Repaso aos movementos de #futboldaCosta
Moitas cousas están pasando estes días no #fuboldaCosta. Fichaxes, torneos, cambios de directivas... E tras analizar a nova situación do XSC imos repasando.
Carlos Vidal, novo presidente do Nantón
Xa ten nova directiva o CD Nantón. A principal novidade é o cambio de presidente despois da dimisión de Vila. Será Carlos Vidal o que ocupe este cargo, aínda que non por iso vai deixar de xogar. Xunto con el estarán Cordeiro, de vicepresidente; Félix, de seretario; Teresa, de tesorera; Iván, Ernesto, David Lareu, e Fabio de vocais.
Luís Giance (entrenador) e Víctor Santos (preparador físico e delegado do equipo) formarán por sexta temporada consecutiva o corpo téncnico.
A nova directiva está traballando xa na confección da plantilla da próxima temporada. De momento a única baixa confirmada é a de Rubén que colgou as botas ó final da pasada temporada. O club recupera a Pedro Pasantes que o ano pasado non puido formar parte da plantilla por razóns profesionais.
A parte desta incorporación, a directiva está sondeando o mercado en busca de máis fichaxes que poderían concretarse nos próximos días e dos que daremos conta aquí.
O venres 19 de xullo ralizarase a presentación do equipo nas Fontiñas para comezar a pretemporada.
Movemento de fichaxes
Novas caras na SD Sofán: Ademais da renovación de Pablo Mallón no banco, a SD xa presentou a Javier Souto, procedente do Cerqueda, a Jorge Calvete, que volve á SD tras pasar o groso da súa carreira en Buño, e a Brais Barreiro, tras un ano case en branco e tras xogar no Paiosaco, Cee e Club do Mar.
Mentres, o que sae da SD e ficha polo Malpica é o ariete Abel.
A UD Cerqueda tamén presentou ás súas dúas primeiras fichaxes trala toma de posesión da nova directiva, e de novo con Roberto Lozano no banco. Diego Puente, porteiro que procede do Cances da Liga de Peñas; e Víctor Garrido, mediocentro polivalente. En breve traeremos a orixinal campaña de socios da entidade.
O San lorenzo de Verdillo de Gueli anunciaba estes días a fichaxes de Roberto Molk. E ademais conta coas seguintes altas: José, Cebey, Kevin, Joaquín e Miguel, procedentes do Bergantiños Xuvenil, Fabeiro, do Paiosaco, Luís, do Arteixo B e Schuster, do Club do Mar.
O Cabana se reforza con Charly, do Malpica, Iago Pereira e a volta de Josiño.
E ollo co Castriz que está prantexando un equipo moi forte con intención de conseguir o ascenso á 1ª, e de feito, xa está botando as redes na combulsa situación do seu veciño xalleiro.
Torneo en Zas
E se esta fin de semana teremos o I Torneo de F7 do Volantes en Muros, tamén estaremos atentos ao Torneo de FS de Zas.
Novas relacionadas
- #regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar.
- Kiko: “O fútbol da Costa é unha drogha das duras”.
- Repaso á reunión máis importante da tempada no #futboldacosta con só o 25% dos clubes representados.
- Movementos nos clubes da Costa: 14 equipos na 3ª?.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
Torneos e fichaxes
- O Volantes ultima o seu I Torneo de Fútbol 7.
- Repaso á Fin de semana de torneos en Lariño, Cee e Corcubión.
- Máis fichaxes no Dumbría e no Ponteceso e asemblea á vista en Corcubión.
- Outra de fichaxes no #futboldacosta.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC Deportes ([email protected]).