Venres. 19.04.2024
El tiempo

Torneos, fichaxes e presentacións no #futboldacosta

Torneos, fichaxes e presentacións no #futboldacosta

Lembren que este martes hai reunion en Baio ca Federación. Pero mentres imos repasando movementos, presentacións e torneos.

A Esteirana arrasa en Portugal

A Esteirana Xuvenil campiona en Porto-

O equipo xuvenil da Esteirana gañou este domingo pola mañá o torneo da amistade Esteiro-Porto, unha competición de carácter internacional que se ven disputando nos veráns dende 1978 entre equipos da ría de Noia e da cidade do Porto. A Esteirana impúxose na final por 6-1 ao GM de Miragaia (Porto). O terceiro e cuarto posto disputárono os equipos de Outes de Muros. Ao remate da competición celebrouse unha comida de confraternización entre os xogadores dos catro equipos participantes no torneo.

Presentación oficial do Dumbría 2013-2014

Presentacion do Dumbria 2013-2014-Foto-Jorge Parri

Coas caras novas e as veteranas presentouse o novo Dumbría. 27 xogadores vestiron a camisola branca para a presentación oficial do novo proxecto dos Canosa.

Un Dumbría que ademais vén de anunciar dúas novas fichaxes, procedentes do convulso estado do XSC. Jota e Oscarín fichan polo cadro dumbriés.

Mercado de fichaxes

Toni volve a SD Fisterra

Unha das novidades da fin de semana foi a presentación de Toni como xogador da S.D. Fisterra. Antonio Martinez Insua, Toni, volve a casa logo dunha decada xogando en equipos como o Xallas, o Soneira... de altas categoría. Agora, volve a casa a reforzar o medio campo fisterrán.

Marcos Pailos do Laxe ao Cerqueda

Ademas, o central Marcos Pailos é a terceira incorporación da UD Cerqueda para a tempada 2013/2014 procedente do S.D. Laxe.

E cómpre anunciar tamén a fichaxe de Cristian polo U.C. Cee. O porteiro corcubionés acepta a oferta do eterno rival para intentar chegar á 1ª Autonómica co cadro ceense.

O porteiro corcubiones Cristian ficha polo Cee-Foto-Jorge Parri

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios