Aínda ca resaca do fermoso Partido Solidario do Combinado da Costa (e de findano…), volve o Fútbol da Costa a entrar en acción con esta primeira xornada do 2015.
E como non, comezamos o repaso á Previa pola Preferente - Senra Sport. A unha xornada para o remate da primeira volta, os dous equipos costeiros arrincan o ano moi parellos. Con só un punto de diferencia entre ambos, teñen intactas as opcións de meterse, alomenos na promoción, que teñen a 5 e 6 puntos respectivamente. O Dumbría recibe ao Castro, un dos que está na zona morna, e ante o que non se pode deixar nin un punto. Mentres, o XSC visita ao pechacancelas, un Dorneda recén ascendido que non se amolda á categoría.
Tamén teremos derbi para arrrincar o ano na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, na xornada que pechará a 1ª volta. O Soneira e o Malpica enfróntanse nun dos seus mellores momentos da temporada, situados en zona media, cun só punto de diferencia entre eles e máis coas miras na zona alta que na zona baixa, onde pasaron moitas xornadas. Ademais, por arriba, o Sofán visita ao Lesende e quere manter a diferencia cos perseguidores, entre os que se atopa un Baio que visita ao Piloño, noutro choque complicado pero asequible. O Corme terá unha complicadísima saída ante o Unión, pero se quere estar arriba ten que gañar estes partidos, mentres a Esteirana espera que o Nadal servise para cambiar o chip, e ten unha ocasión de ouro para cambiar a tendencia. Visita o Xosé Luís Vara o Sigüeiro, precisamente o equipo que marca a salvación e que ten 6 puntos máis que os esteiráns. Afrontar a segunda volta a 9 puntos da permanencia sería moi duro, pero a 3, todo se poría de cara.
Remata a 1ª volta tamén na 2ª Autonómica - ES Bazarra. E rematará líder o San Lorenzo, que non quere seguir perdendo a fantástica vantaxe que ten e terá que superar a todo un Fisterra, capaz de todo. Por detrás teremos un partidazo, o Castriz-Buño, mentres o Zas terá derbi da montaña co Mazaricos. Os derbis zonais entre Cabana e Ponteceso e Montelouro e Carnota serán tamén intensos para comezar o ano.
Dous partidazos trae esta xornada 17 da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O líder Ameixenda, agora só con 4 puntos sobre Cerqueda e Corcubión, terá unha complicada visita na Rocheira, onde o Coristanco, despois dun comezo fantástico pero tras un par de meses malos, quere volver á senda da vitoria. Ademais, o Lira enfrontarase ao Cerqueda, un choque na zona alta. Ademais, o Muxía e o Castrelo queren unirse á loita pola promoción e estes tres puntos son importantes. O Corcubión non pode caer ante o pechacancelas Laxe se non quere perder corda.
Penúltima xornada da primeira fase das Ligas Xuvenís. Na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, segue a pelexa entre XSC, Os Miúdos e Esteirana polas dúas prazas que deixa libres o campión Dumbría para acodir á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. O XSC teno de cara, con 3 puntos de vantaxe sobre os muradáns e 5 sobre os esteiráns pero reciben ao difícil Fisterra nesta xornada e visitan ao imbatido Dumbría na última xornada. Os Muídos non poden deixarse nada ante o Castriz, mentres a Esteirana espera un tropezo dos veciños e non fallar ante o Corcubión. Parece que todo quedará aberto para a última xornada, na que Os Miúdos visitan Arliña e a Esteirana San Pedro de Castriz.
Polo Norte, con Camariñas e Cabana xa metidos na seguinte fase, queda unha praza por decidir. O Porteño teno claro, ero non pode fallara ante a visita do pechacancelas, o Malpica. Pero o Corme terá a súa opción, pois o último partido xógase no Cairo e o Porteño só ten 3 puntos de vantaxe sobre os cormeláns, que ademais terían que superar o 3-0 da ida. O Zas, a 4 do Porteño, espera tropezos.
Ten xornada o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría en Ferrol, e mais o XSC da Liga Galega cadete ante o Calasanz en Fontenla. Pero non así o Dumbría infantil que descansa, como o fan os peques das Ligas de F8 e os Veteranos.
Non descansan as Ligas Locais de Cadetes e Infantís. E o fan con choques tan interesantes como o derbi entre o Corme, líder en cadetes, e o Ponteceso, ou o Cee-Esteirana no alto da táboa.
| Dorneda | 04/01 - 16:00 | Xallas StComba |
| Dumbría | 04/01 - 16:30 | Castro |
| Piloño | 04/01 - 16:00 | Baio |
| Unión | 04/01 - 16:00 | Corme |
| Soneira | 03/01 - 18:00 | Malpica |
| Esteirana | 04/01 - 16:00 | Sigüeiro |
| Lesende | 04/01 - 16:00 | Sofán |
| Camelle | 03/01 - 16:00 | Volantes |
| San Lorenzo | 04/01 - 16:00 | Fisterra |
| Porteño | 04/01 - 16:00 | Outes |
| Seaia | 04/01 - 16:00 | Baíñas |
| Cabana | 04/01 - 16:00 | Ponteceso |
| Zas | 04/01 - 16:00 | Mazaricos |
| Cee | 04/01 - 16:00 | Camariñas |
| Montelouro | 04/01 - 16:00 | Carnota |
| Castriz | 04/01 - 17:00 | Buño |
| Corcubión | 03/01 - 16:00 | Laxe |
| Lira | 04/01 - 16:00 | Cerqueda |
| Coristanco | 04/01 - 16:00 | Ameixenda |
| Muxía | 04/01 - 16:00 | Castrelo |
| Outes | 04/01 - 11:00 | Dumbría |
| Esteirana | 03/01 - 16:00 | Corcubión |
| Os Miudos | 03/01 - 16:00 | Castriz |
| Cee | 03/01 - 18:00 | Muxía |
| Xallas StComba | 04/01 - 11:30 | Fisterra |
| Porteño | 03/01 - 12:00 | Malpica |
| Coristanco | 03/01 - 16:00 | Corme |
| Laxe | 03/01 - 16:00 | Cabana |
| Camariñas | 03/01 - 16:00 | Baio |
| Zas | 03/01 - 16:00 | Ponteceso |
| Galicia Caranza | 03/01 - 16:00 | Dumbría |
| Xallas StComba | 03/01 - 16:00 | Calasanz |
| Os Miudos | 03/01 - 10:30 | Coristanco |
| Corme | 03/01 - 10:30 | Ponteceso |
| Muxía | 03/01 - 10:30 | Baio |
| Fisterra | 03/01 - 10:30 | Outes |
| Sofán | 03/01 - 16:00 | As Baleas |
| Cee | 03/01 - 16:00 | Esteirana |
| E.M.F. Vimianzo | 0-3 | Cee |
| Xallas StComba | 03/01 - 11:30 | Cabana |
| Ponteceso | 03/01 - 16:00 | Fisterra |
| Coristanco | 04/01 - 10:30 | Corme |
| Zas | 04/01 - 10:30 | Esteirana |
| Os Miudos | 04/01 - 10:30 | Outes |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).