Última e urxente chamada para o Curso de Adestradores de Carballo

08:51 02/10/14

Parece curioso que dos 63 adestradores que xa sacaron o curso de monitor en Santa Comba e Dumbría, o novo Curso de Nivel 1 de Carballo só conte, a día de hoxe, e xa case que fóra de prazo, con 13 inscritos. E iso que o ano que vén, o curso de Monitor non será suficiente nin para adestrar en Xuvenís.
Por iso, os que veñen traballando para traer cursos pola volta (neste caso David Velo ou Corredoira), fan un chamamento a todos os responsables deportivos da zona de Bergantiños, Xallas e Soneira para que se apunten a este curso de “Instructor de Fútbol Base Nivel 1 – UEFA B”.
Tende en conta ademais que se hai máis de 25 inscritos, Carballo poderá converterse en sé permanente, para ir facendo o Nivel II, Nivel III e demais.
Inscrición
Xa poden inscribirse a través da web da Federación ou descargando este documento e presentándoo nas delegacións pertinentes. O prazo de inscrición remata o venres 12 de setembro. Poden chamar ao 981 12 17 86 ou poñerse en contacto con David Velo.Xornadas de actualización de Dirección Técnica

