Tempo dos peque-futbolistas

16:07 20/06/13
Será esta fin de semana tempo dos máis pequenos. I é que ademais das semifinais de Copa, da finalísima do Baio na Fase de Ascenso á 1ª, e da gran final dos Veteranos, os máis pequenos terán moito protagonismo. Por unha banda, os infantís do XSC loitarán polo ascenso á Liga Galega, e ademais, teremos 3 torneos cos pequenos como protagonistas, en Cabana, Carballo e Cee.
Ademais, tralo torneo en categoría infantil, xa está todo listo para o primeiro Torneo “Verán 2013″ de Fútbol 8 do Unión Club Cee para as categorías Alevín, Benxamín, Prebenxamín e Biberón, que se disputará o vindeiro sábado 22 de xuño no campo Municipal San Paio de Refoxos.
Estes son os horarios:
Torneo de Fútbol Base de Cabana
Tras varios cambios, este tremendo torneo artellado por un dos clubes que mellor coida a canteira do fútbol costeiro, prantexa este calendario de partidos para o seu torneo anual, con 14 equipos de toda a provincia.

Torneo de Verán de Fútbol 8 do UC Cee


Torneo de Fútbol 8 en Carballo
Os días 21, 22 e 23 de xuño tern lugar nos campos de herba artificial das Eiroas o IX Torneo de Fútbol 8 Concello de Carballo. As categorías inferiores de nove clubs de renome de España danse cita un ano máis nas Eiroas no Torneo Fútbol 8 Alevín Concello de Carballo, que este San Xoán cumpre nove edicións e cinco como Memorial José Luis Vara Olveira. No cartel deste ano hai que subliñar a presenza do FC Barcelona -vixente campión, e xa un habitual do torneo-, o RC Deportivo, o RC Celta -campión da quinta edición-, o Real Valladolid, o Sporting de Xixón, as Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz, Las Rozas FC, o CD Berceo e o Pabellón CF, que participa por segunda vez, nesta edición como campión da fase previa. Así mesmo, as Escolas recoñecerán o mérito deportivo de Ángel Esmorís Tasende, que está xogando no equipo xuvenil do Manchester City, rendéndolle unha homenaxe.
Novas relacionadas
- Os irmandiños de Baio invaden a capital viquinga de Ribeira.
- Os clubes de fútbol teñen ata o 30 de xuño para enviar as inscricións na tempada 2013/2014.
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- A UD Carnota ao fío da baixa federativa.
- Unha de porteiros no Conco.
- A maxia pisou o Conco.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Os pequenos do Dumbría e o IDC foron recibidos polos seus alcaldes.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Torneos
- Máis Torneos por Carballo, Lariño e Zas.
- Cabana segue apostando polo fútbol base cunha nova edición do seu Torneo e Cee estrea un de Infantís.
- O Sporting Seaia busca fondos cun Torneo para poder federarse.
- Unha de Torneos por Carnota, Muros e ata Tordoia.
Artigos relacionados
- Xosé María Lema Suárez: A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).