Luns. 06.12.2021
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa na primeira fin de semana de outubro

Resultados do fútbol da Costa na primeira fin de semana de outubro

Primeira fin de semana de outubro, case cun calor de verán, e se disputaba unha nova xornada do fútbol da Costa.

Unha xornada que non foi boa para os nosos nas categorías de Pref. e 1ª. Na Pref., o Xallas de Santa Comba caía ante un potente Laracha tras perdoarlle a vida nos primeiros minutos, e baixa á 3ª praza a un punto do Boiro, que empataba en Ribadeo. O Soneira volvía de baleiro tras caer ante un Grixoa que se coloca 2º, e iso que os de Felipe fixeron un gran partido pero non estiveron acertados cara gol. O único que sumou foi o Dumbría, que mantén a 6ª praza tras empatar abnte o Taboada.

O partido da xornada disputábase o sábado en Ara Solis. Fisterra e Ponteceso colleitaban un empate que non satisfixo a ninguén e ningún dos dous equipos acaba de arrincar. Ademais, Camariñas e Malpica sufrían sendas derrotas, sendo sangrante a actuación arbitral en Lamela segundo denunciaron os camariñáns.

Empate do líder na Liga da Costa, ante un Cabana que sumou o primeiro punto. Pero o Sofán mantén os 3 puntos de distancia ante os perseguidores aproveitando o empate do Corme en Buño e o do Volantes ante o Carnota (conseguido no último minuto). A 3 tamén está a Esteirana, que vencía no derbi muradán ante o Montelouro nun choque de trens, deixando aos muradáns un punto por abaixo. Xa se meten na loita o Baio, tras un endosar un preocupante 1-8 ao Dumbría B no Conco; e o Cee, que sen sufrir demasiado superaba ao Mazaricos pola mínima.

Na 3ª, Porteño e Camelle non desaproveitaron o descanso do Independiente e se colocan á par. Os da Ponte seguen sen coñecer a derrota e esta semana desfacíanse con inusual solvencia dun Laxe que viña ben colocado. Pola súa banda o Camelle superaba nun partido moi complicado a un gran Muxía. Inmediatamente despois atopamos xa a un Ameixenda espectacular, que segue sen recibir goles e xa suma a 4ª vitoria consecutiva tras superar ao Xaviña. O Cerqueda, que non podía pasar do empate en Baíñas, e o Lira, que empataba tamén no último suspiro ante o Fisterra B, chegan por detrás.

En xuvenís, os favoritos seguen sen perdoar. No sur, o XSC sufría ante o Mazaricos pero remontaba para gañar pola mínima e se mantén líder, por diante dun Fisterra que endosaba un set ao Outes. O Dumbría e o Cee empataban a 0 e se manteñen e tiro.
No norte, Ponteceso e Malpica amosaron a súa forza ante Laxe e Coristanco, e no partido da xornada, o Cabana superaba ao Baio e se perfile como alternativa aos líderes.

Nas Ligas Galegas grandes novas para os nosos. Doble vitoria dumbriesa en Villalba e Lugo, mentres que o Bergan sumaba unha vitoria en infantís e un empate en cadetes. Así, en cadetes, carballeses e dumbrieses están igualados con 10 puntos, na 3ª e 4ª posición a 2 dos líderes. E en infantís, o Bergan mantén o liderato con 3 de 3 e o Dumbría queda 5º a dous puntos.

Ollo á xornad de Veteranos, que destaca ao Cabana líder en solitario da 1ª trala primeira derrota do Soneira ante un Xuv. Bergantiños que parece chegar dende atrás con moita forza pois suma partidos por vitorias.

Preferente Norte, xornada 7

Laracha 2-0 Xallas StComba
Grixoa 1-0 Soneira
Taboada 0-0 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 6

Fisterra 1-1 Ponteceso
Lamela 4-2Camariñas
Malpica 0-3Puebla

2º Autonómica, xornada 6

Cabana 0-0Sofán
Esteirana 4-2 Montelouro
Dumbría B 1-8 Baio
San Lorenzo 2-2 Muros
Cee 1-0 Mazaricos
Corcubión 2-4 Zas
Castriz 2-2 Outes
Buño 1-1Corme
Volantes 2-2 Carnota

3º Autonómica, xornada 6

Camelle 2-1 Muxía
Ameixenda 1-0 Xaviña
Soneira B 2-1 Coristanco
Porteño 3-0 Laxe
Castrelo 0-3 Corcoesto
Lira 1-1 Fisterra B
Baíñas 2-2 Cerqueda
Nantón 3-1 Alcaián
  • Descansa o Independiente Carballo.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 6

Soneira 0-2Esteirana
Xallas StComba 2-1 Mazaricos
Muros 7-3 Corcubión
Outes 1-6 Fisterra
Dumbría 0-0 Cee

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 6

Ponteceso 4-1 Laxe
Camariñas4-0 Zas
Cabana 3-1 Baio
Corme 2-1 Muxía
Malpica 3-1 Coristanco

Liga Galega Cadete, xornada 4

Villalbés1-2Dumbría
Bergantiños0-0Calasanz

Liga Galega Infantil, xornada 4

Lugo1-2Dumbría
Bergantiños3-1Orillamar

Liga Infantil, xornada 3

Os Miudos3-3 Outes
Cee 9-0 Sofán
Xallas StComba 7-0 E.M.F. Vimianzo
Baio 0-3 Esteirana
Corme 1-5 Cabana
Muxía 0-7 Fisterra
As Baleas 6-0 Ponteceso
  • Descansa o Coristanco.

Ligas de Veteranos, xornada 4

1ª División

Soneira 0-2Xv. Bergantiños
Bergantiños 0-2 San Román
Ponteceso 2-1 San Lorenzo
Nantón 3-1 Vimianzo
Coristanco 3-0 Camariñas
Corcubión Vet. 1-1 Castriz
Zas 1-2 Baio
Cabana 5-2 Bértoa

2ª División

Porteño 2-1 Leiloio
Corcoesto 2-2 Camelle
Cerqueda 4-3 Dep. Carballo
Agualada 1-2 Buño
Malpica 4-1 Corme
Poniente 3-3 Laxe
Sofán 4-3 At. Milagrosa
  • Descansa Muros.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

comentarios