Tres de catro para o Volei Dumbría


Estannos acostumando moi mal estes equipos do Volei Dumbría con tanta vitoria. A semana pasada eran 6 de 6, e esta tocaba 3 de 4. Non puderon manter os equipos de volei os plenos das últimas xornadas pola derrota das cadetes en Carballo, pero as vitorias seguen predominando na liga galega.
A vitoria máiscontudente foi a dos cadetes do Voleibol Dumbría ante o Rianxo por 0-3 (7-25/11-25/12-25) que o adestrador Luis Alberto aproveitou para probar novas formas de xogo. E tamén venceron as infantís do Manuela Rial sen excesivos problemas na súa visita a Cambados ao equipo local por 0-3 (16-25,16-25,12-25) onde o saque e a seriedade no xogo foron vitais para non pasar apuros.
O equipo Cadete feminino do voleibol Dumbría disputaba unha doble xornada en Carballo ante Xiria perdendo ante o Gestiber por 3-0 (25-22/27-25/25-14) e vencendo ó Urbieta por 0-3 (14-25/21-25/22-25). Nestes partidos o equipo amasou demasiados erros no seu xogo e o saque carballés e meior defensa fixo que as dumbriesas non rendiran segun o esperado.
Vindeira xornada
Esta xornada trasladase o domingo 1 de decembro o Conco no seguinte horario:
- 16:00h Infantil femenino: Manuela Rial-Emeve.
- 16:00h Cadete masculino: Voleibol Dumbría-Emeve.
- 17:30h Infantil masculino: Manuela Rial-Emeve.
- 17:30h Xuvenil masculino: Voleibol Dumbría-Emeve.
Novas relacionadas
- 6 de 6 para o Volei Dumbría.
- Pleno de vitorias para o Volei costeiro.
- As infantís do Manuela Rial xa saben o que é gañar.
- As infantís do Volei Dumbría atáscanse ao final.
- Unha vitoria e unha derrota na primeira viaxe do curso para o Volei Dumbría.
- O novo pavillón deu sorte aos equipos do Volei Dumbría no debut nas Ligas Galegas.
- O Volei Dumbría estrea temporada e pavillón.
- A bitácora da semana (CCXXVIII): O blog do Voleibol Dumbría.
- Dumbría xa é potencia en Volei Praia.
- 5 costeiros raiaron a gran nivel coa Selección Galega en Valladolid.
- Os cadetes do Volei Dumbría, entre os 15 mellores equipos de España.