Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Santi Soneira arrasa no tiro con arco galego

Santi Soneira arrasa no tiro con arco galego
Santi Soneira Campion Galego de Tiro con Arco Espido Aire Libre 2016 Santi Soneira, no alto do podio como Campión Galego de Tiro con Arco Espido Aire Libre 2016

Menudo nivel que ten a Costa da Morte en materia de tiro con arco. Os peque-arqueiros de Vimianzo seguen medrando, e teñen no seu veciño soneirán, Santi Soneira, un bo exemplo onde fixarse.

O baiés, representante do Club de tiro con arco Su a Agra de Baio tivo un mes de abril e primeiro de maio moi cheo de competicións. Santi leva gañadas todas as probas do Campionato Galego de Arco Espido neste 2016, ademais de alcanzar un impresionante 5º posto a nivel estatal.

Un ano de probas de primeiro nivel

O pasado 9 de abril Santi acodía ao Trofeo Meigarco "Concello de Redondela”, que se celebraba coa nova normativa que logo se usaría no Campeonato de España no que se tiran 18 frechas en cada unha das novas 4 distancias a 35m. 25m. 15m. e 8m. O arqueiro soneirán acadou a 1ª posición en Arco Espido sumando un total de 285ptos.
O seguinte torneo foi o 17 de Abril o Trofeo Federación Galega Xunta de Galicia Aire Libre que se celebraría tamén en Redondela. Este torneo, xunto co Campeonato Galego, son as probas nas que se tiñan que alcanzar unha puntuación especifica para poder optar a ir subvencionado o Campeonato de España. Estes torneos a competición celebrouse coa antiga normativa de tirar 36 frechas a 30m. e 36 frechas a 18m. Neste torneo o noso representante Santi Soneira acadaria de novo a 1ª posición do podio con 317ptos. e conseguindo asi a primeira puntuación para poder acadar a subvención.

O Campionato Galego de Arco Tradicional e Espido Aire Libre 2016 celebrariase o 24 de abril nesta ocasión o lugar elexido para a celebración do mesmo foi en Pontevedra. O noso arqueiro Santi Soneira acadaria 313ptos. na ronda de clasificación da mañan logo de tirar as 72 frechas (36 a 30m. e 36 a 18m.) con dita puntuación conseguiría a subvención para ir o campeonato de España.
Xa pola tarde tiranbase as eliminatorias segundo a clasificación da mañan para decidir quen se proclamaría Campeón Galego na modalidade de Arco Espido, despois de ir solventando as distintas eliminatorias Santi Soneira chegou a final, na que se enfrontou a Iñaki Fariña Muradás e logo de empatar a 5 puntos na eliminatoria decidiriase o Campión Galego a unha soa flecha a que máis se aproximase o centro da diana. Iñaki Fariña lanzou a súa flecha na 2º zona de puntuación máis alta desta modalidade que se corresponde con un 5 e Santi Soneira lanzou a súa flecha na zona central da diana conseguindo un 6 coa que se proclamaría Campeón Galego de Arco Espido en Aire Libre 2016.

Conseguía así este ano os 2 campeonatos da modalidade xa que en xaneiro deste ano tamén logrou ser Campeon de Sala da modalide, e gañando tódolos torneos no que vai de 2016.

Santi Soneira Trofeo Federacion Aire Libre 2016 Santi Soneira no Trofeo Federacion Aire Libre 2016

Ao Campionato de España

O 7 e 8 de maio o noso Arqueiro desprazouse ata Aranjuez para participar no Campionato de España Tradicional e Espido Aire Libre 2016. Neste caso celébrase o sábado 7 a ronda de clasificación pola tarde coa nova normativa de tirar 18 frechas a cada unha das 4 distancias 35m, 25m, 15m e 8m na cal o finalizar a tarde se colocaría na 5º posición logrando pasar o corte para tirar as eliminatorias do domingo, cunha puntuación de 316ptos.

Xa o domingo pola mañá se disputarían as eliminatorias coa nova normativa tirariase unha ronda de 18 frechas a 15m. da cal solo pasarian os 8 mellores clasificados para tirar as eliminatorias de cuartos de final. Nesta ocasión ó noso arqueiro as cousas non lle sairian tan ben coma o día anterior e non pasaria o corte, polo acabou o campionato na 13ª posición final.

Santi Soneira no Campeonato España Aire Libre 2016 Aranjuez coa expedicion galega Santi Soneira no Campeonato España Aire Libre 2016 Aranjuez coa expedicion galega

Novas relacionadas

Fonte

  • Su A Agra.

Comentarios