mércores. 30.04.2025
El tiempo

Soneira, Muros e Cerqueda pechan o ano cunha nova vitoria

Soneira, Muros e Cerqueda pechan o ano cunha nova vitoria
Varios encontros tiveron lugar este domingo 26 de decembro na Costa. Varios encontros adiantados da primeira xornada do ano, para que os equipos poidan ter uns días de vacacións de aquí a fin de ano. E venceron os que mellor liña de resultados mantiñan nos últimos tempos, xa que tanto Soneira, como Muros como Cerqueda rematan o ano como motos. E se o Soneira rematou o ano dun xeito impresionante, o Muros pecha tamén o 2010 cunha racha de 8 encontros sen perder. Fíxoo a contad un Pindo que segue acusando demasiado as baixas. Na 3ª tamén houbo un choque, no que o Cerqueda se pega ao Mazaricos, ao que non lle vai deixar respirar.

Grixoa - Soneira (1-2)

  • Soneira: Fran (Pose, min.75), Ferreiro, Fran de Urroa, Vecino (Pablo, min.85), Javi, Santi, Miguel, Kike (Darío, min.55), Víctor García, Mario, Vituco (Vía Rápida, min.87).
  • Goles: 1-0, min.5:; 1-1, min.60: Miguel de cabeza tras unha falta de Mario; 1-2, min.88: Ferreiro tras un córner que peinou Santi.
  • Lesión: Vecino e o meta Fran.
Remata o ano o Soneira mellor que nunca. Na 7ª posición, con 30 puntos, difícilmente e podía ter feito mellor o equipo de Manolito neste arranque de tempada. E iso que saíu o equipo durmido e encaixou un tanto aos 5 minutos. Pero no minuto 15 xa colleu o mando o equipo soneirán e tocando e xogando ben ao fútbol foi achegándose á meta local. A segunda media hora da primeira metade foi un monólogo branco, demostrando ademais que poucos están tan ben físicamente como os vimianceses. Miguel lembrou co seu gol o do ascenso en Arteixo do ano pasado e puxo o empate tras unha falta sacada por Mario. E de novo nos últimos minutos o Soneira dáballe a volta ao marcador e quedaba cos 3 puntos, demostrando que o equipo vai pola vitoria ata o último minuto. Ferreiro remataba un córner que peinaba Santi, e puxo o 1-2 final.

Muros – O Pindo (3-1)

  • Muros: Lupi, Iván (Gael, min.65), Miguel, Mayuyo, David, Barito, Bibi, Oscar (Martin, min.70), Sexo, Gelo (Dani, min.55), Toni (Gabi, min.75).
  • O Pindo: Garrido, Miguel de Lira, Jose Express, Cesar, Mateo, Julián, Rafa, Edu, Fran (Piquero min 60), Víctor e Aitor.
  • Goles: 1-0, min.1. Toni; 2-0, min.20: Bibi; 3-0, min.60: Toni; 3-1, min.70: Aitor
  • .Expulsión: Felipe por rir tras un fóra de xogo.
Chegou o Pindo a este partido adiantado con moitas baixas e importantes de última hora, e por encima saía durmindo ao partido xa que nada máis comezar Toni remataba de semi-chilena dentro da area pequena totalmente só e puña o 1-0 no marcador de Miraflores. Seguiría o Muros dominando e despois dun rechace Bibi facia o 2-0 cun disparo dende o borde da área, un bo gol dun dos clásicos da Liga da Costa. Terminaría o primeira metade con un par de ocasións máis falladas polo Muros, e polo Pindo tan só un balón que disparou Víctor que un defensor do Muros para co brazo pero o arbitro que daba a espalda a xogada non pitou nada. Na segunda parte O Pindo parecía espertar, debido tamén o relax do Muros, e así chegaba unha ocasión clara de gol que o meta Lupi sacaría cunha man incrible, e na seguinte xogada chegaría o 3-0, o que é o futbol, cando estivo apunto de chegar o 2-1 chega o 3-0 no min 55. O gol da honra farío Aitor despois dun balón as espaldas da defensa.

Lira – Cerqueda (0-1)

  • Lira: Romaní, Álvaro, Herminio, Pelexo, Pedro; Suso Perico (Chumi, min.60), Marco Antonio (Pepiño, min.75), Germán (Chindo, min.80), Javi (Toni, min.70); Ancho e Rico.
  • Cerqueda: Fredi, Javi, Alberto, Dani, Nión (Uru, min.88), Santi, Josiño, Dani Añón (Rober, min.60), Lorenzo, Carlos (Dieguito, min.58), Alex.
  • Gol: 0-1, min.75: Josiño dende 30 metros e coa axuda do meta local.
Partido moi igualado entre dous equipos moi ben plantados que se decantou por un erro do porteiro local. No primeiro tempo os dous equipos se amosaron moi fortes, pero, inda que non dominase ningún dos dous contendentes, os locais, dispuxeron de varias boas ocasións, en concreto de dous mans a mans fronte o porteiro visitante de Rico (na foto) e Ancho respectivamente que foron marrados. Ademais disto cabe destacar un remate de cabeza do Rico que marrou só a altura do punto de penalti de cabeza un centro de Javi, e un balón atrás que non atopou rematador de Suso Perico. Por parte dos visitantes un tiro dende a frontal preto do pau de Romaní e un barullo na área a saída dun saque dende o curruncho. Na segunda parte os dous equipos seguiron na mesma liña, pero sen crear ocasións, ata que no min 75, un disparo sen perigo dende 30 metros, que quixo chapar Romaní, colouse por baixo dos seus brazos e rematou no postreiro 1-0. A partires de aí o partido voltouse tolo. O colexiado expulsou a Herminou por dúas tarxetas demasiado excesivas e ata se lle escoitou un “esta es la mia que ahora te vas a la calle!!!! simpatiquisimo!!!”. Herminio rematou dándolle unha “collleja” ao colexiado. O partido voltouse de ida e volta tendo o Cerqueda unha ocasion clarísima nunha contra a que non chegaron a rematar dous dianteiros visitantes que estaban sen marca. Non matou a contra a UD e no último minuto un voleon de Rico que deixou botar o porteiro visitante foise a escadra e cando se colaba chegou este e o sacou case de dentro.

Fisterra – Xallas (4-4)

  • A tanda de penaltis deciciu que o Xallas fose o gañador.
Encontro amigable en Ara Solis para celebrar o 50 aniversario do clube fisterrán. O Fisterra comezou dominando e pronto se adiantou. Pero a segunda metade foi de clara cor xalleira,que empatou un encontro vibrante. A tanda de penaltis decidiu para os xalleiros.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Fotografía do Lira - Cerqueda de Miguel de Lira.

Comentarios