Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Razo prepárase para unha nova proba de surf Infantil e Xuvenil

Razo prepárase para unha nova proba de surf Infantil e Xuvenil
Surf Xuvenil en Razo Esta fin de semana de 7 e 8 de novembro celebraráse a 4º proba infantil e xuvenil de surf e bodyboard do Circuíto Galego na Praia de Razo  -Carballo-. Trátase dunha nova proba puntuable para o Circuíto Galego e clasificatoria para o campionato nacional organizada Teiron Surf Club e Federación Galega de Surf. O venres publicarase un horario provisional na web www.fgsurf.org. Podes inscribirte online. As inscricións pechan o xoves día 5 de Novembro ás 13 horas. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago deste. Recordade enviar a autorización paterna da nova tempada 2015 (aqueles que aínda non o fixeran).

Novas surfeiras

Fonte

Comentarios