mércores. 30.04.2025
El tiempo

Resumo do 2015: As 10 novas máis lidas

Resumo do 2015: As 10 novas máis lidas
resumo 2015 as dez novas mais lidas Sucesos, eleccións, educación, deportes,... e ata un terremoto. Todo esto foi o que dou de si o 2015 en Que Pasa na Costa; un ano no que, por certo, renovamos a imaxe da nosa cabeceira. O pasamento de Alex Pombo Coñecido pola súa traxectoria futboleira, social e profesional o pasamento de Alex Pombo consternou a unha boa parte da Costa da Morte a finais de marzo do 2015. A lotería do nadal deixa un cuarto premio en Cee A administración de lotaría do centro comercial FinisTerrae vendeu un dos 4º premios do sorteo de nadal celebrado o pasado 22 de decembro. O número premiado foi o 71119 e correspóndelle 20.000€ ao décimo. A pena foi que só se venderan dous boletos. A desapación dun policía nacional no cabo Fisterra O 18 de outubro de 2015 saltaba a voz de alarma sobre a desaparición dun policía nacional, de 25 anos de idade e natural de Madrid, nas inmediacións do cabo Fisterra. A nova causou un forte impacto sobre os lectores de QPC quizáis polo amplo despregue de medios que empregou o corpo de seguridade para a búsqueda do axente. A nova sobre a aparición do corpo, catro días despois, tamén foi unha das máis lidas neste 2015. O caso de Hadrián Unha das persoas máis mediáticas deste 2015 na Costa da Morte foi Nieves Villar, a nai de Hadrián. O plantón que lle deu o conselleiro de Educación, unha cadea humana con máis de 1000 mans,... están entre as novas máis lidas neste ano en Que Pasa na Costa. E todo isto por solicitar unha lei galega de educación domiciliaria para os nenos e as nenas con enfermidades de longa duración. Eleccións Municipais O 2o15 foi ano de eleccións, xa que en maio tiveron lugar as votacións municipais e en decembro as xerais. Unha das novas máis lidas da área polítca de QPC foi a publicación de todas as candidaturas da Costa da Morte que se presentaron no #24M. A carta de despedida de Pablo Mallón O pasado 29 de novembro, Pablón Mallón anunciou que deixaba o banco do Baíñas e foi el mesmo quen dou as súas propias explicacións. Explícabanos que lle era infiel ao fútbol e o motivo diso eran os seus fillos. Escribiu para QPC unha carta moi emocionante entrou no ránking da novas máis lidas durante o 2015. Indenminación do Sergas Un veciño de Muxía recibiu 20.000€ do Sergas despois de que o xulgado do contencioso determinase esta cantidade por non informar ao paciente sobre os riscos dunha ciruxía que lle practicaran previamente no hospital Virxe da Xunqueira. Terremotos en Bergantiños En outubro, os veciños e veciñas da Costa da Morte lían con preocupación a nova sobre os terremotos que se deixaron notar principalmente na zona de Bergantiños. O máis importante tivo unha intensidade de 2.5 na escala de Richter e produciuse ás 0:17 horas do 14 de outubro. Accidentes Na penúltima fin de semana do mes de outubro rexistráronse varios accidentes nas estradas da Costa da Morte que despertaron un grande interese nos lectores de QPC. Un motorista falecido en Santa Comba e a saída de vía dun camión ao seu paso por Torelo - Vimianzo - protagonizaron unha das novas máis lidas do 2015-. Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa E como non podía ser doutra maneira, o Fútbol da Costa entra dentro do ránking das novas máis lidas durante o 2015. Concretamente, unha das informacións que causou máis interese foi o mercado de fichaxes no que se deu conta das altas e baixas que rexistraron os equipos da bisbarra. Ademais deste #top10 de novas máis lidas durante o 2015 houbo outras que non pasaron desapercibidas para os lectores de QPC como a detención do ex alcalde de Santa Comba que se produciu no mes de novembro pola súa implicación na operación Qatedra. Recibiu tamén unha boa cantidade de visitas a información que se daba o pasado 7 de novembro sobre a quebra de Lácteos Pérez. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)

Comentarios