sábado. 14.12.2024
El tiempo

Poucas sorpresas na xornada de Terceira

Poucas sorpresas na xornada de Terceira
Salvo a derrota do Carnota en Carballo non houbo sorpresas na xornada da festividade da Constitución. O Montelouro, Cerqueda e Porteño golearon, o Coristanco gañou con moito apuros en Muros mentres que O Cabana e Outes firmaron táboas nun encontro no que os locais puideron sacar algo máis. Un dato positivo da xornada foi que non houbo ningunha expulsión.

Independiente - Carnota (2-0)

  • INDEPENDIENTE: Upi, Efrén (Javier, min.82), Rafa (Jonathan, min.60), Jorge, Dani, Roberto (Cholo, min.52), Ivi, Juni, Toni (Brais, min.69), Carlos e Iván Lorenzo (Moreno, min.72).
  • CARNOTA: Peipo, David de Brea, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Tono da Caixa, Borja Santos, Jacobo, Manuel Luis (David Castreje, min.80), Pumuki (Tono Goyanes, min.75), Manoliño e Casti.
  • Goles: 1-0, min.60: Cholo, de falta; 2-0, min.86: Cholo.
Pegou a gran sorpresa a Unión Deportiva Carnota ao caer no pequeno dos campos das Eiroas, dunhas dimensións que xogaron en contra dos seus intereses. Apenas houbo achegamentos as áreas, salvo dúas opcións de Casti para un Carnota descoñecido. Cholo, de falta directa que tocou na barreira, e Cholo outra vez, en xogada personal, decidiu o partido.

Soneira B - Camelle (1-0)

  • SONEIRA B:Víctor, Curra, Vicente, Pichón (Chuchi, min.83), Alberto, Jemisa, Dani (Cho, min.61),Quilmes, Cristian de Cereixo (Borja, min.90), Cristian de Carantoña (Capote, min.55) e Richi.
  • CAMELLE:Carlos, Cristian (Buri, min.46), Coruña, Valiña, Adrián, René (Alveroo Pantera, min.82), Varu (Tedín, min.46), Iván, Barreiro, Josiño (Sergio, min.74) e Mario.
  • Gol: 1-0, min.69: Richi.
Un solitario gol do xuvenil de priemrio ano, Richi, doulle tres puntos ao equipo de Mayco nun partido moi igualado e sen moitas ocasións de gol. Un pase entre liñas de Capote para Vicente que se internou por banda e centrou raso para que Richi marcara tirandose en plancha serviu para que o filial soneirán sume tres puntos máis. O Camelle tivo as súas oportunidades para igualar, pero Iván tirou lixeiramente alto e logo o seu compañeiro Barreiro lanzou unha pena máxima por enriba do longueiro (min.76).

Montelouro – Atl. Pereiriña (7-0)

  • MONTELOURO: Isma, Pablo, Juan, Teo (Jose, min.50), Pedro de García, Fernando (Denís, min.55), Chema, Geiko (Germán, min.70), Rico (Chumy, min.60), Pesco (Jarondo, min.86) e Raúl.
  • ATL. PEREIRIÑA: Adrián, Alvero (Morcillo, min.65), Josiño, Javichu, Adán, Mario (Jorge, min.70), Mario de Brens, Víctor, Alex e Nestor.
  • Goles: 1-0, min.5: Pablo; 2-0, min.25: Rico; 3-0, min.35: Pesco; 4-0, min.50: Raúl; 5-0, min.55: Pesco; 6-0, min.60: Raúl; 7-0, min.75: Pablo.
Contundente derrota do Pereiriña que aínda mostrou boa cara na primeira metade, pero os erros defensivos condenáronos a goleada final. O míster local puido permitirse darlle descanso a xogadores importantes na segunda metade, pois o xoves teñen de novo partido co Carnota, aprazado da xornada 5, e domingo volven a xogar en Muxía.

Cerqueda - Lira (4-0)

  • CERQUEDA: Fredi, Rober, Javi, Juan, Javi Pazos, Maikel, Santi (Athu, min.73), Lorenzo, Jorge (Dani, min.57), Alex e Manu (Dani Añón, min.46).
  • LIRA: Quique, Edu, Miche, Angel, Fran, Fernando, Patachín, Ancho, Fran Pasiños, Gabri e Iago. Tamén xogaron Geray, Santi, Alvaro e Fran Perico.
  • Goles: 1-0, min.40: Alex; 2-0, min.61: Alex; 3-0, min.66: Lorenzo; 4-0, min.90: Javi Pazos.
O Lira tan só puido facer fronte ao Cerqueda na primeira metade, ne segunda o equipo local xogou moi cómodo e puido marcar algún gol máis.

Outes - Cabana (1-1)

  • OUTES: Gato, Saúl (Debé, min.77), Martín, Chúa, Arturo, David, Potro (Quin, min.46), Fabio, (Lass, min.46), Deivi, Pesco e Fernando (Sergio Xuvenil, min.84).
  • CABANA: Añón, Jose, David (Adrián Santamaría, min.70), Marcos, Pacho, Diego (Eloi García, min.60), Sandro (Fran Martuxa, min.65), Darío, Josiño, Adrián (Jacobo, min.85) e Nando (Eloi Pereira, min.80) .
  • Goles: 1-0, min.76: Deivi; 1-1, min.81: en propia porta David.
Duelo de titáns o visto no Conchido, dous equipos que con moita probabilidade xogaran o ano que vén sen Segunda Autonómica deleitaron aos numerosos siareiros cun partido moi disputado no que os locais levaron o peso do encontro e tiveron maior posesión de balón, pero os de Cabana moi ben posicionados non deron moitas facilidades preto da súa área. Os goles chegaron na segunda metade, o goleador local Deivi sumaba unha nova diana ao marcar de cabeza un centro lateral e a falta de nove minutos un barullo na área tras un córner acababa dentro da porta tras tocar desafortunamente o mediocentro local David.

Volantes - Coristanco (0-2)

  • VOLANTES: Miguel, Juan (Paquy, min.70), Josiño, Maikel (Mou, min.70), Iván, Brais, Varito (Ramón, min.50), Nimo (Piru, min.66), Seluco, Piti e Ivi.
  • CORISTANCO: Pombo, Arantón, Oscar, Germán, Marcos, Castro (Gonzalo, min.70), Sergio, Luís, Benitez (Rubén Xuvenil, min.80), Carlos (Mallçón, min.60) e Toniño (Damián Xuvenil).
  • Goles: 0-1, min.45: Carlos; 0-2, min.52: Marcos, de falta directa.
Mereceu algo máis o equipo local que xogou unha moi boa primeira metade, pero non foron quen de materializar as numerosas ocasións. Carlos xusto antes do descanso marca cun disparo dende a frontal. A pouco de saír do descanso Marcos de falta directa por toda a escadra poñía o segundo e rompía definitivamente o encontro. Os visitantes asentáronse ben en defensa e xa non pasaron moitos apuros para defender o marcador.

Porteño - Xaviña (3-0)

  • PORTEÑO: Asiel, Pejo, Maikol, Iago, Brais Mouzo, Cousillas (Óscar, min.60), Asier, Jorge (Jimmy, min.86), Ismael (Tajes, min.75), Varela (Wii, min.60) e Álex.
  • XAVIÑA: Pablo, Chiribí (Diango, min.80), Sergio, Caamaño (Marcos, min.55), Maikel, Juan Antonio, Búa, Chispa, Elvis (Rubén, min.70), Diego e Martín.
  • Goles: 1-0, min.57: Ismael; 2-0, min.76: Jorge; 3-0, min.90: Wii.
Non o tivo sinxelo o Porteño no derbi fronte a un Xaviña que aguantou unha hora, e que non cometeu demasiados erros en defensa. Chegouse ao intermedio sen apenas oportunidades claras de perigo, unha dinámica que rachou Ismael co primeiro gol. O ex do Camariñas colleu un pase ao espacio, en posición protestada polos camariñáns, e superou a Pablo de tiro cruzado. O Xaviña reclamou ademáis un penalti do meta Asiel sobre Diego. Jorge, de tiro lonxano, e Wii, á contra, sentenciaron.

Corcoesto - Muxía (1-2)

  • CORCOESTO: Siro, Lista, Luis, Miguel, Germán, Longo, Manuel, Uru, Pichón, Javi e Héctor.
  • MUXÍA: Ángel Luis, Martín, Carrera, Currás, Ruso, Javi, Sergio, Alberto, Raúl, Giro e Arxires (José Antonio, min.70).
  • Goles: 0-1, min.61: Alberto; 1-1, min.77: Luis; 1-2, min.87: Ángel Luis.
Partido surrealista en Corcoesto, onde os locais tiñan 5 mancados e só foron quen de presentar 11 futbolistas. Durante o encontro sufriu dúas novas malas novas, cos problemas físicos de Longo e máis de Héctor, e acabou xogando con nove. O tanto do triunfo do Muxía firmouno o gardamallas Ángel Luis, que nos últimos 20 minutos formou en punta e fixo un auténtico golazo.

Alcaián - Laxe (0-3)

  • ALCAIAN: Rizos, Pombo, Luisito, Rubén, Diego, París, Pío, Víctor, Roberto (Iván Souto, min.70), Daviciño e Tote (Portillo, min.75).
  • LAXE: Illote, Aarón, López, Óscar, Jaja, Iván, Jacinto (Zúrich, min.50), Ventura (Rellán, min.70), Felipe (Samuel, min.63), Darío, Manuel Juvenil e Iván II.
  • Goles: 0-1, min.68: Samuel; 0-2, min.81: Zúrich; 0-3 min.86: Darío.
Custoulle ao Laxe desfacer o entramado defensivo dun Alcaián que durante a primeira metade  gozou de boas opcións de cara á meta de Illote. Sen embargo, os locais baixaron nun segundo acto no que Felipe avisara dúas veces antes de retirarse mancado, cunha rotura de fibras. O seu sustituto, Samuel, abriu o marcador nun man a man, mentres que pouco despois Zúrich aproveitaba outro balón longo para facer o segundo. Remachou Darío ó final.

Outros resultados de partidos aprazados

  • Xuvenil Norte: Zas-Muxía (7-2)
  • Xuvenil Sur: Fisterra-Santa Comba (3-3)
  • Cadetes: Santa Comba-Cabana (7-0)
  • Máis información

    Crónicas da semana

    Máis novas

    Fonte

    Comentarios