Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Resultados dunha nova xornada de FútboldaCosta pasada por auga

Resultados dunha nova xornada de FútboldaCosta pasada por auga
Choque do XSC -Foto-Mca Cuns

Pasada por auga esta xornada do Fútbol da Costa, con máis de 80 partidos en competición.

E comezamos a análise da xornada pola Preferente - Senra Sport, con sorte dispar para os nosos. O Dumbría conseguía manter os os puntos na casa vencendo ao Riveira, e sobe ata á 7ª praza, sumando 19 puntos. Pola contra, o XSC non trouxo nada do difícil campo do Negreira, 2º na táboa, e queda na 12ª posición con 15.

A xornada tiña o foco de atención na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra, cun novo derbi. no que o Sofán demostrou por que está de líder, con 4 puntos sobre Villestro e Baio. Os carballeses seguen facendo do Carral un fortín, e non deixaron roubar o primeiro punto nin a un Malpica que chegaba moi forte nas últimas xornadas. Non quixo perder comba o Baio, e volvía cos 3 puntos de Sigüeiro.
Temos que baixar ata a 13ª posición para atopar ao seguinte costeiro, un Soneira que só mantiña un empate ante o colista Silleda. O Malpica ten un punto menos que os soneiráns, e están empatados cun Corme, que conseguía romper unha xeira de 5 derrotas consecutivas cun empate que sabe a vitoria en Agolada, despois dunha espectacular remontada na segunda metade tras ir ao descanso con 3-0 en contra.

Xa na 2ª Autonómica - ES Bazarra, o líder, San Lorenzo, afianza a súa posición tras vencer nada menos que en San Andrés ante o seu inmediato perseguidor, un Zas que non puido co poderío físico dos de Verdillo, quedando xa a 4 puntos, empatados cun Castriz que non fallou ante un gran Outes, noutro dos choques xa xornada. Ademais, chama a atención o 1-6 que o Fisterra sacou do San Paio de Refoxos nun dos derbis históricos da Liga da Costa, pois ademais chegaban os dous equipos con liñas dispares.
Por abaixo, Camelle e Montelouro sacaban un puntiño nas Redondas e en Agra da Figueira no derbi muradán ante o potente Volantes.

Xornada importante na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O Ameixenda non puido cun gran Cerqueda. que fixo un partidazo en Cee colleitando un empate ante o líder. Por detrás, a 7 do cadro ceense, Corcubión e Coristanco asinaron un igualado empate. O Lira acabou coa súa mala xeira no debut de Javier no banco liracho, trala marcha de Pedrosa, vencendo en Laxe. Ademais, o Castrelo demostrou que non vai ser nunca máis a cincenta da categoría gañando ao Nantón e case que meténdose na loita polas prazas de Promoción.

Voltas na Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte. Se o Dumbría segue firme por arriba, na loita polas 2 prazas restantes está máis quente que nunca. Os Miúdos e Esteirana caían ante XSC e Fisterra, aprenando a cousa e deixando 6 equipos en 7 puntos.
Polo Norte o Cabana non para, e detrás pegado o Camariñas, que venceu o derbi máis interesante dos últimos anos na categoría ante un fantástico Porteño, que aínda así completa o trío de cabeza. O Coristanco empataba no Pinguel ante un Ponteceso que quere meterse na loita, mentres o Corme vencía o Zas e se coloca a un partido da promoción.

Nas Ligas Autonómicas, malos resultados para os dumbrieses e gran paso do XSC da Liga Galega. Xa nas Ligas locais, non fallaron os de arriba na 1ª Cadete, mentres na 1ª Infantil, o XSC non perdoou ante o Zas e amplía a vantaxe a 4 puntos sobre Os Miúdos, que descansaban, e Fisterra.

Cambio de líder na 1ª División dos Veteranos. O Coristanco, actual campión, aproveitou o tropezo do Hosgran ante o At. Milagrosa para poñerse de líder, despois de superar ao Castriz. Ollo cos coristanqueses, que suman 20 puntos, os mesmos que os cabaneses do Hosgran, pero cun partido menos e sen aínda coñecer a derrota. O Zas mantense a tiro, igual que o Dumbría, que descansaba.
Na 2ª División había choque directo no alto da táboa, e o Agualada sae máis líder tras vencer 3-2 ao Erbecedo, que queda a 4 puntos, empatado co Porteño, que non fallaba ante o Dep. Carballo. O San Isidro-Razo non quere perder comba.

Preferente - Senra Sport, xornada 12

Negreira 2-0 Xallas StComba
Dumbría2-0 Atl. Riveira

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 11

Agolada3-3Corme
Esteirana1-3Puebla
Soneira1-1 Silleda
Sigüeiro0-2Baio
Sofán1-0 Malpica

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 11

Cabana2-2 Camelle
Seaia2-2Porteño
Montelouro1-1Volantes
Carnota0-2Baíñas
Zas0-2San Lorenzo
Camariñas2-0 Ponteceso
Cee1-6 Fisterra
Castriz3-2 Outes
Buño1-1Mazaricos

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 11

Corcubión1-1Coristanco
Castrelo1-0 Nantón
Ameixenda2-2 Cerqueda
Laxe2-4 Lira
  • Descansa Muxía.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 11

Dumbría4-0Cee
Fisterra4-1Esteirana
Muxía1-0Outes
Castriz1-1Corcubión
Xallas StComba4-2Os Miudos

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 11

Corme2-1Zas
Porteño1-3Camariñas
Baio1-3Cabana
Ponteceso2-2 Coristanco
Malpica3-4Laxe

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 10

Víctoria1-0 Dumbría

Liga Galega Cadete, xornada 10

Imperator1-3 Xallas StComba

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 10

Ural2-0Dumbría

1ª Cadete, xornada 10

Muxía1-0Cabana
Coristanco5-3 Baio
Fisterra14-0Sofán
Cee1-0 Os Miudos
Corme6-1 Outes
Esteirana5-3As Baleas
  • Descansa Ponteceso.

1ª Infantil, xornada 10

Xallas StComba5-2Zas
Cabana3-1Corme
Vimianzo2-2Coristanco
Outes2-2 Esteirana
Cee1-4Fisterra
Sofán2-1Ponteceso
  • Descansa Os Miúdos.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 3

Dumbría 1-6 Cee A
Cee B2-6Fisterra
Os Miúdos B2-12 Dumbría B
Os Miúdos A2-1Lira
As Baleas1-3 Esteirana A
XSC A1-5 Outes A
Sofán8-2Esteirana B

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 3

Dumbría 5-0 Cee A
Cee B0-7 Fisterra
As Baleas5-1 Esteirana
XSC A1-5 Outes
Os Miúdos A17-3 Lira
Sofán6-1 XSC B
  • Descansa Os Miúdos B.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 10

Laxe0-2 Zas
At. Milagrosa4-4Hosgran
Soneira0-0 Cabana
San Lorenzo2-3 San Román
Ponteceso2-1 Baio
Xv. Bergantiños2-2 Bértoa
Coristanco3-1Castriz
  • Descansa Dumbría.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 10

Poniente1-6Vimianzo
Malpica2-2 Cerqueda
Nantón3-0Sofán
Leiloio1-1 Corcoesto
Porteño5-1 Dep. Carballo
Agualada3-2Erbecedo
Buño0-2 San Isidro-Razo
  • Descansa Camariñas S.D.V..

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios