parece o partido máis atractivo. No Norte enfróntanse os dous líderes, Ponteceso e Laxe, que contan partidos por vitorias.
Comeza ademais a División de Honra Cadete cun Dumbría que debutará nada que menos que ante o Lugo. E na Liga Galega Infantil debutan Bergantiños, Xallas de Santa Comba e Dumbría.
E arrincan os Veteranos unha nova Liga con gran espectación. O domingo, os maiores do #FutboldaCosta xa estarán sobre o céspede.
Sancións
Poucas novidades no parte de sancións (comezaremos a traelas cada xoves nas vindeiras semanas, cando haia máis movemento). Unhas sancións que traen como detalle a sanción á UD Corcubión, pola retirada da Liga e Copa Cadete, e sobre todo pola retirada tardía nos Xuvenís polo que non poderá participar na categoría xuvenil na vindeira campaña 2014/2015.
Ademais, xa en Preferente, a sanción de 3 partidos para o xogador Jose Mato queda reducida en 1 partido. Estes son os sancionados para esta xornada.
Preferente
- Diego Arnejo (XSC - 2 partidos).
- Diego García (XSC).
1ª Autonómica
- Eloy Vilas (Malpica).
- Rubén Varela (Ponteceso).
2ª Autonómica
- Alvaro Cambeiro (Mazaricos).
Ligas Xuvenís
- Adrián París (Mazaricos).
- Enrique Regos (Corme).
Xornada do Fútbol da Costa
Preferente, xornada 4
Bergantiños | 15/09 - 18:00 | Residencia |
Soneira | 15/09 - 18:00 | O Val |
Narón | 15/09 - 18:00 | Xallas StComba |
Lemos | 15/09 - 18:00 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 2
Camariñas | 14/09 - 17:30 | Piloño |
Flavia | 15/09 - 17:00 | Baio |
Arzúa | 15/09 - 17:00 | Esteirana |
Malpica | 15/09 - 17:00 | Unión |
Ponteceso | 15/09 - 18:00 | Puebla |
2ª Autonómica, xornada 2
Porteño | 13/09 - 21:45 | Corme |
Camelle | 15/09 - 17:00 | Muros |
Sofán | 15/09 - 17:00 | Buño |
Carnota | 15/09 - 17:00 | Fisterra |
Outes | 15/09 - 17:00 | Cabana |
Volantes | 15/09 - 17:00 | Corcubión |
Zas | 15/09 - 17:00 | Indep. Carballo |
Mazaricos | 15/09 - 18:30 | Cee |
Castriz | 15/09 - 19:00 | San Lorenzo |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 3
Soneira | 13/09 - 17:00 | Dumbría |
Outes | 14/09 - 11:30 | Xallas StComba |
Lira | 14/09 - 17:00 | Muros |
Esteirana | 14/09 - 17:00 | Fisterra |
- Descansan o Cee e Mazaricos.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 3
Baio | 13/09 - 17:00 | Coristanco |
Camariñas | 13/09 - 18:00 | Porteño |
Ponteceso | 14/09 - 17:00 | Laxe |
Castriz | 14/09 - 17:00 | Corme |
Malpica | 14/09 - 17:00 | Cabana |
- Descansa Muxía.
División de Honra Cadete, xornada 1
Lugo | 14/09 - 16:00 | Dumbría |
I Copa da Costa Cadete
O Horario oficial será os sábados as 10:30, agás Muros e Zas que en casa xogarán os sábados ás 16:00 e o XSC, que pedíu xogar os domingos ás 10:30. Esta fin de semana do sábado 14 de setembro, temos os seguintes partidos:
- G1: Muros- As Baleas (10:30) (descansa Cee).
- G2: Fisterra-Esteirana (10:30) (descansa Baio).
- G3: Muxía - Coristanco (Aprazado) (descansa Zas).
- G.4: Outes - XSC (10:00h) (descansa Cabana).
Liga Infantil, xornada 1
Ural | 14/09 - 12:00 | Xallas StComba |
Bergantiños | 14/09 - 16:30 | Orillamar |
Montañeros | 15/09 - 10:15 | Dumbría |
1ª Infantil, xornada 2
Cabana | 13/09 - 18:30 | Muxía |
E.M.F. Vimianzo | 13/09 - 18:45 | Corme |
Os Miudos | 14/09 - 11:00 | Ponteceso |
Cee | 14/09 - 12:00 | Esteirana |
Sofán | 14/09 - 18:00 | Baio |
Fisterra | 15/09 - 10:30 | Outes |
- Descansa: Coristanco.
Ligas de Veteranos, xornada 1
1ª División
Baio | 15/09 - 11:00 | San Lorenzo |
Camariñas | 15/09 - 11:00 | Nantón |
Bértoa | 18/11 - 21:00 | Ponteceso |
Laxe | 15/09 - 11:00 | Xv. Bergantiños |
Castriz | 15/09 - 11:00 | San Román |
Dumbría | 15/09 - 11:00 | Soneira |
Coristanco | 15/09 - 10:00 | Zas |
Muros | 15/09 - 11:00 | Cabana |
2ª División
Cerqueda | 14/09 - 19:00 | Buño |
Corcoesto | 15/09 - 11:00 | Dep. Carballo |
Agualada | 15/09 - 11:00 | Poniente |
Corme | Apraz. | Vimianzo |
Porteño | 1/11 - 17:00 | Camelle |
Erbecedo | 15/09 - 11:00 | Sofán |
At. Milagrosa | 15/09 - 11:00 | Malpica |
- Descansa Leiloio.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
- Arrinca a I Copa da Costa Cadete.
- 2ª Autonómica: Arranca a Liga da Costa con gran igualdade.
- 1ª Autonómica: Bo debut.
- Preferente: O primeiro derbi sáldase cunha relativa sorpresa.
- Resultados e análise da xornada no #FútboldaCosta.
- A Segunda da Costa ponse en marcha.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2013 e das Fases de Ascenso.
Artigos relacionados
- Pablo Varela: O Corme C.F. busca dar un paso máis como referente do bo xogo na Liga da Costa.
- #regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).