Última xornada de marzo e o Fútbol da Costa demostrou a súa mellor cara, con partidazos en moitos campos costeiros.
Peor case non puido ser a xornada na Preferente. O Dumbría non pasaba do empate en Riveira e o Silva arrebátalle esa 4ª praza que dá acceso á Promoción. Ademais, novas derrotas do XSC e Soneira, que os deixan ao borde do descenso.
Un par de arrastres que influiría na 1ª Autonómica, cun Ponteceso e un Camariñas que cada día o teñen máis complicado. Había doble derbi, e o Malpica levou os puntos de Camariñas para seguir loitando pola 2ª praza, mentres o Baio superaba á Esteirana, un cadro blaugrana que aínda non se pode deixar levar.
Espectacular a xornada na 2ª Autonómica. O líder Corme non o tivo tan fácil como esperaba ante un Corcubión case descendido, pero segue sen perder dende a xornada 11. Por detrás, o Sofán vibrou cun partidazo no Carral ante o Cee, que conseguía remontar un 3-1, para poñerse por diante, pero acabou sucumbindo ante a puxanza dos carballeses. Con algo de polémica empataba o Zas en Outes, marcando con 5 minutos sobre o tempo regulamentario, e con unha pequena tangana, tras un partido intenso, e unha arbitraxe mala para ambos. Aí está a Liga.
Por abaixo, vitorias importantes de Porteño e Camelle que os achegan á zona tranquila, pero de haber dous arrastres, aínda serán os camelláns os que acompañen a Muros, que non puido vencer ao Cabana, e Corcubión no descenso. A cousa tamén está tremendamente intensa por abaixo.
Como se pon a cousa de cara a última xornada na 3ª Autonómica. Na loita polo título, Baíñas e Montelouro non fallaron e se xogarán o campionato en Agra da Filgueira a vida ou morte. Pero é que a loita pola Promoción está que ferve. O Coristanco asinaba o seu pase ao Play Off cunha cómoda vitoria ante o Castrelo. Tamén o Lira certificaba a súa presentacia na seguinte fase vencendo en Laxe, ao ter o golaverage individual co Seaia a favor. E o Ameixenda ten case a praza reservada, a pesar de caer onte ante o cadro muxián.
Quedan pois dúas prazas para 4 equipos. Ameixenda e Muxía partirán como favorito. Quedan fóra a día de hoxe o Seaia e o Nantón, a 1 e 2 puntos do Muxía. E para a última xornada, Muxía-Seaia en todo o alto. O Nantón terá que vencer ao Laxe e esperar que Muxía e Seaia empaten, pois se co Ameixenda non ten o golaverage, si que o ten co Muxía. Un triple empate entre Ameixenda, Muxía e Nantón deixaría ao cadro ceense fóra, tras estudiar os 6 partidos entre eles.
Segue a categoría xuvenil sen demasiado interese, con Dumbría e Esteirana na súa liña na Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil; mentres Camariñas segue mandando no Grupo Norte da Liga da Copa da Costa e o Cee toma o mando no Grupo Sur aproveitando a derrota do Muros ante o Fisterra.
Xa en Cadetes, e tralo susto da semana pasada, o XSC non quere máis tropezos e goleaba ás Baleas, quedando agora con 5 puntos de vantaxe sobre o 2º, un Cabana que non pasaba do empate en Muxía, 6 sobre o Fisterra, que caía ante un Muros que queda 4º a 7 do líder.
Disputouse ademais a Previa da I Copa da Costa Infantil, con Muxía, Fisterra e Corme dando pasos adiante cara a seguinte rolda. Xa podedes ver todos os cadros en Ligas de Veteranos. Na 1ª, o Coristanco ten o título na punta dos dedos, logo de vencer en Ponteceso e aproveitar o empate do Soneira en Muros. Os verdes suman 6 puntos máis que Bértoa e Soneira a falta de 3 xornadas.
Ademais, en 2ª, o Milagrosa certificou o seu ascenso e o Corcoesto poderá asinalo a vindeira semana, e ocuparán os postos de Nantón e Camariñas Vet..
Riveira | 2-2 | Dumbría |
Xallas StComba | 1-2 | Ribadeo |
Residencia | 4-0 | Soneira |
Baio | 4-1 | Esteirana |
Noia | 3-0 | Ponteceso |
Camariñas | 0-2 | Malpica |
Cabana | 1-1 | Muros |
Fisterra | 2-0 | San Lorenzo |
Porteño | 2-1 | Castriz |
Sofán | 5-4 | Cee |
Corcubión | 1-2 | Corme |
Buño | 2-4 | Camelle |
Outes | 1-1 | Zas |
Volantes | 0-0 | Mazaricos |
- Descansa o Carnota que suma os 3 puntos do IDC.
Ameixenda | 1-3 | Muxía |
Corcoesto | 0-2 | Cerqueda |
Seaia | 0-1 | Montelouro |
Coristanco | 3-0 | Castrelo |
Laxe | 0-1 | Lira |
Baíñas | 3-1 | Nantón |
Malpica | 2-1 | Corme |
Cabana | 0-4 | Esteirana |
Dumbría | 1-0 | Xallas StComba |
Ponteceso | 1-2 | Camariñas |
Coristanco | 4-1 | Porteño |
Baio | 3-1 | Castriz |
Muros | 2-3 | Fisterra |
Lira | 1-8 | Outes |
Muxía | 0-2 | Cee |
Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 7
Dumbría | 1-1 | Galicia Caranza |
Muxía | 1-1 | Cabana |
Coristanco | 3-2 | Zas |
Esteirana | 1-3 | Cee |
Muros | 4-2 | Fisterra |
Corcubión | 2-0 | Baio |
As Baleas | 0-7 | Xallas StComba |
Muxía | 4-2 | As Baleas |
Cabana | 1-1 | Corme |
EF Corcubión | 0-1 | Sofán |
Coristanco | 9-0 | Baio |
Dumbría | 4-2 | Os Miúdos A |
XSC B | 5-0 | Os Miúdos B |
Zas | 1-4 | Cee |
Fisterra | 9-1 | Lira |
XSC A | 1-3 | Esteirana |
Muxía | 5-1 | As Baleas A |
Cabana | 7-1 | Corme |
As Baleas B | 4-2 | E.M.F. Vimianzo |
Ponteceso | 0-10 | Sofán |
Coristanco | 3-2 | Baio |
Dumbría | 3-11 | Os Miúdos A |
XSC B | 0-0 | Os Miúdos B |
Outes | 7-2 | Esteirana B |
Zas | 1-15 | Cee |
Fisterra | 9-2 | Lira |
XSC A | 8-1 | Esteirana A |
Cee B | 1-2 | Xallas StComba |
Baio | 0-2 | Esteirana |
Dumbría | 3-4 | EF Corcubión |
Fisterra | 0-9 | As Baleas |
Muros | 1-1 | Soneira |
San Román | 1-2 | Zas |
Xv. Bergantiños | 0-5 | Cabana |
Ponteceso | 1-2 | Coristanco |
Nantón | 20/04 - 11:00 | Dumbría |
San Lorenzo | 0-1 | Castriz |
Baio | 1-2 | Laxe |
Camariñas Vet | 0-2 | Bértoa |
Leiloio | 3-3 | Sofán |
Camelle | 5-3 | Malpica |
Poniente | 1-4 | At. Milagrosa |
Dep. Carballo | 0-4 | Erbecedo |
Buño | 0-2 | Porteño |
Corcoesto | 3-1 | Agualada |
- Descansan Vimianzo e Cerqueda.
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte