Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Resultados dunha fin de semana de Barca

Resultados dunha fin de semana de Barca
Montelouro-Buno-Foto-Edu Olveira

Xa tivo lugar a segunda xornada da tempada, primeira para as Ligas Base e para os Veteranos. Unha xornada marcada polas festas, pola e a Barquiña (que aínda seguen…), tendo que aprazar ou modificar horarios de moitos partidos. Foi unha fin de semana completa, coa APP a pleno rendemento.

E comezamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport, coa segunda vitoria do Dumbría na tempada, e un empatiño para o cadro xalleiro na casa.

O choque da xornada era o primeiro derbi da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra entre Esteirana e o debutante Sofán. Empate colleitado no Xosé Luís Vara, semellante ao acadado polo Baio en Villestro e polo Malpica en Piloño. O mal resultado foi o do Soneira en casa ante o Sigüeiro pero a gran nova vén de Santiago onde o Corme vencía facendo un fútbol fantástico, e xa se coloca de líder da categoría, só empatado co Cordeiro e cun gol máis. Impresionante a marea Azul, que apoiou aos cormeláns na súa primeira saída.

Xa na 2ª Autonómica - ES Bazarra, 4 equipos suman 6 puntos, co Buño de líder tras unha nova goleada, desta volta en Louro. O Volantes parece que tamén arrinca con moitas gañas e vencía nada menos que en Ara Solis. Atentos teremos que estar a este Cee máis traballador, que superaba, con apuros a un bo Castriz tendo mesmo que darlle a volta ao marcador. E completando o póker de líderes, o Zas, que vencía pola mínima ao Carnota. Cómpre destacar a primeira vitoria da historia do Seaia na Liga da Costa!
A xornada tivo ademais un evento especial como foi o primeiro partido da historia celebrado na Grixa con luz artificial, onde o Porteño vencía ao Ponteceso.

Ponse o Lira de líder en solitario trala súa segunda vitoria nunha 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, na que, curiosamente lle tocaba descansar ao Muxía. Os lirachos arrincan con forza e endosaron 5 tantos ao Laxe, e son os únicos que suman 6 puntos. Por detrás, un potente Ameixenda que sacou un empate de Cerqueda, que estreaba taboleiro de puntos, igual que os veciños Nantón e Castrelo cas súas táboas. O Coristanco demostrou que na casa vai ser moi complicado sacar algo, e o Corcubión pagouno con derrota.

O sábado tamén tiña lugar a 2ª xornada das Ligas Xuvenís - MáisDeporte. Polo Sur co Outes-Muxía aprazado por motivos obvios (o Outes aínda non debutou) puidemos ver que temos equipos que van plantar cara. Ollo aos Miúdos e Esteirana, que suman 2 de 2, igual que o poderoso Dumbría. O novo Miúdos vencía 2-0 a todo un XSC que a primeira xornada arrincaba con goleada; mentres os blaugranas superaban ao Fisterra.
Polo Norte, Coristanco e Cabana colócanse de líderes con 6 puntos, tras vencer ao Ponteceso nun partidazo, e ao Baio. O Camariñas, que empezaba con moita forza, caía no derbi ante un Porteño que no seu segundo ano mellora moito. Ademais, o Corme vencía en Zas e o Malpica sufría pero sacaba a vitoria pola mínima de Laxe.

Estrea das Ligas Base

Non foi boa a primeira xornada dos equipos nas Ligas Autonómicas da zona, aos que seguiremos con moita atebnción. Por exemplo, a estrea na casa do Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, tivo polo menos o premio de recibir ao Dépor no Conco que xa vale media temporada. Os dumbrieses non puideron cos branquiazuis, sobre todo no segundo tempo.
O XSC da Liga Galega Cadete tampouco puido comezar sumando e sufría unha derrota na Coruña ante o Orillamar.
Ademais, os dumbrieses da Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría tamén caían con rotundidade en Conxo.

Xa nas Ligas locais, temos novidades. Por exemplo, en 1ª Cadete, ademais do aprazamento do choque Fisterra-Muxía, o Corcubión anunciou a súa retirada da competición. Polo demais, As Baleas é o líder trala súa goleada en Coristanco.
Mentres, na 1ª Infantil foi o Cabana o que máis goleada meteu, cun XSC tamén goleador.

Arrincaron os Veteranos

E xa temos as Ligas dos Veteranos en marcha, coa novidade da retirada do Muros da competición. Destacar o Coristanco na 1ª División, quwe arrinca como acabou a pasada campaña, de líder, cunha boa goleada. Mentres, na 2ª División, o máis destacado foi o espectacular debut do novo equipo da Liga, o Razo-San Isidro, cun rotundo 5-0 ao Sofán.

Preferente - Senra Sport, xornada 3

Dumbría 1-0 Arteixo
Xallas StComba 0-0O Val

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 2

Piloño 1-1 Malpica
Amio0-3 Corme
Soneira1-2 Sigüeiro
Villestro2-2 Baio
Esteirana 1-1 Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 2

Porteño 3-1 Ponteceso
Cabana 4-1 Camariñas
Camelle 1-4 Baíñas
Montelouro 1-5 Buño
San Lorenzo 2-1 Outes
Seaia 2-1Mazaricos
Fisterra 1-4Volantes
Cee 2-1 Castriz
Zas 2-1Carnota

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 2

Coristanco 2-0 Corcubión
Lira 5-2 Laxe
Nantón 1-1Castrelo
Cerqueda 0-0 Ameixenda
  • Descansa Muxía.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 2

Os Miudos 2-0 Xallas StComba
Esteirana 2-1 Fisterra
Corcubión 0-2Castriz
Cee 1-4Dumbría
  • Outes - Muxía aprazado.

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 2

Camariñas 2-3Porteño
Cabana 4-1Baio
Zas 3-4 Corme
Laxe 0-1 Malpica
Coristanco 4-5Ponteceso

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 1

Dumbría0-4Deportivo

Liga Galega Cadete, xornada 1

Orillamar3-0XSC

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 1

Conxo4-0Dumbría

1ª Cadete, xornada 1

Esteirana 1-2 Corme
Coristanco 0-8 As Baleas
Fisterra Apraz. Muxía
Outes 2-2 Cee
Ponteceso 3-1Os Miudos
Baio 0-1 Cabana
Corcubión - Sofán
  • Fisterra - Muxía Aprazado.
  • O Corcubión retirouse da competición.

1ª Infantil, xornada 1

Esteirana 8-3 Ponteceso
Cee 3-1 Os Miudos
Sofán 0-6 Xallas StComba
Corme 2-3 Fisterra
Outes 6-0 Coristanco
Cabana 7-1 Zas
  • Descansa EFM Vimianzo.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 1

Coristanco 5-1 Dumbría
Castriz 0-2 Hosgran
Xuv. Bergantiños 3-6 Laxe
San Lorenzo 4-4 At. Milagrosa
Zas 2-3 Soneira
  • Baio-San Román e Bértoa-Cabana apraz.
  • Ponteceso descansa.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 1

Dep. Carballo 1-1 Corcoesto
Porteño 4-1 Malpica
Erbecedo 4-5 Camariñas
San Isidro-Razo 5-0 Sofán
Buño 0-3 Cerqueda
Agualada 3-2 Poniente
Leiloio 2-1 Nantón
  • Descansa Vimianzo.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios